15/6/18

Recomendacións de Verán 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122559&name=DLFE-28278.pdf

Un feixe de suxestións para o lecer estival

Recomendacións en Radioleiros: 15 xuño 2018

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1236156http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros- Xuvenil:
"Nunca mascotas" de Paula Carballeira. En Galaxia.
Poesía para as-os máis novas-os da man dunha autora polifacética. O mundo dos animais expresado con suma sensibilidade e peso propio. 




https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1250256- Mozas-os e adultas-os:
"Biografía ilustrada de Antoni Gaudí" de Daniel R. Caruncho. Editado por Dos de Arte.
O mundo deste arquitecto estudado con detalle da man do desenvolvemento económico e social
da España da segunda metade do XIX e primeiro terzo do XX. Un documento de contido artístico e político que perdura até hoxe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/6/18

Tertulia literaria en Rialeda: títulos máis valorados 2017-2018

Ofreceronse 20 lecturas de autores/as galegos/as, españois e internacionais. Eis os 5 mellor valorados en cada grupo:

Grupo A:
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27685.pdf

1º) Patria, de Fernando Aramburu
2º) El vino de la soledad, de Irène Némirovsky
3º) Del color de la leche, de Nell Leyshon
4º) Me llamo Rojo, de Orhan Pamuk
5º) La analfabeta, de Agota Kristof

Grupo B:

1º) Patria, de Fernando Aramburu
2º) Novecento, de Alessandro Baricco
3º) La liebre con ojos de ámbar, de Edmund de Waal
4º) Nosotros en la noche, de Kent Haruf
5º) Una desolación, de Yasmina Reza

Agradecemos unha vez máis a fidelidade das/dos participantes nesta actividade. Emprazamosvos para a vindeira tempada que empezará en outubro.

8/6/18

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xuño 2018

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1232673https://youtu.be/nxTOMPqtYaw- Infantil (menos de 6 anos):
Periplo atlántico: unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao, de Enrique Mauricio e Carlos Taboada
Lela

Na versión orixinal de Castelao un home rico chega das Américas traendo consigo, coma se fora unha mona ou un papagaio, a un “negrito cubano” chamado Panchito. Na versión infantil Panchito é un pingüín que aparece dentro dunha cesta que navegaba á deriva pola ría de Pontevedra.

Na aldea medra feliz xogando cos rapaces, lendo, bailando e tocando a gaita nas romarías. Pero un día decátase de que é un pingüín e que todos os da súa especie viven no Polo Sur. Así que decide marchar para aló colándose de polisón nun barco que se dirixía a Antártida.


Un conto no que se amosa ese sentimento de saudade de tantos homes e mulleres que foron vítimas de ese periplo chamado emigración.

- Mozas/os e adultas/os:

De noche, bajo el puente de piedra, de Leo Perutz
Asteroide

Narra a historia de Rodolfo II ou Rodolfo de Bohemia, un emperador acosado polas débedas por mor da súa debilidade polas obras de arte. Protector de astrólogos, nigromantes, alquimistas e secretamente namorado dunha muller casada.

Unha fermosa fábula conta a unión dos amantes que se citaban a través dos soños, de noite, baixo a ponte de pedra que atravesa a brisa do río. A maxia da historia só se poderá percibir chegando ao final do relato pois será o último capítulo o que nos faga comprender o primeiro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/6/18

Roteiro cultural e literario 2018: 5 e 6 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28209.pdfO Roteiro Cultural e Literario 2018 está dedicado ao pintor e escultor José María Kaydeda, á escritora Anisia Miranda e ao arquitecto e pintor Antonio Tenreiro Brochón. É unha actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística, o IES Miraflores e o IESP Neira Vilas. Terá lugar os días 5 e 6 de xuño e participarán uns 250 alumnos/as dos centros de ensino público deste concello, de 6º de primaria, 3º de ESO e 1º de bacharelato.

A todos/as os/as participantes se lles repartirá un folleto, no que o texto foi realizado por alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores e de 3º de ESO do IES Neira Vilas, baixo a coordinación das profesoras e profesores: Rosa García Vilariño, Antonio Porto Sánchez e Inma Otero Varela. Os obxectivos que se pretenden conseguir son: Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que viviron, veranearon ou tiveron relación co no noso municipio, mellorar o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28209.pdfComezaremos nas Torres de Santa Cruz, onde se presentará o pintor e escultor José María Kaydeda por parte de alumnado do IES Miraflores e posteriormente visitarase o Museo dos Oleiros. Despois trasladarémonos ao parque José Martí onde se realizará a presentación da escritora Anisia Miranda por alumnado do Instituto Neira Vilas. Na Fábrica asistirase á actuación musical de Roi Casal, autor do disco “Son galego, son cubano” que pon música ás letras de Xosé Neira Vilas. Finalizaremos na Casa Charry de Oleiros onde se presentará o pintor e arquitecto Antonio Tenreiro Brochón por alumnado do Instituto Miraflores. Poderá verse unha mostra de diversos cadros deste pintor, prestados gratuitamente para esta actividade pola viúva do autor, baixo a explicación do arqueólogo, museólogo e técnico de xestión cultural Felipe-Senén.

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (xuño 2018)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122559&name=DLFE-28200.pdf 42 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda

Descarga a guía pulsando sobre a imaxe

Tertulia literaria en Rialeda: 6 xuño 2017 (Remate tempada Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.nellleyshon.com/Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Cambio de horario! de 18 a 20 h.

Comentario de "Del color de la leche" de Nell Leyshon
Documentación

Con esta sesión remata a tempada 2017-2018 no grupo A da Biblioteca Rialeda. Unha vez máis queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron na actividade e emprazarvos para a vindeira tempada aló en outubro.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 4 xuño 2018 (Remate tempada)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://pedromairal.com/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "La uruguaya" de Pedro Mairal

Con esta sesión remata a tempada 2017-2018 na Biblioteca de Santa Cruz. Unha vez máis queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron na actividade.

1/6/18

Maio(s) do 68: expo de libros sobre os '60 - '70 na Rialeda

https://photos.app.goo.gl/KY9Cp75i4zGtg17Y2
O maio do 68 implicou moitos cambios: decisivo para a transformación da Francia contemporánea; explosión de carácter internacional: Praga, México, Pekín, Berkeley, Berlín, Madrid, Santiago de Compostela... conxunción de crise universitaria e crise obreira, revolución transmitida en directo. Non foi un, se non moitos "maios", supuxo a presenza da palabra nas rúas, prazas, bares. Foi un maio lúdico, social, no que as-os xoves convírtense de vez en categoría política. O 68 cuestiona a guerra, o autoritarismo, a concepción clásica da familia, a universidade atrofiada…. Fala de liberación sexual, de novos movementos sociais, de cambios na esquerda… Como se podía ler nunha pintada na parisina Rue Rotrou, "A poesía está na rúa", e desde o 68 o mundo cambiou o paso e agromaron outros xeitos de concebir as relacións entre as persoas, individual e colectivamente.

Celebra o 50 aniversario do maio do 68 visitando a expo bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda que se completará, proximamente cunha mostra de cd e dvd.

Recomendacións en Radioleiros: 1 de xuño 2018

https://youtu.be/GAThV7P5IkM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Nunca+ser%C3%A9+tu+h%C3%A9roe&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Xuvenil (a partir de 12 anos):
"Nunca seré tu héroe" de María Menéndez-Ponte. Editado por SM.
Andrés, o protagonista, heroe ao seu pesar desta historia, non só ten 15 anos, que xa por si só é un problemón… ten unha nai que só sabe dicirlle que estude, a cara inzada de acne, e para complicar máis a súa existencia, unha irmá máis pequena e un irmán máis vello, que se cre moi listo e que segundo Andrés, só serven para facerlle a vida imposible.
A gran afección de Andrés é o debuxo e a verdade é que non o fai nada mal, ten talento, pero a vida non lle pon as cousas doadas. A súa preocupación principal neste momento é a súa ex moza, que está saíndo co máis repelente, pelota e insoportable da clase, Jorge.

 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1233977- Mozas-os e adultas-os:
"A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey" de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. En Rinoceronte.
Nun momento de baleiro literario, a escritora e xornalista británica Juliet Ashton, recibe en forma de agasallo postal, a carta dun descoñecido procedente da illa de Guernsey, ubicada no Canal da Mancha: un tal Dawsey, que lle pide a referencia dalgunha libraría que coñeza e que poida ter algunha outra obra de Charles Lamb, pois foi nun libro deste autor no que atopou o enderezo de Juliet, xa que na illa, tras a guerra, non queda ningún establecemento deste tipo onde atopar lecturas interesantes. A situación desperta a curiosidade de Juliet, que inicia con el unha fluída correspondencia que se extenderá ao resto das-dos membros da sociedade literaria creada na pequena illa durante a ocupación alemana.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/5/18

Tertulia literaria en Rialeda: 30 maio 2017 (Remate tempada Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28141.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El amor no es un verso libre" de Susana Fortes
Documentación

Con esta sesión remata a tempada 2017-2018 no grupo B da Biblioteca Rialeda. Unha vez máis queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron na actividade.

25/5/18

Recomendacións en Radioleiros: 25 maio 2018

https://youtu.be/Eura-M1zK2o
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1243185&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20ernesto%20celestina%20musicos%20rua- Infantil (menos de 6 anos):

Ernesto e Celestina: músicos da rúa, de Gabrielle Vincent
Kalandraka

Precioso álbum ilustrado protagonizado por unha peculiar parella. Ernesto é un oso grande e sosegado, algo refunfuñón e perguiceiro. Celestina é unha pequena ratiña, vivaraz, alegre e moi optimista. Xuntos, viven nunha pequena casa que precisa algunha reparación pero non teñen cartos. Así que empezan a cavilar algún xeito para conseguilos. Celestina ten unha idea: Ernesto ten certa habilidade co violín, así que podería tocalo na rúa. O primeiro día que saen, non teñen moito éxito e regresan a casa sen cartos. Pero Celestina, que non se daba por vencida, plantexa a posibilidade de que ela cante mentres Ernesto toca.

Esta historia fálanos de compañerismo e do traballo en equipo.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1204980&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20tantos%20dias%20felices%20colwinTantos días felices, de Laurie Colwin
Libros del Asteroide

Rematada a universidade e asentados nas súas vidas laborais, dous amigos-primos, Guido e Vincent, coñecen cada un deles e en circunstancias diferentes a Holly e Misty, as mulleres coas que casarán. A simple vista, parece un argumento sinxelo. A excepcionalidade desta novela é o ben escrita que está e por suposto, os personaxes que se van construíndo a través de brillantísimos diálogos. Isto a converte nunha novela áxil e dinámica, que amosa ao lector ou lectora o que pode haber de especial en feitos tan banais como os que compoñen o noso día a día.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/5/18

Recomendacións en Radioleiros: 18 maio 2018

https://youtu.be/nArTmAx56KQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1301896- Infantil (nenas-os a partir de 8 anos):
"A batalla da pequeña Chañan Curi Coca" de Rosa Aneiros; ilustracións de Almudena Aparicio. En Xerais.
A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Unha historia social vista cos ollos dunha nena, acompañada do traballo plástico de Almudena Aparicio.
 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=964800&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC- Mozas-os e adultas-os:
"Murguía" de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Editado por Galaxia.
Probablemente o mellor estudo da traxectoria vital, literaria e política de Manuel Murguía. Unha crónica do século XIX e do primeiro terzo do XX galego e español da man dun historiador de recoñecido 
prestixio.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 22 a 24 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 22 a 24 de maio:

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 22 de maio:
- 10:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).

"Taller de banda deseñada" con Manel Cráneo. 
Mércores 23 de maio:  
- 10:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Taller de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Xoves 24 de maio:
- 10:30: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Luís Seoane (Mera). 
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Manel Cráneo.

15/5/18

Tertulia literaria en Rialeda: 16 maio 2018 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-28055.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Nosotros en la noche" de Kent Haruf
Documentación

Seguinte lectura: "El amor no es un verso libre" de Susana Fortes

"Libros para soñar": a expo itinerante de Kalandraka estará a partir de hoxe na Manuel María

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e o vixésimo aniversario da editora Kalandraka, do 15 ao 31 de maio poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros). 

Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...  
Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración. O 15 de maio, contaremos coa presenza do rato Fuco da Compañía Trinke Trinke, coa sesión “Asociación de animais solidarios”.
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
A visita á exposición é libre. Nesta biblioteca finaliza a xeira de exposicións que comezou no mes de febreiro e estivo presente en todas as bibliotecas do Concello.

11/5/18

Hora do conto e actividades infantís: 14 a 16 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Todas as actividades terán lugar ás 18:30 h. 
Celebramos as Letras Galegas
Luns 14 de maio   
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Paxariños”
 
Martes 15 de maio   Expo Kalandraka!!!
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) CONTACONTOS: Rato Fuco de Trinke Trinke
TÍTULO: “Asociación de animais solidarios”
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 16 de maio      
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Volta e dalle”

Actividades de promoción da lectura: de 14 a 16 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 14 a 16 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Luns 14 de maio:
- 10:30 e 11:45: Alumnas-os de 1º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer" con Trinke Trinke.
Mércores 16 de maio: 
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Xa non teño medo" con Ramiro Neira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 15 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 1º de ESO
do IES Miraflores (Oleiros).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.
- 11:45:  Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.
Mércores 16 de maio:  
- 10:15: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Anagnórise", a cargo de Soledad Felloza. 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Martes 15 de maio:
- 10:30 e 12:15: Alumnas-os de 2º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Mans", a cargo de Pablísimo.
Mércores 16 de maio:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 4º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 11 maio 2018

https://youtu.be/e3aujzaBst8
- Infantil-Xuvenil (a partir de 10 anos):https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=se%C3%B1orita+bubble+ledicia+costas&branch_group_limit=

A señorita Bubble, de Ledicia Costas e ilustrado por Andrés Meixide
Galaxia

Noa, unha nena de 9 anos soñadora e creativa que quere ser astronauta de maior e a súa irmá Sofi de 6 anos chegan tarde ao colexio ao non recibir o almorzo da súa coidadora. Noa tamén esqueceuse de coller o libro que tiña que devolver na biblioteca escolar. Ao chegar, dona Úrsula, a mestra encargada da biblioteca, castigaa sen recreo e sen poder levar libros da biblioteca durante un mes. A Noa gustáballe moito ler, e considerábao un castigo inxusto, polo que protestou co cal o castigo ampliouse a dous meses, ademais de ter que presentarse diante da directora. Por todo isto, as nenas deciden escapar do colexio e coñecen á señorita Bubble, unha muller rara, excéntrica, que levaba un vestido negro, longo, dos de antes, un sombreiro e un parche no ollo e ademais circula nun vehículo a motor de vapor recén atascado. Na vila onde vivían tíñanlle manía porque era unha muller diferente e ademais era inventora: embotellaba sorrisos en tarros de cristal, facía medrar bastóns de caramelo riquísimos...
O que sucede a continuación son unhas aventuras divertidísimas, pero os nenos e nenas que queiran coñecelas deben ler o libro.


Unha obra que trata con humor e fantasía a necesidade de aceptar ás persoas diferentes, de ser máis tolerantes, de loitar contra a ignorancia e da busca da felicidade.

Con esta historia, a autora quere reivindicar o papel da muller na ciencia. É unha homenaxe a todas as mulleres inventoras que, como aconteceu noutros ámbitos, foron invisibilizadas ao longo da Historia.

Tamén é unha homenaxe a diferentes escritores e cineastas como Julio Verne, Tim Burton ou Roald Dahl...

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=xardineiro+ingleses+calveiro&branch_group_limit=O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro
Galaxia

Premio Manuel García Barros en 2017

Narra uns acontecementos que sucederon en Vilagarcía desde principios do século XX ata 1936 e que aluden ao "Xardín dos Ingleses" desa localidade. Está narrada en dous tempos, o actual do escritor (Modesto, un personaxe de ficción) que está escribindo un libro e que busca información sobre uns episodios que aconteceron na vila e o tempo da novela que está redactando.

Nos primeiros anos do século XX chegan a Vilagarcía mariñeiros ingleses e alemáns. Algúns relaciónanse coa poboación local, neste caso cunha moza (Delia Cores), xurdindo unha curta historia de amor.  Paralelamente, asistimos ás repercusións que nesta zona tivo a 1ª Guerra Mundial, ao duro traballo das lavandeiras, aos conflitos dos obreiros e obreiras nas conserveiras, ao anarquismo e ao comezo da Guerra Civil Española coas súas tráxicas consecuencias.

Acompañaremos a Delia e ao seu fillo Edelmiro (o xardineiro dos ingleses, encargado por vontade propia do coidado deste xardín) polo seu recorrido vital e veremos as diferenzas entre as distintas clases sociais, tan evidentes nunha poboación pequena, pero ao mesmo tempo tamén nos intrigará o misterio que envolve unha tumba anónima do xardín dos ingleses e que tratará de desentrañar o escritor.


Cunha prosa áxil e linguaxe directa, Calveiro consegue unha obra sobre a busca da liberdade, pero tamén fala de xustiza e de vinganza xunto co que aconteceu en Vilagarcía nos terribles meses do ano 1936 despois do alzamento e como ninguén pode fuxir do seu pasado. É unha homenaxe a súa vila natal.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


8/5/18

Conmemoración Letras Galegas 2018: Mª Victoria Moreno

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28030.pdf
Programa de Bibloleiros adicado ao Día das Letras Galegas 2018, protagonizado este ano por unha grande escritora que amou Galicia: Mª Victoria Moreno.
 

Como ela dixo, "Galicia aniñou en min... A lingua de Galicia dende hai moitos anos - máis da metade da miña vida - é a lingua de meu".
 

Teatro, contacontos, mostras bibliográficas, pasatempos, actividades lúdicas e didácticas son algunhas das moitas propostas de Bibloleiros para celebrar a vida e obra de Mª Victoria Moreno, escritora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano
Clica e coñece todas as actividades de Bibloleiros para as Letras Galegas!!!

Tertulia literaria en Rialeda: 9 maio 2018 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27904.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. DoCampo coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Rosa Gª Vilariño
Documentación

Seguinte lectura: "Una desolación" de Yasmina Reza