"Laila" de Laila Karrouch, editado por Oxford.
Laila trasládase a España coa súa familia, cando xa seu pai levaba uns anos traballando aquí nunha fábrica. Con ela e súa nai chegan tamén catro irmáns máis. En Nador, unha pequena aldea de Marrocos, deixa atrás un montón de tíos, tías, primos e primas, avós… en definitiva o seu fogar e todo aquilo co que se sinte cómoda e protexida. Opera prima da súa autora, a súa propia experiencia sérvelle para falar de desarraigamento, de perda, dor e ao mesmo tempo, de acollemento, de adaptación e de enriquecemento persoal no país de acollida.
- Mozas/os e adultas/os:
"A ira dos mansos" de Manuel Esteban, en Xerais.
Unha frase emblemática de José Saramago, sublime premio Nobel, que di “deféndenos señor da ira dos mansos”, é a orixe do título desta obra, que narra a investigación, asignada ao inspector Carlos Manso, do asasinato de Violeta, unha rapaza con síndrome de down
, o que o leva a poñerse en contacto con Lorena Sella a directora da asociación Alza Down de Vigo, onde descubrirá persoas que son capaces de transmitir máis sentimentos e emocións do que moitas outras persoas que consideramos “normais”. Trama de novela negra que sirve de escusa ao autor para tratar temas de inclusión, dignidade e respecto.
Laila trasládase a España coa súa familia, cando xa seu pai levaba uns anos traballando aquí nunha fábrica. Con ela e súa nai chegan tamén catro irmáns máis. En Nador, unha pequena aldea de Marrocos, deixa atrás un montón de tíos, tías, primos e primas, avós… en definitiva o seu fogar e todo aquilo co que se sinte cómoda e protexida. Opera prima da súa autora, a súa propia experiencia sérvelle para falar de desarraigamento, de perda, dor e ao mesmo tempo, de acollemento, de adaptación e de enriquecemento persoal no país de acollida.
- Mozas/os e adultas/os:
"A ira dos mansos" de Manuel Esteban, en Xerais.
Unha frase emblemática de José Saramago, sublime premio Nobel, que di “deféndenos señor da ira dos mansos”, é a orixe do título desta obra, que narra a investigación, asignada ao inspector Carlos Manso, do asasinato de Violeta, unha rapaza con síndrome de down

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.