Mostrando entradas con la etiqueta Nadal 2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal 2025. Mostrar todas las entradas

22/12/25

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!: ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente

 Benvindo, inverno! Ola, Nadal!:

ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!: ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente

Preme na imaxe e descarga as recomendacións de Bibloleiros para este Nadal

Felices festas e feliz 2026 con boas lecturas!


16/12/25

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!
é unha colección de libros tecidos coas historias máis agarimosas de Nadal. 

Arróupate cos contos, amántate entre as páxinas destas suxestións invernais!

Para a cativada de 0 a 14 anos.

Visita a expo na sala infantil da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e lévate estas abrigosas lecturas en préstamo.


Boas festas!!!

1/12/25

Calendario de libros de Nadal 2025 en Rialeda

Calendario de libros de Nadal 2025 en Rialeda


Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) compartimos este calendario de libros de Nadal.
Son 24 obras narrativas especialmente peneiradas para esta época de abondosas precipitacións, suaves temperaturas medias, interrompidas por xeadas ocasionais e días minguados.

Desvelamos a primeira, os "Cuentos fantásticos" de Emilia Pardo Bazán e a última, os "Contos de Nadal" de Manuel Rivas. Día a día, abriremos as xaneliñas do noso calendario de libros de Nadal con aquelas lecturas que engatuxen as nosas lectoras e lectores.

As restantes 22, terás que descubrilas in situ.

Agardámoste!!!

Nadal 2025 en Bibloleiros: contos e premios!!!

Nadal 2025 en Bibloleiros: contos e premios!!!
==> Quecer o corazón á calor dos contos (9 a 15 de decembro)
==> Entrega de premios ás persoas máis lectoras (18 de decembro)
Preme na imaxe e consulta a programación