"Inés del revés" de Anita Jeram. En Kókinos.
Unha mañá calquera Inés érguese e decide que vai facer todo ao revés. Afortunadamente a súa nai é moi imaxinativa e agarimosa e afronta esta situación con moito humor.
Novela gráfica na que se narra a historia de amor entre dúas mulleres. Unha historia chea de dificultades e paixón que zumega sensibilidade.
Levada ao cine por Abdellatif Kechiche baixo o título "La vida de Adèle".
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario