17/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 17 xaneiro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 17 xaneiro 2025
"Os planetas: a música do firmamento" de José Antonio Abad, ilustrado por Antonio Seijas- Infantil- juvenil:
"Os planetas: a música do firmamento" de José Antonio Abad, ilustrado por Antonio Seijas. En Hércules.
Este libro que combina de maneira perfecta os textos, as ilustracións e a música, segue as aventuras dun neno que mentres durme, percorre o sistema solar ao ritmo da música do compositor británico Gustav Holst. En cada soño, o rapaz visita un planeta descubrindo as súas características e as historias dos deuses que lles deron nome. Realidade e fantasía únense nesta narración para crear unha viaxe máxica e educativa.

"Libre: el desafío de crecer en el fin de la historia" de Lea Ypi
- Mocidade e persoas adultas:
"Libre: el desafío de crecer en el fin de la historia" de Lea Ypi. Editado por Anagrama.

Dispoñible en eBiblio
Un libro de memorias no que Lea Ypi retrata a caída do comunismo en Albania en 1990 ao tempo que vai relatando a historia da súa familia. Deste xeito, vai creando unha atmósfera de cotiandade e normalidade mentres relata o adestramento político na escola, as longas colas para conseguir os alimentos racionados ou o que supón atoparse unha lata de refresco de cola abandonada por un turista. O colapso do réxime supón a desaparición de todo o que Lea coñecía ou cría coñecer.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/1/25

52 sesións de promoción da lectura con espectáculos da hora do conto e actividades infantís nas bibliotecas de febreiro a maio 2025

52 sesións de promoción da lectura para público infantil con espectáculos da hora do conto e actividades nas bibliotecas de febreiro a maio 2025
Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos de 2 a 4 anos, a partir de 5 anos, e obradoiros para maiores de 6 anos. As sesións de contacontos e concertos terán lugar ás 18:30 h e os obradoiros ás 17:30 h. Desde o 7 de febreiro e ata mediados de maio, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 52 sesións de diferentes actividades infantís, como contacontos, concertos de música, obradoiros, etc., para fomentar a lectura e animar a que as nenas e nenos visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias, pero tamén haberá música e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e  a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía. Debido a que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono, achegándose persoalmente ou por internet en oleiros.org/bibliotecas/inscribete.
Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización. Contarase con Compañías como Trémola Teatro, Trinketrinke Teatro, A Xanela do Maxín, Tarabelos Teatro, Eduvía e OQO. Contadoras-es como Charo Pita, Ramiro Neira, Marta Ortiz, Iseo a Moura, Catuxa Cela, Raquel Queizás e Raquel Crespo. Artistas como Pablo Díaz e Paco Nogueiras. Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as crianzas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que se divirten e pasan momentos agradables cos libros. Poden solicitar información en calquera das sete bibliotecas municipais. 

14/1/25

Programación tertulias literarias 2º trimestre (xaneiro - abril 2025)

  

 Biblioteca Central Rialeda. Perillo.

Monográfico "Identidade e espazos: outras formas de amor"


Grupo A:
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (8 a 22 xaneiro)
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (22 xaneiro a 5 febreiro)
- Los reyes de la casa, de Delphine de Vigan (5 a 19 febreiro)
- Vi: una mujer minúscula, de Kim Thuy (19 febreiro a 5 marzo)
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (5 a 19 marzo)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (19 marzo a 2 abril)

Grupo B:
- Los reyes de la casa, de Delphine de Vigan (15 a 29 xaneiro)
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (29 xaneiro a 12 febreiro)
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (12 a 26 febreiro)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (26 febreiro a 12 marzo)
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (12 a 26 marzo)
- Vi: una mujer minúscula, de Kim Thuy (26 marzo a 9 abril)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.

Monográfico: "A historia dentro da Historia"

Grupo A:

- Cómo maté a mi padre, de Sara Jaramillo (21 xaneiro a 4 febreiro)
- Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi (4 a 18 febreiro)
- A nosa cinza, de Xavier Alcalá (18 febreiro a 11 marzo)
- No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina (11 a 25 marzo)
- Azucre, de Bibiana Candía (25 marzo a 8 abril)

Grupo B:

- No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina  (14 a 28 xaneiro)
- A nosa cinza, de Xavier Alcalá  (28 xaneiro a 11 febreiro)
- Cómo maté a mi padre, de Sara Jaramillo (11 a 25 febreiro)
- Azucre, de Bibiana Candía (25 febreiro a 18 marzo)
- Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi (18 marzo a 1 abril)

Grupo C (mañás):
- Os vellos non deben de namorarse (21 xaneiro a 18 febreiro)
- Desgracia, de J. M. Coetzee (18 febreiro a 18 marzo)
- Cómo maté a mi padre, de Sara Jaramillo (18 marzo a 22 abril)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera.

Monográfico: "Maternar e parternar na literatura: a familia"

Grupo A:

- Os seres queridos, de Berta Dávila (13 xaneiro a 10 febreiro)
- Llévame a casa, de Jesús Carrasco (10 febreiro a 10 marzo)
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (10 marzo a 7 abril)

Grupo B:
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (20 xaneiro a 17 febreiro)
- Os seres queridos, de Berta Dávila (17 febreiro a 17 marzo)
- Llévame a casa, de Jesús Carrasco (17 marzo a 21 abril)

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.

Monográfico: "Clásicos atemporais e eloxio aos que se foron"


- El extranjero, de Albert Camus (16 xaneiro a 20 febreiro)
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (20 febreiro a 20 marzo)
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (20 marzo a 10 abril)

12/1/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (13 a 16 xaneiro 2025)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 13 de xaneiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Os seres queridos" de Berta Dávila.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 14 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 15 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 16 de xaneiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra: "El extranjero" de Albert Camus.