17/9/21

Ler conta moito e actividades infantís: 20 a 24 de setembro 2021

Ler conta moito e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

 Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Luns 20 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Sarabela Teatro
TÍTULO: “Naturizo e o espírito do bosque"

Martes 21 de setembro 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “Dúas nenas moi, moi valentes"

Mércores 22 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Moc Moc-MeRe Clown
TÍTULO: “A verdadeira historia de Hamelín"

Xoves 23 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Duende Sico
TÍTULO: “Elba e Marcos e os xoguetes encantados"

Xoves 23 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Proyecto Bululú
TÍTULO: “Contos do revés"

Venres 24 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Carlos Alba
TÍTULO: “O que me contou a tía Caronda"

Venres 24 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Xoan Curiel
TÍTULO: “Conto-concerto para montar a túa banda"

                                                        AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena. 

Recomendacións en Radioleiros: 17 setembro 2021

- Infantil:
"Douche a miña palabra" de Fran Alonso; ilustracións de Bea Gregores. En Xerais.

Reflexións arredor da escrita, a literatura ou a lingua contadas dun xeito ameno para o público máis novo. 

- Mozas-os e adultas-os:
"Pompeya. Historia y leyenda de una ciudad romana" de Mary Beard. Editado por Crítica.

Unha das maiores especialistas na historia da cidade cóntanos como foi a vida na mesma, aclarando detalles confusos e desmentindo mitos nun libro interesante e moi ben narrado.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Tricotrí Teatro en Ler conta moito na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 16/09/2021

Gravación do espectáculo "Monstros de dez minutos" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 16 de setembro a cargo de Tricotrí Teatro.
 
Podes vela (ata as 11:00 do 19/09) clicando nesta ligazón: 

16/9/21

14/9/21

Día Internacional da Alfabetización: expo de libros sobre os dereitos das-dos nenas-os en Rialeda

Desde 1967, o 8 de setembro celébrase cada ano o Día Internacional da Alfabetización para recordar a súa importancia como factor de dignidade e de dereitos humanos e lograr avances na axenda de alfabetización para construírmos unha sociedade máis instruida e sostible. É moito o camiño andado mais aínda quedan grandes desafíos: 773 millóns de adultas-os no mundo non posúen, a día de hoxe, as competencias básicas en lectoescritura.
O Día Internacional da Alfabetización 2021 celébrase baixo o lema “Alfabetización para unha recuperación centrada nas persoas: reducir a fenda dixital”.

A crise provocada pola COVID-19 creou trastornos sen precedentes na aprendizaxe das-dos nenas-os, xoves e adultas-os. Acentuou as desigualdades xa existentes en canto ao acceso a oportunidades de alfabetización significativas, afectando de xeito desproporcionada aos 773 millóns de xoves e adultas-os non alfabetizadas-os.
Durante este periodo de crise mundial, fixéronse esforzos para atopar outros medios para garantir a continuidade pedagóxica, en particular mediante a aprendizaxe a distancia, conxuntamente coa modalidade presencial, pero este acceso ás oportunidades de alfabetización non quedou repartido de maneira proporcional.

A rapidez coa que se pasou a unha aprendizaxe en liña tamén deixou ao descuberto a fenda dixital preexistente relacionada coa conectividade, infraestrutura e capacidade para utilizar a tecnoloxía, así como as desigualdades que existen noutros servizos como é o acceso á enerxía eléctrica.
A pandemia lembrounos o papel que desemprega a alfabetización: permite que as persoas se emancipen e melloren as súas vidas proporcionándolles máis capacidades para escoller a maneira de vivir. É un factor de desenvolvemento sostible. A alfabetización é parte integrante da educación e a aprendizaxe ao longo de toda a vida basada no humanismo.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) queremos celebrar este día cunha exposición bibliográfica sobre os dereitos das-dos nenas-os facendo fincapé no dereito á educación xa que a alfabetización é un piar esencial deste dereito e a volta ás aulas de centos de alumnas-os nestes días convídanos a lembrar este dereito fundamental.
 
Fonte: Unesco

AVISO: o mércores 15 de setembro 2021 a Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) estará pechada

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/xograr-mendino-lorbe

A Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé) permanecerá pechada o mércores 15 de setembro no seu horario habitual de 16:00 a 20:00 h.

Desculpen as molestias

13/9/21

Leo Leiño en Ler conta moito na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) 10/09/2021

Gravación de "Bibliotemaxia" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) o 10 de setembro a cargo de Leo Leiño.

Podes vela (ata as 12:15 do 15/09) clicando nesta ligazón: