- Un taller para nen@s en situación de risco social e nen@s sen afectación.
- Un taller para nen@s con autismo e/ou síndrome de Asperger e nen@s sen afectación.
Nos contacontos para nen@s de 1 a 3 anos mestúranse contos, cancións e xogos, para facer unha actividade máis dinámica e que enganche mellor aos máis pequen@s.
A Hora do conto é unha actividade que se desenvolve ano tras ano como consecuencia do seu recoñecido valor lúdico e educativo, que reside, fundamentalmente, no incentivo á lectura das-dos máis pequenas-os. Realizase a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Para todas as actividades é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha delas,

Participarán Soledad Felloza, Elefante Elegante, Pablísimo, Sonia Ojea, Gemola, Manel Cráneo, Pavís Pavós, Pedras: artesanía e patrimonio, Chrystyan Magic, Paco Nogueiras, OQO, Caxoto, Ciencia en ruta, Marisa Irimia, Charo Pita, Ramiro Neira, Chus Álvarez, Fátima Fernández, Ana Carreira, Paula Carballeira, a compañía Trinke Trinke Teatro e a Asociación Participa para la Inclusión Social.
Tomando como punto de partida a narración de contos e historias, a relación pracenteira cos libros, o xogo cos personaxes de ficción, resáltase o valor da palabra xunto coa articulación de diferentes disciplinas artísticas tendo en conta que en todas as historias aparece un mundo de imaxes, un mundo sonoro e un mundo de xestos e accións. Para as nenas e os nenos pequenas-os a palabra oída exerce unha gran fascinación. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa e fomentando a súa creatividade. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenas e nenos vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.