"Nadarín" de Leo Lionni en Kalandraka.
Fermosa obra que nos presenta a Nadarín, un peixe de cor negra, que vivía cun banco de peixes vermellos. Todos vivían felices nadando polo mar, ata que un día chegou un atún rabioso e famento e dun

Álbum de gran calidade, tanto no texto como na ilustración, que nos fala da importancia da unidade e solidariedade entre os máis débiles para facer fronte aos máis fortes, pero tamén do valor da diferenza, a superación dos medos e a loita por superar as adversidades.
- Mozos/as e adultos/as:
"El pájaro espectador" de Wallace Stegner, editado por Libros del Asteroide.
Amósanos como é a vida dun matrimonio xubilado que marchou a vivir ao campo californiano. O protagonista, Joe Allston, foi un coñecido axente literario en Nova York. O seu único fillo morreu hai tempo nun accidente, polo que de vez en cando pensa na súa relación con el e tamén coa súa nai, unha muller que emigrou soa e moi nova para EE UU.
A chegada da pos

É unha entretida novela, cunha prosa coidada e unha historia na que nos describe dúas persoas maiores que chegan ao final das súas vidas. Un libro para reflexionar sobre a vellez e o matrimonio.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.