
Actividades programadas nas Bibliotecas de Oleiros, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2011 ao poeta monfortino
Lois Pereiro:
Na
Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós, celebraremos as seguintes actividades:
- Exposición bibliográfica e informativaDo día 11 ao 31 de maio, faráse unha exposición de todo o materia

l dispoñible na biblioteca sobre o autor homenaxeado e de toda a documentación recopilada pola bilbioteca da súa vida e obra.
- Xoga coas nosas letrasDurante eses días, a biblioteca ofrecerá unha serie de actividades lúdicas baseadas na vida e obra de Lois Pereiro coas que os rapaces poderán colorear, debuxar, recortar, pegar e pasar o tempo da maneira máis divertida mentres coñecen un pouco mellor ao poeta.
Na
Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé:
- Exposición cos fondos de Lois Pereiro.- Paneis informativos sobre a súa vida e obra.- Paneis con poemas de Lois Pereiro.- Animaremos aos usuarios a que poñan no seu perfil de
facebook ou
twiter poemas do homenaxeado
- O día
16 de maio, desde as 18:00 h. entre todos os/as usuarios/as da biblioteca
leranse os seus poemas e se lle pedirá aos/ás participantes que lean ou citen algún poema, lenda, fragmento…, en galego que lles guste especialmente
- Aos/ás rapaces/as se lles recomendarán as seguintes
páxinas web onde aprender sobre este persoeiro dun xeito divertido:
www.coordinadoraendl.org/letras2011http://edu.aytolacoruna.es/portada/actividades_municipales/novo_monografico_dia_das_letras_galegas_2011_lois_pereiro http://loispereiro.blogaliza.org/- Se repartirán encrucillados sobre Lois Pereiro e as letras galegas.
Na
Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera:
- Mostra bibliográfica e paneis informativos:Exposición de todos os fondos bibliográficos dispoñibles relacionados con Lois Pereiro. Inclúese unha biografía documental con algúns dos momentos máis destacables da traxectoria persoal e profesional do autor.
- Marcapáxinas do Día das Letras Galegas:
Na semana do 16 ó 20 de maio repartiremos entre as/os nosas/os usuarias/os marcapáxinas conmemorativos do Día das Letras Galegas. O reverso dos marcapáxinas é unha invitación para escribir uns versos á persoa amada, a un amigo, a un familiar....
Na
Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz:
-
Mostra bibliográfica-
Tríptico sobre do autor “Coñecemos a.... Lois Pereiro. Letras Galegas 2011”
- Resolvendo variados
pasatempos baseados na vida e obra de Lois Pereiro os/as nenos/as coñecen o autor homenaxeado este ano.