23/12/15

Nadal 2015: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2015/12/nadal-2015-calendario-das-bibliotecas.html
Queremos informar aos/ás nosos/as usuarios/as do calendario no que as bibliotecas municipais de Oleiros non abrirán ao público durante o Nadal 2015.

Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.

Biblioteca Central Rialeda: pechará os días 24, 26, 31 de decembro e 2 de xaneiro.
Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz: pechará os días 24, 26, 31 de decembro e 2 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros: pechará de 21 a 31 de decembro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: pechará os días 21 a 26, 31 de decembro e 2, 5 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e 2, 4 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós: pechará de 24 a 31 de decembro e 4, 5 e 11 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e do 4 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Federico García Lorca. Montrove: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e 4 a 7 de xaneiro.

Desculpen as molestias. Felices Festas!

22/12/15

Biblioteca de Santa Cruz 30 aniversario: mostra dos primeiros libros

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Horario:
- Mañás: martes a venres, de 10 a 13 h.
- Tardes: luns a venres, de 16 a 20 h.

Foron  mercados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz e forman parte dos libros que serían o fondo bibliográfico fundacional para a creación desta biblioteca.

Principalmente, tratan áreas temáticas referentes á muller: movementos feministas, políticas de igualdade, dereitos, traballo, saúde, psicoloxía, coeducación, arte, desenvolvemento, pacifismo, situacións de violencia contra as mulleres, biografías, etc. 

Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes (exposición fotográfica)


- Mañás: martes a venres, de 10 a 13 h.
- Tardes: luns a venres, de 16 a 20 h.

Invitamos a contemplar as fermosas fotografías antigas expostas na sala de actividades baixo o título Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes nas que se inclúen imaxes de veciñas e veciños, oficios, costumes, eventos, así como da espléndida paisaxe desta localidade. 

Permanecerá aberta ata o día 22 de xaneiro.