"A tribo do mar" de Lois Pérez. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Unha aventura de actualidade na que se cruzan Burela, Cabo Verde e as novas tecnoloxías.
"Ofensiva de primavera" de Herbert Clyde Lewis. Editado por Periférica.
Un voluntario norteamericano abúrrese na liña Maginot e bota a andar pola terra de ninguén. Xusto cando quere voltar, a situación muda e comeza o ataque alemán.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.