- Infantil (a partir de 6 anos):

La preocupación de Lucía, de Tom Percival.
Editorial SM.
O conto aborda dun xeito delicado e comprensíbel para os máis pequenos temas como a ansiedade, os medos e a importancia de falar sobre o que un sente. É unha ferramenta valiosa para traballar a educación emocional tanto na casa como na escola, axudando ás crianzas a identificar e poñer nome ás súas emocións.
Mocidade e público adulto:

Alfaguara.
Versión dixital e Audiolibro en eBiblio.
A novela comeza cunha excursión escolar ao zoo que remata sendo un auténtico desastre: animais fuxidos, caos entre os mestres e moitas preguntas por resolver. O que semella unha simple catástrofe infantil agocha en realidade un gran misterio, que se irá desvelando pouco a pouco. Por debaixo da superficie cómica, Dicker introduce unha serie de mensaxes máis profundas: a importancia de escoitar a nenas e nenos, a empatía, a diversidade e o valor da comunidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.