- Infantil (a partir dos 8 anos):
Alicia Patapam en los cuentos. Texto de
Gianni Rodari e ilustracións de
Anna Laura CantoneLumenPartindo dun relato de Gianni Rodari, a ilustradora realiza un orixinal libro que achega os contos clásicos aos nenos e ás nenas.
Un aburrido día de choiva Alicia Patapam decide mirar un libro de contos. Ao comezar a lelo, interésase tanto polo que acontece que cae de cabeza dentro del e co ruído que provoca esperta á Bela Durminte. Vaia erro! Tíñaa que espertar un príncipe. Pasa á páxina seguinte e atópase co lobo que estaba agardando por Carapuchiña Vermella... Simpático álbum ilustrado de gran formato, cunhas divertidas ilustracións, que nos lembrarán obras clásicas infantís que podemos volver a ler.
- Mocidade e persoas adultas:
Libros del AsteroideVersión dixital en eBiblioUnha novela que trata sobre as relación de parellas, a actitude ante a morte e a soidade.
Un matrimonio estadounidense con problemas viaxa a unha fría e remota cidade europea para adoptar un neno. Aínda que a súa relación está moi deteriorada, levan anos soñando con ese momento e cren que un fillo lles axudará a recuperar a ledicia e a salvar a súa relación. Mentres agardan noticias do orfanato nun decadente hotel de atmosfera misteriosa e poboado por uns excéntricos hóspedes, a parella verase envolta nuns sorprendentes sucesos que lles empuxarán a reconsiderar as súas certezas. Cameron presenta uns personaxes levados ao límite, nun entorno inquietante, e cuns acontecementos que lles están causando moitos problemas, converténdose nun continuo pesadelo, aumentando as diferencias da parella e rompendo as súas fráxiles esperanzas, facéndonos dubidar se estamos na esfera do real ou se son alucinacións.
A editorial di que se trata dunha “absorbente novela sobre as nosas incertezas e os desexos ocultos, que indaga na complexidade do amor e os poderosos vínculos que establecemos cos demais”.
Unha obra desacougante, cunha historia desgarradora, sobre o amor e o achegamento á morte.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes
ESCOITAR en "
Todo, todo está nos libros", emitido en
Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.