7/3/15

8 de marzo: Día da Muller en Bibloleiros

Eis as actividades de Bibloleiros para conmemorar o Día da Muller!
 - Ler en feminino
Nas oito bibliotecas municipais queremos conmemorar o Día da Muller cunha homenaxe a todas as escritoras, polo que se realizan exposicións de libros denominadas Ler en feminino, formadas por seleccións de obras escritas por mulleres, de literatura galega, española e universal. Trátase de escollas levadas a cabo en cada unha das bibliotecas e que estarán constituídas por obras clásicas xunto con outras recentes. 

- Rosalía é mundial
Ademais, na Biblioteca Central Rialeda esta exposición completarase cunha mostra bibliográfica especial dedicada á insigne escritora galega Rosalía de Castro titulada Rosalía é mundial  na que se presenta unha escolma da obra rosaliana.   

- O cómic en feminino
Igualmente, na Biblioteca Central Rialeda esta exposición de Ler en feminino ampliarase coa sección de banda deseñada, polo que se mostrará unha escolla de cómics escritos ou ilustrados por mulleres.

- Reto 2015
Reto 2015 é unha actividade que se vai levar a a cabo na Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Santa Cruz, na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda e na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé. A Biblioteca Rosalía de Castro ten unha sección especial de libros escritos por mulleres ou con temáticas dirixidas á muller, pero que ademais posúe un centro de interese onde recomendan “libros escritos por mulleres que non podes deixar de ler”. 
Reto 2015 propón ler a 15 autoras diferentes, sen importar a súa nacionalidade, idioma, ou xénero literario, desde o 8 de marzo ata o 31 de decembro deste ano.
As persoas que desexen participar deben apuntarse nestas bibliotecas ao reto e ao final do ano sortearase un lote de libros, entre todas e todos os que consigan finalizalo.
Haberá dúas seccións diferenciadas:
RETO para menores de 15 anos, con libros infantís e xuvenís escritos ou ilustrados por autoras e RETO para maiores de 15 anos, con libros xuvenís e para adultas/os escritos por mulleres. 

- Contos en feminino: contacontos para adultas/os
Para rematar o mes de marzo dedicado á muller, o xoves, 26 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz levarase a cabo a actividade denominada “Contos en feminino: contacontos para adultas/os” na que participarán as contadoras Soledad Felloza, Fátima Fernández e Charo Pita contando contos para persoas adultas. Serán contos en feminino de diferentes temáticas, uns baseados na tradición popular galega e outros traídos doutras culturas.
Con todas estas actividades, organizadas desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros, deséxase conmemorar o Día da Muller e reivindicar a igualdade da muller co home na sociedade actual.


6/3/15

Recomendacións en Radioleiros: 6 de marzo

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115497
http://www.ipernity.com/doc/284673/37267588/in/album/748070- Infantil (de 11 anos en adiante):


Esta obra é o segundo libro que presenta as aventuras dunha nena, Usha, que vive en Devastana, unha aldea da India. O primeiro titúlase Usha. Ela chámase Uxía, pero as súas amizades chámanlle Usha. É galega e está na India debido a que acompaña a súa nai, unha médica membro dunha ONG. Acabou o verán e comezan novamente as clases, vai realizar o último curso de primaria. Desde o principio bota en falla a un amigo, Deepak, que marchara de vacacións ao norte do país, a Delhi, e que non veu ao comezo das clases. Pasan os días e non aparece, por outra parte Lakshmi deixa de ir á escola...

- Mozas/os e adultas/os:

El lenguaje de las flores, de Vanessa Diffenbaugh   
Salamandra

A protagonista é unha moza de 18 anos que pasou a súa vida entrando e saíndo de casas de acollida e de pisos tutelados, unha veces por culpa da súa forma de ser e outras pola falta de humanidade dalgunha das familias. Por estas causas converteuse nunha moza introvertida e arisca, unha persoa http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=101662con moitas carencias afectivas, que o único que a libera, e onde se sente ben, é na súa relación coas plantas e coas flores. Está a punto de ser expulsada do último piso tutelado e narra as súas aventuras pasando de ser practicamente unha vagabunda, a traballar nunha floristería e despois montar o seu propio negocio. Ten a cualidade de que coñece a linguaxe das flores e que, ademais, producirá ese efecto nas persoas que reciban eses ramos, en función das flores que os compoñan. Isto fará que a clientela solicite que ela faga os ramos.

Vemos unha moza marcada por unha dura historia persoal e como atopa nesta linguaxe un medio para confiar e amar aos seus semellantes.

Esta linguaxe está inspirada no código que a sociedade victoriana inglesa utilizaba para expresar sentimentos por medio das flores, que doutra maneira non se poderían dicir nesa época, e tamén na obra “Le Langage des Fleurs”, de Charlotte de Latour, un compendio da simboloxía das flores que a súa autora recolleu da poesía e a mitoloxía antigas e incluso da medicina.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/3/15

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: 2 a 6 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
Entre as diversas actividades de promoción da lectura organizadas polas bibliotecas municipais do Concello de Oleiros e dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste termo municipal, este curso celebrarase a XXIV Campaña de promoción da lectura co obxectivo de fomentar a lectura e promover o uso dos libros. Preténdese colaborar en espertar o gusto pola lectura, de forma que as nenas e os nenos vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.
Comezaremos, o día 3 de marzo, na Biblioteca Central Rialeda con sesións dirixidas ao https://www.facebook.com/caxoto.kativo?fref=ts  alumnado do Colexio Valle-Inclán de Perillo, con contacontos como “Un conto de tres noites” baseado nunha adaptación da obra do escritor Xabier P. Docampo, a cargo do contador Caxoto, para  alumnado de 3º de primaria.
O día 4, levarase a cabo “Abrapalabra”, un espectáculo de maxia,  contos e poesía a cargo de Matapiollos Teatro dirixido a alumnado de 4º de primaria.
O día 6, talleres de banda deseñada impartidos polo ilustrador Manel Cráneo para nenas e nenos de 5º de primaria.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, o 5 de marzo realizarase o obradoiro de ilustración, denominado Sensacións debuxadas: debuxando cos cinco sentidos, no que se mostrará o debuxo como unha linguaxe universal e se explicará como con calquera elemento debuxado se pode transmitir unha mensaxe en calquera parte do mundo. Estará impartido, tamén, polo ilustrador Manel Cráneo e dirixirase a alumnado de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera. Con estes obradoiros de ilustración e de banda deseñada preténdese que as nenas e os nenos poidan aprender diferentes técnicas de debuxo, así como aspectos básicos da banda deseñada ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade e a imaxinación.

Tertulia literaria en Rialeda: 4 de marzo (Grupo A)

http://3.bp.blogspot.com/-PdAeB5KQCNM/VO3lxywAoZI/AAAAAAAANco/X4DFVnxdb44/s1600/logo%2Bgrupo%2BB_pq.JPG
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21131.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La invención de Morel", de Adolfo Bioy Casares.
Documentación
Obras de Adolfo Bioy Casares nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro