21/3/25

Recomendacións en Radioleiros: 21 marzo 2025

- Infantil (a partir de 3 anos):

Más allá del mar
, de Tarō Gomi.
Niño.

O neno deste conto está só nunha praia e pregúntase que hai máis aló do mar.
A curiosidade máis pura do neno lévanos a pensar no descoñecido e no diferente.


Unha pequena obra de arte que combina textos sinxelos cunhas coloridas e expresivas ilustracións que o ocupan todo.

- Mocidade e persoas adultas:

A ferida imaxinaria, de Berta Dávila.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total e todo o mundo está moi pendente deste extraordinario fenómeno agás as protagonistas da novela, dúas parellas de irmás distanciadas que están mergulladas na súa propia escuridade.

Novela  breve, escrita cunha gran sutileza narrativa, que invita á reflexión sobre os vínculos afectivos, as identidades, as feridas da existencia e a busca de consolo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ler para saber A CIENCIA: 21 de marzo 2025

Charla de divulgación científica dirixida
á poboación

infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 21 de marzo
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Hora: 18:30 h

A ciencia secreta dos números: a estratexia detrás dos gamers.
Esaú Rodríguez González. Licenciado en Ciencias e Técnicas Estatísticas pola Universidade de Granada.


Hora do conto e actividades infantís: 25 a 28 de marzo 2025

- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Martes 25 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos
TÍTULO: Doro
CONTACONTOS: Raquel Crespo

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 25 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos
TÍTULO: Os chibos chibóns
CONTACONTOS: Catuxa Cela

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 26 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: O rei do bosque
CONTACONTOS: Charo Pita

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 27 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos
TÍTULO: Contacontos sensorial
CONTACONTOS: Eduvía

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 27 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos
TÍTULO: A maxia das palabras
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 28 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: Leo e a música
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 24 a 28 marzo 2025

Programa de actividades educativas para o fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, do 24 ao 28 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
Luns 24 de marzo:
- 10:15 h. Alumnado de 4º de Educación Infantil do CEIP Valle Inclán (Perillo).
"Son animal" con Paco Nogueiras.

Xoves 27 de marzo:
- 10:15 e 11:45 h. Alumnado de 3º de Primaria do CEIP Valle Inclán (Perillo).
"Rosalía pequeniña" con Ramiro Neira.

Venres 28 de marzo:
- 9:20 e 11:00 h. Alumnado de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Obradoiro "Superheroes: a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz):
Venres 28 de marzo:
- 10:00 h. Alumnado de 2º de Primaria do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Animaliños" con Ramiro Neira.

- 11:15 h. Alumnado de 4º de Primaria do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"A máquina do tempo" con Ramiro Neira.

Mércores 19 de marzo:
- 10:00 e 11:30 h. Alumnado de 1º e 4º de Primaria do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Son animal" con Paco Nogueiras.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros):
Martes 25 de marzo:
- 10:00 e 11:15 h. Alumnado de 6º e 5º de Educación Infantil do CEIP A Rabadeira (Oleiros).
"Os ratiños da caixa" con Trinketrinke Teatro.

Mércores 26 de marzo:
- 11:15 h. Alumnado de 4º de Educación Infantil do CEIP A Rabadeira (Oleiros).
"Os ratiños da caixa" con Trinketrinke Teatro.

19/3/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (17 a 20 marzo 2025)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 17 de marzo.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Os seres queridos" de Berta Dávila.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Llévame a casa" de Luis Carrasco.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 18 de marzo.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Desgracia" de J. M. Coetzee.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Como maté a mi padre" de Sara Jaramillo.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 18 de marzo.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Azucre" de Bibiana Candía.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 19 de marzo.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros
- Xoves 20 de marzo.
11 a 12:30 h.
Comentario de "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.

18/3/25

Martes 18 de marzo: Recital poético "Con nome de muller" con Chus Álvarez e Ángeles Dorrio.

Teatro As Torres. Santa Cruz
Martes 18 de marzo ás 20:30 h.

Conmemoración do Día da Muller.

Recital poético "Con nome de muller" a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio.

Unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.

Selección poética, interpretación e dirección: Chus Álvarez. Piano e voz cantada: Ángeles Dorrio.

Poetas galegas:

Alba Cid
Ana Romaní
Emma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Lucía Aldao
Luisa Villalta
Lupe Gómez
Luz Fandiño
Luz Pozo Garza
María Lado
Olalla Cociña
Olga Novo
Pilar Pallarés
Pura Vázquez
Rosalía de Castro
Xela Arias
Xohana Torres
Yolanda Castaño

Poetas españolas e internacionales:
Alba Flores
Alejandra Pizarnik
Alfonsina Storni
Ana Luisa Amaral
Beatriz Osés
Concha Méndez
Emily Dickinson
Gata Cattana
Gioconda Belli
Gloria Fuertes
Mar Benegas
María Elena Higueruelo
María Elena Walsh
Maya Angelou
Patricia Benito
Sylvia Plath
Wislawa Szymborska
Xitlalitl Rodríguez

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.