24/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 24 xaneiro 2025

- Infantil (a partir de 10 anos):

Neko
, de Eva Mejuto.
Oqueleo.

Unha tenra historia para tratar, desde a ollada dunha nena, as consecuencias da violencia de xénero.

- Mocidade e persoas adultas:

Tras do ceo, de Manuel Rivas.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

A novela  transcorre nun lugar chamado Tras do Ceo e comeza cunha batida na que o obxectivo é o Solitario, un lendario porco bravo a quen lle atribúen mortes e ataques a participantes noutras cazarías.

Na batida participa unha cuadrilla de cazadores urbanos con relacións de amizade e negocios. Entre eles está Dombodán, o mais novo e o único natural de Tras do Ceo, que nos irá narrando os feitos cunha ollada propia.


Novela negra radical que se vai endurecendo a medida que avanzamos na lectura e  que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/1/25

Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" en Rialeda e Dorneda

Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" en Rialeda
En 2025 conmemoramos o 75º aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das personalidades fundamentais da Galicia contemporánea. Xunto a numerosas institucións e entidades culturais e sociais, as bibliotecas municipais de Oleiros queren sumarse ás celebracións do seu legado artístico, político e social.
Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)O obxectivo do Ano Castelao 2025 é lembrar a memoria e a herdanza de quen foi un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político: é imposible pensar Galicia sen pensar a Castelao.

"Dono das chaves da expresión» como di Otero Pedrayo de Castelao en "O libro dos amigos", e como podemos ler no web da Fundación Castelao: humorista, pintor, escritor, político, Castelao é antes que nada un gran comunicador, un creador entregado á causa da liberdade do seu país.
Co impacto da súa obra forxou a conciencia colectiva da Galiza de hoxe e converteuse nun mito. 
Visita as expos bibliográficas adicadas a Castelao no seu 75 cabodano no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda).
Libros de Castelao dispoñibles en Galicia Le

19/1/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (20 a 22 xaneiro 2025)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 20 de xaneiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Ancho mar de los Sargazos" de Jean Rhys.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Historia de los vertebrados" de Mar García Puig.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 21 de xaneiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 21 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Canciones de amor a quemarropa" de Nickolas Butler.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 22 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.