18/1/19

Recomendacións en Radioleiros: 18 xaneiro 2019

https://spark.adobe.com/video/xw8gktO9Jj5Cc
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1468483- Infantil (menos de 6 anos):

O año que é un porquiño, de Pim Lammers
Hércules

O primeiro que chama a atención cando abrimos o libro é a liña divisoria que aparece separando por un lado ás ovellas, todas branquiñas elas, felizmente pastando no prado, e por outro, aos porcos envorcándose na lama. Isto é así, é o costume e semella que non se pode cambiar. Ata que aparece o noso año, o protagonista desta historia, todo branquiño e que se pon a xogar na poza dos porcos. Todos, ovellas e porcos, quedan abraiados, sobre todo cando o año di: “É que son un porquiño!!!

Conto publicado en 2017 que é unha metáfora da transexualidade. Unha historia tenra e delicada que pode axudar a pais e nais a abordar esta temática.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1245551Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez
Galaxia

A historia deste libro empeza cando Daniel Pereira chega á vila lucense onde medrou para poñer unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, un importante empresario da comarca. Esta é a excusa para contar, sen alambiques, unhas vidas que se ven alteradas polo suceso. O que menos afectado se verá pola demanda é o propio Aurelio, xa que a súa mente se perdeu nas profundidades do Alzheimer.

A través de elementos costumbristas irase representando o que era a sociedade rural galega que viviu o franquismo, as dificultades para cambiar de clase social, o veto absoluto ás relacións de parella que non remataban en matrimonio, o continuo medo ao que dirán e por suposto, o tema da emigración galega. E cun final que desvela, como di o título, “Unha verdade amarga”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.