15/9/23

Recomendacións en Radioleiros: 15 setembro 2023

Recomendacións en Radioleiros: 15 setembro 2023
- Infantil (a partir de 6 anos):
"Brunilda y Bruno: el festival de brujas" de Valerie Thomas, ilustrado por Korky Paul. Editado por Blume.
Brunilda e o seu gato  Bruno asisten, como cada ano, ao Festival Internacional de Bruxas. Alí as bruxas bailan, cantan, xogan, comen pratos deliciosos e tamén aprenden novos feitizos.
Pásano tan ben no festival que, xa de volta a casa, deciden facer unha visita a todas as novas amigas que fixeron e que viven en lugares asombrosos.

"Non temerás os coches amarelos" de Marta Villar- Mocidade e persoas adultas:
"Non temerás os coches amarelos" de Marta Villar. En Xerais.

Versión dixital en GaliciaLe

Primeira novela de Marta Villar protagonizada por Dina Souto, unha moza que traballa como bolseira nun xornal e que vive nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer.
A novela está ambientada en Malpica de Bergantiños, Carballo, Monte Neme, Compostela ou a Coruña entre outros lugares. A través da biografía de Dina iremos coñecendo historias de violencia, machismo, dos traballos antigos, das minas do volframio, da vida no rural, etc.
A autora adica este libro a Míriam, Toñi e Desirée; Virginia e Manuela; Ana Orantes; María Xosé Arcos, Clemencia Ponte; Sonia Iglesias; Elisa Abruñedo ... Nin esquecemento nin perdón.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.