15/2/19

Entroido en Bibloleiros: obradoiros de creación de máscaras galegas

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29401.pdf
Neste obradoiro explicaránselles as características das máscaras do Entroido galego e cada nena-o realizará a reprodución dunha delas: peliqueiro, cigarrón ou boteiro, decorada ao seu xeito persoal. 
*Dirixido a nenas e a nenos a partir de 5 anos.
*Máximo de participantes en cada obradoiro: 20.
*Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar.
*Hora: 17:30.

Venres 22 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Tel.: 981 628 507 
Venres 22 de febreiro
Tel.: 981 664 257 
Luns 25 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Tel.: 981 626 638
Martes 26 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Tel.: 981 610 700
Mércores 27 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Tel: 981 626 338
Xoves 28 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Tel.: 981 639 511
Xoves 28 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Tel.: 981 618 201
  
Clica na ligazón para ver os recursos que temos sobre o Entroido en Bibloleiros: gastronomía, festas, etc.

Hora do conto e actividades infantís: 20 a 22 de febreiro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 20 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contamos en igualdade”
 
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 21 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Kikiriki, cocorico”
 
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 22 de febreiro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
MONITORADO: Dinamo
ACTIVIDADE: “Obradoiro de creación de máscaras galegas do Entroido”
 
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 22 de febreiro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
MONITORADO: Dinamo
ACTIVIDADE: “Obradoiro de creación de máscaras galegas do Entroido”

Actividades de promoción da lectura: de 19 a 22 de febreiro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 19 a 22 de febreiro:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Martes 19 de febreiro:
- 9:15 e 11:45: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Talleres de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Venres 22 de febreiro:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
"Pártome e móndome" con Isabel Andrés.
 

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 19 de febreiro:
- 10:00: Alumnas-os de 5º e 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Cando petan na porta pola noite" con Caxoto.
Mércores 20 de febreiro:
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Talleres de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Xoves 21 de febreiro:
- 10:00 e 11:00: Alumnas-os de 4º e 6º de EI do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Mans" con Pablísimo.
Venres 22 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Taller de banda deseñada" con Manel Cráneo.
 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Venres 22 de febreiro:
- 11:00: Alumnas-os de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contiario" con Pablísimo.

Recomendacións en Radioleiros: 15 febreiro 2019

https://spark.adobe.com/video/A1jciZkv556we
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1211757- Infantil (mais de 6 anos):

A historia do touro Ferdinando, de Munro Leaf e ilustrado por Robert Lawson
Kalandraka

Ferdinando e un touro sensible que fronte á bravura doutros touros prefire a tranquilidade dun prado e o arrecendo das flores. Nada o vai facer cambiar de idea, nin as provocacións do matador nin os abucheos do público na praza das Ventas. Neses momentos o que fai feliz a Ferdinando é o cheiro perfumado das frores das señoras con mantilla que sentan nas bancadas.


Un clásico que data do ano 1936, que segue a manter vivo o interese e a mensaxe de liberdade, tolerancia e exaltación do diferente. Sorprende aínda máis polo revolucionario que foi dado a época na que foi escrito.

- Mozas/os e adultas/os:

O exército de fume, de Manuel Gago
Xerais

Relato de acción no que se mistura historia, lenda e ficción. Unha novela sobre a posible presenza dos exércitos alemáns na España fascista de principios de 1942. 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1441983Unha xoven maestra chega ao seu primeiro destino nunha aldea da Galicia costeira, nun lugar posiblemente estratéxico para os intereses tanto de nazis como de ingleses polo dominio do Atlántico. Pola contra no interior da Galicia da posguerra, os maquis seguen a enfrentarse ao poder da dictadura. Celia, Ramallo, Brais, personaxes de ficción mestúranse na novela con personaxes históricos como o pintor Urbano Lugrís ou Winston Churchill para manter a tensión ata o remate da novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/2/19

Feliz ano do cocho! Expo de libros e pelis de China

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6039&sortfield=
O 5 de febreiro un terzo da humanidade celebrou o cambio de ano. Unha festividade que congregou a tan importante número de persoas para celebrar o ano do porco, o décimo segundo no ciclo do horóscopo chinés. 
Imos fixar a nosa mirada no país oriental cunha expo (no vestíbulo de Rialeda) de novelas, ensaios e películas do país que inaugurou o ano do porco de 4717. 
Achégate a China e goza coa lectura de Mo Yan ou Gao Xingjian e as películas de Zhang Yimou ou Kaige Chen
Gongxi, feliz ano do cocho!

Tertulia literaria en Rialeda: 13 febreiro 2019 (grupo A)

https://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-29344.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "As voces baixas" de Manuel Rivas coa colaboración da profesora de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: "La estratagema" de Lea Cohen