4/10/25

Hora do conto e Ler conta moito: 6 a 10 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 6 a 10 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 6 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Da árbore ao libro”
MONITORADO: Cuarto de inverno

Martes 7 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “No monte”
CONTACONTOS: Un mar de cores



Mércores 8 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Maxia para soñar”

Xoves 9 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Campionato de coches eléctricos”
MONITORADO: Leader Dreams

Venres 10 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Ecoralia, a lambona ecolóxica”
CONTACONTOS: Pakolas

Venres 10 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Tralará: contos, obxectos e música”
CONTACONTOS: Marta Ortiz
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.


3/10/25

Recomendacións en Radioleiros: 3 outubro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 3 outubro 2025
"Algo pasa na casa do lobo" de Susanna Isern; ilustracións de Ayesha L. Rubio- Infantil:
"Algo pasa na casa do lobo" de Susanna Isern; ilustracións de Ayesha L. Rubio. En OQO.

As familias do bosque están moi preocupadas porque as súas crianzas desaparecen pola noite mentres durmen nas súas camas e aparecen pola mañá noutras casas. Un conto de lobos diferente, con moito misterio e un final inesperado.
Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola 2024

"Historias de Gaza: la vida entre guerras" de Mikel Ayestaran
- Mocidade e público adulto:
"Historias de Gaza: la vida entre guerras" de Mikel Ayestaran. Editado por Península.

Un percorrido histórico, xornalístico e persoal sobre Gaza, que abarca dende a Antigüidade ata xaneiro de 2025, escrito por un reporteiro especializado nos conflitos abertos en Oriente Medio que visitou Gaza en decenas de ocasións e que cubriu todas as grandes ofensivas de Israel dende 2008.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/9/25

Hora do conto e Ler conta moito: 29 de setembro a 3 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 29 de setembro a 3 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 29 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Abracalibro”
CONTACONTOS: Mago Rafa

Martes 30 de setembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Malabares”
MONITORADO: Fraga dos mouros



Xoves 2 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “A viaxe de Piruleta”
CONTACONTOS: Ariadna Santana

Xoves 2 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contamúsicas”

Venres 3 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Tortilla de ovos de conto”
MONITORADO: Pedras de papel
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.