18/11/19

20 novembro 2019: Ana Pillado Vega presenta "En efecto bolboreta" na Biblioteca Rialeda


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdfBiblioteca Central Rialeda (2º andar)
19 h. Entrada libre

Presentación a cargo da poeta Pilar Pallarés (Premio Nacional de Poesía 2019 do Ministerio de Cultura) e da propia autora Ana Pillado Vega, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que interpretará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.

En efecto bolboreta, publicada pola editorial Fervenza, é unha fábula de xénero fantástico dirixida a mozas/os e adultas/os, que recolle a crónica da Revolución da Bicharada.

A Gran Irmandade Lepidóptera, o colectivo de xoaniñas agricultoras biodinámicas, as 'Skornagirls' (vacalouras ciberpunks activistas da guerrilla da comunicación), a Rede Arácnida Galega, unidas ás fadas, mouras, meigas e figuras lendarias, como a raíña Lupa, inician unha revolta a prol de salvagardar o Medio Ambiente e deter a deriva de desastres ecolóxicos que conducen ao biocidio.

En efecto bolboreta pretende contribuír á creación dun imaxinario que, fronte ás múltiples visións apocalípticas e distópicas do futuro, presente a posibilidade de horizontes máis esperanzadores e mesmo eutópicos, desde unha perspectiva ecofeminista.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a música.

Aviso importante: a Biblioteca de Nós ficará pechada os días 20 e 22

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/anxel-fole-nos
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
Tfno. 981 664 257

A biblioteca pechará os seguintes días:
- Mércores 20 de novembro
- Venres 22 de novembro

Pregamos desculpen as molestias

Tertulia literaria en Rialeda: 20 novembro 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.laurafreixas.com/Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Madres e hijas, relatos compilados por Laura Freixas
Documentación

Seguinte lectura: Dublineses, de James Joyce

Tertulia literaria en Santa Cruz: 19 novembro 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.planetadelibros.com/autor/simonetta-agnello-hornby/000004054Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de Entre la bruma, de Simonetta Agnello Hornby

Seguinte lectura: Retrincos, de Castelao

15/11/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 20 a 22 de novembro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)   
Mércores 20 de novembro, ás 18,30 h.
Para bebés de 1 a 3  anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contiños”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201) 
Xoves 21 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Mar de contos”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 21 de novembro, ás 18,30 h. 
Para bebés de 1  a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Contos de nunca rematar”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno.: 981 628 507)
Venres 22 de novembro, ás 17,30 h.

Para nenas-os a partir de 6 anos
MOINITORADO: El caldero de Peltre
OBRADOIRO: “Un día de clases en Hogwarts”

Recomendacións en Radioleiros: 15 novembro 2019

https://youtu.be/2RZSTzoC2hE
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1497274&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os a partir de 5 anos):  
"Max y los superhéroes" de Rocio Bonilla, ilustrado pola autora coa colaboración de Oriol Malet. Editado por Algar.
Max ten unha gran fascinación polos superheroes, encántalle vestirse coma eles e garda con entusiasmo todo o que cae nas súas mans. Ademáis comparte ese entusiasmo co seu amigo Martín. No único no que non está moi de acordo con Martín é no seu heroe favorito, Megapower, a súa intrépida superheroína, capaz de desactivar bombas, ter ultravisión e unha forza descomunal...
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=infamia&idx=au%2Cwrdl&q=costas&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busca 
- Mozas-os e adultas-os:
"Infamia" de Ledicia Costas. En Xerais.
A avogada e profesora de Dereito Penal, Emma Cruz, trasládase a vivir a Merlo, un barrio de Vigo, mentras dá clase na universidade. A súa chegada coincide coa celebración dos 25 anos da desaparición de dúas nenas de 14 e 6 anos, as irmás Giraud. Que foi delas?, e se están mortas, como é que os seus cadáveres no apareceron nunca?

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


14/11/19

15 novembro 2019: Club Xuvenil de Literatura Fantástica en Rialeda

https://bibliotecasoleiros.blogspot.com/b/post-preview?token=APq4FmCPC9TRbeu5Y93mBxbY-x8zcvKkLTQOLpoK5QeGYrAOHV8jckw_wzzqSxRAqHLAGOadTAGA7HTupz4FuLinGItBZs_15Y-F67THagXtDPGt6hmJ-lWKRAAkA7DYH-cl1LLXQWo0&postId=8176342178420591375&type=POST
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdfBiblioteca Central Rialeda
Hora: 18,30 a 20

Comeza o Club Xuvenil de Literatura Fantástica dirixido a adolescentes entre 12 e 17 anos.
Desde novembro a abril, unha vez ao mes e durante hora e media compartiremos unha viaxe por outros mundos e outro tempo con normas e paisaxes diferentes.

Programación:

El nombre del viento, de Patrick Rothfuss
El castillo ambulante, de Diana Wynne Jones
El libro de los portales, de Laura Gallego
El Hobbit, de J. R. R. Tolkien
Seraphina, de Rachel Hartman

Datas:
Novembro: día 15
Decembro: día 13
Xaneiro: día 17
Febreiro: día 14
Marzo: día 13
Abril: día 17

Aínda quedan prazas! chama ao teléfono 981 639 511, achégate á biblioteca ou envía un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org

Bernardo Atxaga, Premio Nacional das Letras Españolas 2019 do Ministerio de Cultura y Deporte

http://www.culturaydeporte.gob.es/gl/actualidad/2019/11/191111-pn-letrasespanolas.html
O xurado reunido polo Ministerio de Cultura y Deporte, galardonou a Bernardo Atxaga co Premio Nacional de las Letras Españolas 2019. O autor vasco foi elixido “pola súa contribución fundamental á modernización e á proxección internacional das linguas vasca e castelá, a través dunha narrativa impregnada de poesía na que mestura de xeito brillante realidade e ficción”.
Joseba Irazu Garmendia (Asteasu, Gipuzkoa, 1951) é coñecido polo seudónimo literario de Bernardo Atxaga. Estudou Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao e Filosofía e Letras na de Barcelona. É membro da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, desde 2006, e membro de Jakiunde, Academia das Ciencias, das Artes e das Letras, desde 2010.
A maior parte da súa obra, escrita e publicada en euskera, pode lerse en 32 linguas. Este autor cultiva todos os xéneros, novela, poesía, teatro, ensaio e literatura infantil. Tamén escribíu letras para cancións de pop, folk e rock.
Comezou a escribir contos en euskera unido aos movementos literarios de vanguardia de Euskadi de finais dos anos 70. O primeiro en 1972, xunto coas obras doutros autores vascos, no volume Euskal Literatura-72, dirixido polo poeta Gabriel Aresti.
Acaba de saír do prelo a novela en euskera Etxeak eta Hilobiak (Casas y tumbas), que en febreiro do ano que ven se publicará en castelán e, segundo o escritor, será a derradeira.
As Bibliotecas de Oleiros teñen recomendado varios dos seus libros na emisora municipal Radioleiros. A Biblioteca Central Rialeda adícalle unha expo bibliográfica e convídate a levar os seus libros en préstamo.
Parabéns, Atxaga!!!
"Escribo nunha lingua estraña. Os seus verbos, a estrutura das súas oracións de relativo, as palabras coas que designa as cousas antigas -os ríos, as plantas, os paxaros- non teñen irmás en ningún  outro lugar da Terra. Casa dise etxe; abella erle; morte heriotz. O sol dos longos invernos, eguzki ou eki: o sol das suaves e chuviosas primaveras, tamén eguzki ou eki, como é natural; É unha lingua estraña, pero non tanto".

12/11/19

:terrabrava - historias (visuais) do local: selección de películas en Rialeda

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=7647&sortfield=
 
Historias do microcosmos, do local proxectado no universal, coa súa teluricidade e raigame. Enerxías, sinerxias e inercias do máis intimo, máis cercano e indómito. 
Unha selección de películas inspiradas nas forzas e caracteres que imprime a terra e nos seus claroscuros. 

11/11/19

Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019 do Ministerio de Cultura y Deporte, por "Tempo fósil"

https://photos.app.goo.gl/H4tTVNJyDHVFjEs26Pilar Pallarés, unha das voces máis singulares da poesía galega actual é Premio Nacional de Poesía 2019 do Ministerio de Cultura y Deporte, pola súa obra "Tempo fósil"
O poemario constitúe unha magnífica obra, moi ben editada, na que reflexiona sobre a perda e a destrución, a partir da súa propia experiencia persoal, tras vivir o derribo da casa familiar a causa da ampliación do aeroporto de Alvedro. Fala da aniquilación dos soños dunha familia, pero tamén é sobre a derrota dos soños dunha clase social.

O xurado elixiuna "por transmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como un corpo vivo".
Comezou a escribila a finais do 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro derribou a casa que o pai construíra coas súas propias mans e na que colaboraran todos os membros da familia. No primeiro poema menciona diversas árbores e plantas que había na horta e que desapareceron co derribo. No segundo fálanos dos ósos de animais domésticos pertencentes á familia que estaban enterrados na finca e que quedaron mesturados cos demais restos. Segundo di a autora, nunha entrevista publicada en Sermos Galiza “Os poemas ficaron alí (estes dous dos que falamos) e un ano ou dous despois escribín o terceiro. A partir de aí, lentamente, continúo o libro. A destrución da casa é un punto de partida e vaise mesturando cun proceso de aniquilación dunha familia moi pequena...”.

Vemos como a obra medrou arredor do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas. Fala do paso do tempo e sente a aniquilación como unha cuestión colectiva.
Noutra entrevista que lle realizou El Ideal Gallego di “É un libro que case nin tiña pensado publicar e fala dun tema que me obsesiona: a posibilidade de que algo poida pervivir”. “O tempo sempre está na miña poesía, tamén a fugacidade e a capacidade que ten a natureza de destruírse e rexenerarse. Son moi pesimista con respecto á destrución do planeta, é o que máis me preocupa nestes momentos”, e recoñece “ter unha consciencia da morte desde a súa infancia e que marcou parte da súa poesía”.
Podes gozar das exposicións bibliográficas adicadas a Pilar Pallarés nas Bibliotecas Municipais de Oleiros e da recomendación na emisora municipal Radioleiros do seu poemario.

Tertulia literaria en Rialeda: 13 novembro 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-31016.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Liquidación de existencias, de Ramón Caride Ogando
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: A flor de piel, de Javier Moro

Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 novembro 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://abrahamverghese.com/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de Hijos del ancho mundo, de Abraham Verghese

Seguinte lectura: Astrid y Veronika, de Linda Olsson

9/11/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 11 a 15 de novembro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638) 
Luns 11 de novembro, ás 18:30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Xa verás!”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)  
Martes 12 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos  
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos dos lugares sen outono: historias tradicionais dos países na liña do Ecuador”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)
Mércores 13 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos vellos, contos finais”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201) 
Xoves 14 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos de medo que deixan durmir” 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 14 de novembro, ás 18,30 h. 
Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Cueiros de cores” 

8/11/19

Recomendacións en Radioleiros: 8 novembro 2019

https://youtu.be/KsxrLkfJzLE
- Infantil (a partir de 5 anos):

Gotita, escrito e ilustrado por Stéphanie Joire e Laura Fanelli
Juventud

Un fermoso álbum que nos presenta unha gota de auga que marcha de viaxe, polo que se desprende da nube e cae lentamente. O vento faina bailar, xirar e cun raio de sol transfórmase nun arco da vella. Cae nunha cometa, choca contra un paraugas, salpica a unha bailarina...

Un libro coas páxinas en forma de acordeón, un texto imaxinativo e rítmico, e unhas bonitas e coloridas ilustracións, que nos describe todo o que lle acontece a unha gota de auga.

Segundo a editorial a paixón das autoras pola arte como elemento pedagóxico maniféstase neste álbum lúdico e poético, algo ideal para ter un primeiro acercamento ao ciclo natural da auga.

É unha obra que dunha forma moi sinxela lles explica ás nenas e nenos máis pequenos o ciclo da auga, fálalles do medio ambiente e ponos en contacto coa ecoloxía.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1441332&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLETempo fósil, de Pilar Pallarés
Chan da Pólvora
Premio Nacional de Poesía en 2019 e Premio da Crítica en 2018

Pilar Pallarés é unha das voces máis singulares da poesía galega actual.

Unha magnífica obra, moi ben editada, na que reflexiona sobre a perda e a destrución, a partir da súa propia experiencia persoal, tras vivir o derribo da casa familiar a causa da ampliación do aeroporto de Alvedro. Fala da aniquilación dos soños dunha familia, pero tamén é sobre a derrota dos soños dunha clase social.

O xurado elixiuna "por transmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como un corpo vivo".

Comezou a escribila a finais do 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro derribou a casa que o pai construíra coas súas propias mans e na que colaboraran todos os membros da familia. No primeiro poema menciona diversas árbores e plantas que había na horta e que desapareceron co derribo. No segundo fálanos dos ósos de animais domésticos pertencentes á familia que estaban enterrados na finca e que quedaron mesturados cos demais restos. Segundo di a autora, nunha entrevista publicada en Sermos Galiza “Os poemas ficaron alí (estes dous dos que falamos) e un ano ou dous despois escribín o terceiro. A partir de aí, lentamente, continúo o libro. A destrución da casa é un punto de partida e vaise mesturando cun proceso de aniquilación dunha familia moi pequena...”.

Vemos como a obra medrou arredor do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas. Fala do paso do tempo e sente a aniquilación como unha cuestión colectiva.

Noutra entrevista que lle realizou El Ideal Gallego di “É un libro que case nin tiña pensado publicar e fala dun tema que me obsesiona: a posibilidade de que algo poida pervivir”. “O tempo sempre está na miña poesía, tamén a fugacidade e a capacidade que ten a natureza de destruírse e rexenerarse. Son moi pesimista con respecto á destrución do planeta, é o que máis me preocupa nestes momentos”, e recoñece “ter unha consciencia da morte desde a súa infancia e que marcou parte da súa poesía”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/11/19

Tertulia literaria en Rialeda: 6 novembro 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30999.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: Madres e hijas, de Laura Freixas

31/10/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 6 a 8 de novembro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)  
Mércores 6 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Quique López
TÍTULO: “Hércules e o xigante: unha torre de lenda” 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 7 de novembro, ás 18,30 h. 
Para bebés de 1 a 3 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Bechos estraños e bechopoemas"

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno.: 981 664 257)
Venres 8 de novembro, ás 17,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: El caldero de Peltre
ACTIVIDADE: “Un día de clases en Hogwarts"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno.: 981 628 507)
Venres 8 de novembro, ás 18,30 h.

Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Merenda”

25/10/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 28 a 31 de outubro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación 
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638) 
Luns 28 de outubro, ás 18:30 h.
Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Levántate Xan!" 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)  
Martes 29 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: "Outono" 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)  
Mércores 30 de outubro, ás 18,30 h.
Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “De estrelas e Lúa”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201) 
ACTIVIDADE ANULADA!!! Vaise celebrar o 14 de novembro!!!
Xoves 31 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos de medo que deixan durmir"

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 31 de outubro, ás 18,30 h. 
Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos para noites longas: historias tradicionais de Galicia"

Recomendacións en Radioleiros: 25 outubro 2019

https://youtu.be/IpPdQO5E6Mk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=yo+voy+conmigo+raquel+diaz+reguera&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (8 a 10 anos): 

Yo voy conmigo, texto e ilustracións de Raquel Díaz Reguera
Thule

Por que imos querer cambiar cando nos gustamos como somos?

Subraia a importancia que damos a querer ser como os demáis para restarlla a ser nós mesmos. A necesidade que teñen os nenos e nenas de pertencer a unha comunidade aínda que sexa a costa de perder a súa propia identidade.

- Mozas/os e adultas/os:

Campus morte, de Lito Vila Baleato
Galaxia

Iago Miranda volve a Compostela desde Hannover onde da clases e por mor das circunstancias acabará asumindo o rol propio dun detective na procura dunha explicación á morte dun amigo da infancia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda: 25 outubro 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Club%20de%20lectura%20de%20Literatura%20Fant%C3%A1stica
https://www.dunenovels.com/Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18,30 a 20 h.

Comentario de "El cuento de la criada" de Margaret Atwood
Documentación

Seguinte lectura: "Dune", de Frank Herbert

24/10/19

A Biblioteca Central Rialeda, finalista no II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019

https://rbgalicia.xunta.gal/es/ii-premio-la-innovacion-bibliotecaria-de-galicia
A comisión de valoración do II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia convocado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia estableceu a concesión do 2º lugar "ex aequo" para os proxectos finalistas: 

- "Obradoiros e actividades infantís para a inclusión social" da Biblioteca Central Rialeda do
Concello de Oleiros

- "Achega: a biblioteca como espazo inclusivo para persoas con diversidade funcional" da Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano do Concello da Coruña.

O Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019 foi concedido ao proxecto "Mapa literario de Vigo" da Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas do Concello de Vigo.

O proxecto presentado pola Biblioteca Central Rialeda consistíu nunha serie de obradoiros dirixidos a nenas e nenos de 8 a 12 anos con diversidade funcional e problemas sociais, co obxectivo da súa integración con outras nenas e nenos.
A través destas actividades promocionanse mecanismos de participación e inclusión social para persoas que pertenzan a colectivos en situación de desvantaxe.


Para a súa realización contouse coa colaboración dos centros de ensino público que difunden a información entre o seu alumnado e da Asociación Participa para la Inclusión Social que aporta o monitorado especializado.

22/10/19

24 de outubro: Día da Biblioteca nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

https://bamadgalicia.wordpress.com/2019/10/15/24-de-outubro-dia-da-biblioteca-2019
Desde o ano 1997, cada 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. Unha efeméride que busca resaltar a importancia que teñen as bibliotecas para a historia como resgardo da cultura e dos seus escritos, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana. A partir de este ano incorpórase o lema “Aptas para todos os públicos”.
Nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, co obxectivo de divulgar a existencia deste día, desexamos mostrar os nosos centros como lugares de educación, formación e aprendizaxe, pero tamén de lecer e entretemento, e informar sobre os servizos que ofrecemos, animar a ler e que as nenas e os nenos se divirtan escoitando contos e/ou realizando sinxelos traballos manuais. A continuación presentamos algunhas actividades e invitamos a todas as persoas a que nos visiten, leven fondos bibliográficos (libros, DVD, CD, revistas) en préstamo ou que compartan unha reseña sobre un dos seus libros favoritos.
https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/avisos/dia-da-biblioteca-2019
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
- Abecedario de sorpresas
Unha escolla de libros e películas para deixarse seducir por lecturas imprevistas. Cada letra do alfabeto lévanos a unha palabra ou a un concepto que nos pon sobre a pista do argumento, tema, idea en torno ao que xira a lectura que se propón. Descubre historias inesperadas, asómbrate con relatos cos que non tiñas cita. "Abecedario de sorpresas", proponche unha.
- Deseño de bolsas/mochilas para lectoras/es: o 24 de outubro, ás 17:30, levarase a cabo este obradoiro a cargo d'O Faiado de Nin, dirixido a nenas e a nenos a partir de 6 anos.
https://www.amigosdellibro.com/DiaBiblioteca19
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
- Deixando pegadas…
Cada día deixamos a nosa pegada na rúa, na casa, no parque, no colexio… por cada sitio que pasamos deixamos a nosa marca. “Hoxe é o teu día de sorte… deixa a túa pegada na biblioteca”. Na entrada da biblioteca  haberá dúas enormes letras, o B e o P, nas que con pintura de dedos poderás deixar a marca da túa man.
- Contos da nai selva: Historias tradicionais de América do Sur: o 23 de outubro, ás 18:30 horas, levarase a cabo esta sesión de contacontos a cargo da actriz Paula Carballeira, dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera
- Obradoiro de decoración de marcapáxinas
Actividade dirixida ao público infantil que consiste na decoración de diferentes marcapáxinas conmemorativos do Día das Bibliotecas. Levarase a cabo na semana do 21 ao 25 de outubro.

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
- Obradoiro de decoración de marcapáxinas
Actividade dirixida ao público infantil que consiste na decoración de diferentes marcapáxinas conmemorativos do Día das Bibliotecas. Levarase a cabo o 24 de outubro.
- Mostra bibliográfica “Bibliotecas para tod@s”
Mostra bibliográfica titulada “Bibliotecas para tod@s”, na que se expoñerán libros de adultas-os e infantís que falen ou teñan como escenario as bibliotecas e os libros.
https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/avisos/dia-da-biblioteca-2019
- Obradoiro de debuxo e pintura para nenas-os
Actividade dirixida ao público infantil para pintar e ilustrar diversos debuxos con temas alusivos aos libros e ás bibliotecas. Levarase a cabo en toda a segunda quincena de outubro.

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
- A vida da biblioteca
Queremos mostrar o punto de referencia que é a nosa biblioteca como lugar de lecer, entretemento, estudo, aprendizaxe e encontro. Realizarase un centro de interese no que todos os materiais teñan como protagonista principal ou secundario a biblioteca e o libro. Efectuaranse marcapáxinas e debuxos alusivos a dita celebración.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda
- Os libros protagonistas
Exposición de libros do fondo de ficción infantil e do fondo de ficción de adultas-os que teñen como protagonista o libro, a lectura e a biblioteca.
- Canto sabes sobre as bibliotecas?
Pasatempos relacionados co mundo das bibliotecas. Actividade dirixida ao público infantil.

Tertulia literaria en Rialeda: 23 outubro 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30925.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de La chica del tren, de Paula Hawkins
Documentación

Seguinte lectura: Os fillos do lume, de Pedro Feijoo

21/10/19

Club Xuvenil de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdf
Pretende ser un encontro, dirixido a adolescentes, para conversar sobre libros deste xénero literario.

Se tes entre 12 e 17 anos e che gusta a literatura fantástica convidámoste a participar no Club Xuvenil de Lectura de Literatura Fantástica da Biblioteca Rialeda.

Reunirémonos unha vez ao mes e durante hora e media compartiremos, dunha maneira lúdica, unha viaxe por outros mundos e outro tempo con normas e paisaxes diferentes.

Participar só ten vantaxes:
- É unha actividade gratuíta.
- É para falar de algo que nos apaixona.
- Os libros son prestados pola propia biblioteca para ler tranquilamente na casa.
- E por si todo o anterior fora pouco, temos unha selección de lecturas irresistible!

OLLO! Só dispoñemos de 15 prazas, así que si estás interesad@ faite coa túa rapidamente chamando ao teléfono 981 639 511, enviando un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org ou acudindo persoalmente.
Anímate!!!

19/10/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 23 e 24 de outubro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)  
Mércores 23 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos da nai selva: historias tradicionais de América do Sur"

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 24 de outubro, ás 17,30 h. 
Para nenas-os a partir de 6 anos 
MONITORADO: O faiado de Nin
ACTIVIDADE: "Deseño de bolsas/mochilas para lectoras/es"

18/10/19

Recomendacións en Radioleiros: 18 outubro 2019

https://youtu.be/LQnVRxpOqSA
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1490072&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Infantil:
"Non trabes na lingua" de Antón Cortizas Amado; ilustracións de Pepa Prieto Puy. En Galaxia.
Ilustrado por Pepa Prieto Puy, "Non trabes na lingua" é un volume de trabalinguas para as-os máis pequenas-os. O libro inclúe os inventados polo propio Antón Cortizas, outros recollidos en distintos lugares de Galicia, e  unha última sección con trabalinguas creados polo alumnado do CEIP Unión Mugardesa. Unha interesante escolla a partir dos oito anos.

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1439219&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Mozas-os e adultas-os:
"Guerra y trementina" de Stefan Hertmans. Editado por Anagrama.
Este texto considerado o mellor das Letras Flamencas no 2014 mestura as lembranzas do avó do escritor, sarxento do exército belga na I Guerra Mundial, coas reflexións do neto no tempo actual. Unha testemuña  humana e política dun tempo de miseria e privacións que deu lugar a unha transformación social das máis importantes da Historia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/10/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 14 a 18 de outubro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)  
Luns 14 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 5 anos
CONTACONTOS: Aldaolado
TÍTULO: “A ovella Engracia”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)  
Mércores 16 de outubro, ás 17,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Andamiaxe Innova
ACTIVIDADE: "Un banquete con moito conto!"

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 17 de outubro, ás 18,30 h. 
Para bebés de 1 a 3 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “O berce das verbas"