Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós Venres 9 de maio CONTACONTOS: Soledad Felloza TÍTULOS: “Unha noite na cociña”, “O rei corvo”, “Herbalúa” (Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. As sesións celebraránse ás 18:30)
- Infantil (a partir de 8 anos): "A pantasma da Casa da Matanza", textos de Miro Villar e ilustracións de Xosé Cobas, editado por Biblos. Premio da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil do 2013. Deliciosa obra inspirada na poesía de Rosalía de Castro, pero principalmente no poema “Negra sombra”. A Casa da Matanza é o nome da casa de Padrón na que Rosalía de Castro viviu os últimos anos, e que hoxe é museo. É un conto rimado dunha pantasma, á que lle gusta a música, a danza e a poesía. Un día coñece a Rosalía e que por iso decide quedar para sempre na Casa da Matanza, engaiolada coa musicalidade e o ritmo dos seus poemas. Todo o conto está acompañado das fermosas ilustracións de Xosé Cobas. Predominan as cores suaves, e segundo imos pasando as follas podemos deleitarnos co texto e as ilustracións. - Mozos-as e adultos-as: "La campana de Islandia" de Halldór Laxness, en RBA. Premio Nobel de literatura en 1955. Este libro é parte dunha triloxía formada por "La campana de Islandia", "La doncella de la luz" e "Fuego en Copenhague". Unha obra clásica, do mellor da literatura islandesa do século XX, que se desenvolve seguindo as pautas da tradición épica das sagas islandesas medievais. Trata do desexo e a necesidade da poboación islandesa de obter a independencia deIslandia fronte a Dinamarca, a través de dous personaxes, o agricultor Jón Hreggvidsson e a fermosa e forte Snaifrídur. A acción transcorre en Islandia, no século XVIII. Jon Hreggividson, un granxeiro pobre, é acusado de asasinato e ten que enfrontarse ás autoridades islandesas que obedecen directamente ao monarca danés. Snaifrídur líbrao da morte cun encargo para Arnas Arneus, do que está namorada e que vive en Copenhague... Iremos vendo personaxes moi diferentes: granxeiros, esmoleiros, ladróns, usureiros, e por outro lado presenciaremos os costumes dos nobres; e dous xeitos de vivir diferentes: o dos islandeses e o dos daneses. A novela é rica en matices e a acción discorre lentamente, no medio de descricións, longas viaxes, conversacións, argumentos complexos, poemas das sagas islandesas etc. Halldór Laxness escribiu esta obra a comezos dos anos corenta cando xurdía Islandia como nación independente. Considerado o mellor escritor islandés capaz de tratar todo tipo de temas con gran destreza, con esta obra pretendeu ensalzar o carácter xenuíno e diferente do seu país, da súa xente e da súa lingua, e en xeral dunha nación que vivira durante séculos baixo o dominio danés.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
A visita guiada
terá lugar a partir das 10 h. Virán acompañados polo narrador oral, autor, director de escea e guionista Cándido Pazó, quen actuará para eles/as ao remate da visita.
Aviso
importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá
restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.
Na Biblioteca de Santa Cruz haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes...
contos de monstros, dragóns, lobos... unha sesión de risa para quitar o
medo de enriba! Espectáculo de contacontos, lendas e tradicións
populares con monicreques, láminas e obxectos, a cargo do contacontos Pablísimo, para alumnos-as do CEIP Luis Seoane e da Escola Infantil "O Vilar" de Nós:
- 10,20 h. - 3º A + B de Educación Primaria do CEIP Luis Seoane.