Mostrando entradas con la etiqueta Publicacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Publicacións. Mostrar todas las entradas

2/4/24

O libro "Rialeda, poesía da natureza" divúlgase entre o alumnado de 6º de Ensinanza Primaria.

Co obxectivo de conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, as Bibliotecas Municipais de Oleiros distribuirán entre o alumnado de 6ª curso de primaria dos colexios públicos deste municipio a publicación "Rialeda, poesía da natureza", na que se amosan e dan coñecer as árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Central Rialeda, ademais de explicar algunhas das principais características arquitectónicas do edificio no que está situada.

De cada especie vexetal preséntase unha fotografía, a descrición da planta e acompáñase duns versos da obra de diversos escritores e escritoras.

Os textos foron realizados por Fina Mosquera Roel, profesora de ensinanza primaria no colexio Valle Inclán de Perillo.
As fotografías e o deseño son de Miguel Sánchez Mosquera que estudia Bachelor of Arts de fotografía e vídeo en LABA Valencia School of Art Design & New Media.
A coordinación e a selección das poesías foi realizada polo persoal da Biblioteca Central Rialeda.

20/2/24

Rialeda, poesía da natureza


 O Concello de Oleiros edita unha publicación sobre o edificio da biblioteca Rialeda e as árbores do seu xardín.

A Biblioteca Central Rialeda está situada nun edificio modernista proxectado no ano 1912 polo arquitecto coruñés Rafael González Villar e restaurado polo Concello de Oleiros a través de dúas escolas taller, inaugurándose como biblioteca en 1998.

Rodeada dun agradable xardín con gran diversidade de árbores e arbustos, no que destacan un cedro do Himalaia e frondosos tileiros, pódense atopar especies variadas, desde castiñeiros ata outras moi adaptadas ao noso territorio, como son as camelias ou as magnolias.


 
En "Rialeda, poesía da natureza" amósase unha fotografía e a descrición da planta acompañada duns versos da obra de diversos escritores e escritoras.

Os textos das árbores e arbustos foron realizados por Fina Mosquera Roel, profesora de ensinanza primaria no colexio Valle Inclán de Perillo.



As fotografías e o deseño son de Miguel Sánchez Mosquera que estudia Bachelor of Arts de fotografía e vídeo en LABA Valencia School of Art Design & New Media.

A coordinación e a selección das poesías foi realizada polo persoal da Biblioteca Central Rialeda.

Deséxase potenciar a cultura de unir ciencia e literatura e invítase a que visiten a biblioteca e gocen do apracible parque.



27/5/21

Presentación do libro de Cecilia Monllor "Nunca te hagas librero" 27/05/2021

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o pasado xoves 27 de maio, ás 20:00, tivemos o pracer de asistir á presentación da obra "Nunca te hagas librero" de Cecilia Monllor.
Presentou o acto a bibliotecaria municipal, Luz Corral.
Interviñeron a autora Cecilia Monllor e Lola Roel, directora de teatro e escritora .
"Nunca te hagas librero" son reflexións, en ton irónico, en torno á lectura, aos libros, aos libreiros-as e as librarías, que a autora aplica tanto a si mesma como ao que conta perdendo o aire luctuoso e pesimista, para gañar en intimidade e complicidade coas lectoras-es.
Cecilia Monllor é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Exerceu o xornalismo durante dúas décadas, ata que a literatura a apartou dos despachos de comunicación. Actualmente todas as súas actividades profesionais teñen ao libro como punto de partida.
Colabora e coordinadora os Clubs de lectura e Tertulias Literarias do Sistema de Bibliotecas de Oleiros desde hai máis de dúas décadas.
Podes ver a presentación do libro de Cecilia Monllor "Nunca te hagas librero" clicando na imaxe ou aquí.

7/11/16

Presentación do libro “A violencia dun sorriso” por Implicadas no Desenvolvemento: 9 de novembro en Rialeda


 http://www.implicadas.net/
Na  Biblioteca Central Rialeda en Perillo, o  mércores 9 de novembro, ás 20 h., Implicadas no Desenvolvemento presentará a obra “A violencia dun sorriso”.
Unha antoloxía de poemas da autora támil Thamizhachi Tangapandian,
publicada nunha edición bilingüe támil-galego, na que tamén figuran poesías de autoras galegas.
O grupo teatral A Panadaría presentará un recital inspirado nos poemas presentes neste libro.

T. Sumathy coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu, un estado da India no que viven máis de sesenta millóns de persoas. Entre o 1996 e o 2008 traballou como docente no Queen Mary’s college de Chennai. Como investigadora, en 2004, recibiu unha bolsa do AIC (Australia India Council) e doutorouse pola University of Madras en 2010.
Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais, en particular de Sri Lanka e de Australia; literaturas da diáspora (en concreto da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución crítica e as artes escénicas (o teatro támil). Publicou unhas doce obras en támil e unha en inglés. Neste momento dedícase á escrita e á interpretación.
A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil,

http://www.thamizhachithangapandian.com/
senón tamén unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Thamizhachi ten colaborado con Implicadas nos seus programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu.

Implicadas no Desenvolvemento traballa desde hai 18 anos a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela e, máis en concreto, co grupo das mulleres a través da eliminación das estruturas de opresión Norte ‐ Sur e de xénero e a contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de co-responsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.
Implicadas entende a cooperación ao desenvolvemento como un intercambio coas comunidades coas que traballa, que enriquece as dúas partes e que pretende, desde a igualdade e o entendemento, conseguir un cambio a nivel global nos ámbitos do xénero, a sanidade, a educación, os dereitos humanos, a economía e todos os factores que compoñen o desenvolvemento humano perdurable. Por este motivo, traballan na procura dunha conciencia social critica materializada na implicación da sociedade coas problemáticas identificadas pola organización.

17/10/13

Outono e outras historias: guía de cine na Biblioteca Central Rialeda

Sensacións brumosas, romances tardíos, cores e ventos de outono, todo esto e máis podes atopalo nesta selección de títulos en dvd que che ofrecemos no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Pincha sobre a imaxe para descargar a guía.

10/4/12

"Axóuxeres, bicos, ... e noites sen durmir": Guía de Lectura

Traer unha filla ou un fillo ao mundo debe poder vivirse dunha maneira gratificante, con tranquilidade, saúde e ilusión, por este motivo desde o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros resulta grato ofrecervos esta guía con recomendacións de fondos bibliográficos e enderezos de páxinas web sobre o embarazo, o parto, a crianza e a educación nas primeiras idades das nenas e dos nenos.

Esta guía pretende ser unha ferramenta útil para que as futuras nais e pais, poidan consultar unha selección de obras tanto de contidos como de ficción.

Non se pretendeu que tivese un carácter exhaustivo, senón que se realizou unha selección de diferentes fondos existentes nas bibliotecas públicas municipais de Oleiros.

Sería moi gratificante para nós que esta guía se convertese nun valioso apoio para gozar máis e mellor desta vivencia.

8/3/12

Actos do Día Internacional da Muller Traballadora

Conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora no Teatro As Torres de Santa Cruz


Martes 13 de marzo, ás 19.00 h.: Conferencia: "Narradoras cubanas e o discurso feminino en Cuba"
Intervirán:
- Mirta Yáñez, escritora e profesora cubana
- Carmen García-Rodeja, profesora do IES Neira Vilas de Perillo

Xoves 22 de marzo, ás 19.00 h. : Presentación do libro: "Mulleres na guerrilla antifranquista galega"
Intervirán:
- Aurora Marco, autora da obra e profesora
- Francisco Pillado, director da editorial Laiovento e escritor
Proxectaráse o documental "As silenciadas", dirixido por Pablo Ces


E ademáis:

Ao longo do mes de marzo distribuiremos a Guía de Lectura "Axóuxeres, bicos, ... e noites sen durmir"
Elaborada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais co obxectivo de que as nais e pais accedan mellor ao coñecemento de como enfrontarse a unha experiencia única e extraordinaria como é o nacemento dun fillo ou filla.
Todos os fondos atoparánse nas bibliotecas municipais.


E en data por determinar, organizaráse un Roteiro Cultural e Literario
Un recorrido-homenaxe por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres ilustres, como Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, María Casares e Juana de Vega.
Visitaremos distintos lugares como o Castelo de Santa Cruz, etc..
Prazas limitadas. Inscrición obrigatoria nas Bibliotecas Municipais.

2/1/12

Guía de lectura "Palabras para compartir" (Nadal 2011)

Presentamos a guía de lectura de Nadal "Palabras para compartir" . Está formada por unha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Desde as Bibliotecas Municipais ofrecemos esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo.

28/11/11

Actividades para os Centros de Ensino Públicos do Concello de Oleiros

Presentámosche esta guía onde poderás coñecer todas as propostas de actividades complementarias para o presente curso 2011-2012.

20/12/10

Guía de Lectura "Palabras para encher ilusións"

Presentamos a guía de lectura do Nadal 2010 titulada "Palabras para encher ilusións".

Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.


Desde as Bibliotecas municipais ofrecemos esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo.

29/6/10

A lectura, esa gran viaxe

Dende o Sistema Municipal de Bibliotecas, propoñémosche esta Guía de Lectura con libros, dvd, cds pensados especialmente para estas datas que se achegan.

Animámosche a pasar por cada biblioteca, onde atoparás expostos os títulos seleccionados, que podes levar en préstamo.

Biblioteca Central Rialeda








Biblioteca de Dorneda






Biblioteca de Montrove






Biblioteca de Mera











Biblioteca de Lorbé


30/6/09

A lúa e fraga

A Biblioteca Central Rialeda repartíu entre o alumnado de educación infantil a publicación titulada “A lúa e a fraga”, conto inspirado na obra de Michael Grejniec "A que sabe a lúa?", publicada pola editorial Kalandraka. "A lúa e a fraga" está realizada polo alumnado e profesorado da Galescola As Galeras e contén un conto cunhas fermosas ilustracións nas que participaron todos os nenos e nenas desta escola infantil.
Os obxectivos que se pretenden conseguir coa realización desta actividade convocada polas Bibliotecas Municipais de Oleiros é que as nenas e nenos vivan a lectura e a escritura en común, así como fomentar a imaxinación e a creatividade desde as primeiras idades.
PODES VER OS ORIXINAIS NA SALA INFANTIL DA BIBLIOTECA RIALEDA!!!

24/6/09

Xa está na rúa (e na rede) a guía de lectura De todas as cores!!!

Desde as bibliotecas municipais de Oleiros realizamos a guía de lectura De todas as cores, co obxectivo de ofrecer unha selección de libros, discos e películas para disfrutar neste verán. Son obras de diferentes autoras e autores e de distintas temáticas nas que destaca a calidade literaria, artística ou científica, que divirten, emocionan, fan pensar ou aportan novos coñecementos.
Nestas 156 suxestións clasificadas por idades e temas, diferenciamos as obras de coñecementos das de ficción, e entre estas últimas destacamos en apartados especiais a poesía, a narrativa ou a banda deseñada.
Esta guía de lectura foi repartida a todo o alumnado de educación infantil e primaria dos centros de ensino público deste concello e a alumnado de secundaria. Pódese coller en calquera das oito bibliotecas municipais e descargar por internet a través do noso blog (clica na imaxe) ou da páxina web do Concello de Oleiros.

19/5/09

O Conto Viaxeiro

Actividade dirixida a nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º de primaria.
Consiste en realizar e ilustrar un conto mediante a colaboración entre o alumnado e o profesorado: os nenos e as nenas dunha clase comezan o relato, sendo continuado sucesivamente polos alumnos e polas alumnas doutras clases ata compor a súa totalidade.
O profesorado escribe o conto inventado e ilustrado polos nenos e nenas.

Edición 2009 (cuberta) NOVO!!

Edición 2007 (cuberta)

Edición 2006 (cuberta)

Edición 2005 (cuberta)

Edición 2003 (cuberta)