Mostrando entradas con la etiqueta Espectáculos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Espectáculos. Mostrar todas las entradas

20/12/23

21 decembro 2023: entrega de premios ás-aos usuarias-os que máis fondos bibliográficos levaron en préstamo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

21 decembro 2023: entrega de premios ás-aos usuarias-os que máis fondos bibliográficos levaron en préstamo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros
Data:
xoves 21 de decembro
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 18:00 h.
Na sociedade actual é necesario que as bibliotecas públicas traballen na promoción da lectura, pero tamén en atraer a todos os sectores da poboación para colaborar na consecución dunha sociedade máis culta, igualitaria e cohesionada. 
Considerando isto, desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, cos obxectivos de atraer a toda a poboación ás bibliotecas, fomentar a lectura e o préstamo de fondos bibliográficos, programáronse a creación duns premios ás usuarias e usuarios que máis fondos bibliográficos levasen en préstamo. 
As persoas gañadoras extráense dos datos que aporta o programa de xestión de bibliotecas, no seu módulo de préstamo, e son usuarias e usuarios de calquera das sete bibliotecas municipais de Oleiros: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso de Dorneda, Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado de Mera, Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros, Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole de Nós e Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé. Son as que máis fondos bibliográficos (libros, revistas, discos e/ou DVD), relacionados coas súas idades, levaron en préstamo a domicilio durante o ano 2022.
Os premios consistirán en tarxetas regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico.
Definíronse 4 categorías:
- Menores de 6 anos
- De 6 a 11 anos
- De 12 a 17 anos
- A partir de 18 anos
Para cada unha das categorías establecéronse 3 premios:
- 1º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 100 €.
- 2º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 75 €.
- 3º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 50 €.
Na categoría de “A partir de 18 anos” hai un empate no 3º premio polo que se entregarán dous premios.
*Ás 18:30 h., finalizará o acto co espectáculo de maxia titulado “Maxia de aquí e de acolá” coa actuación do mago David Méndez.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. 

19/12/22

Maxia e cancións polo Nadal nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Actividades dirixidas a público infantil
Hora de realización: 18:30 h.

Aforo limitado: Imprescindible reservar praza na biblioteca ou chamando por teléfono á biblioteca na que desexan participar. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización de cada unha das actividades.

Tfno. 981 626 338
- 14 decembro: "Nova maxia para tod@s" co mago Pedro Bugarín

Aforo completo!!!
- 22 decembro: "C@nto contigo" con Paco Nogueiras

AVISO: *O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

12/12/22

14 decembro 2022: Entrega de premios ás/aos usuarias/os máis lectoras/es das Bibliotecas Municipais de Oleiros

Data: mércores 14 de decembro
Lugar: Teatro As Torres. Santa Cruz
Hora: 18 h.
Ás 18:30 h., finalizará o acto co espectáculo "Nova maxia para tod@s" do mago Pedro Bugarín.

Establecéronse catro categorías:
- Menores de 6 anos
- De 6 a 11 anos
- De 12 a 17 anos
- A partir de 18 anos


Para cada unha das categorías entregaranse tres premios:
- 1º premio: Entrega dunha tarxeta de compra para cambiar por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 100 €
- 2º premio: Entrega dunha tarxeta de compra para cambiar por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 75 €
- 3º premio: Entrega dunha tarxeta de compra para cambiar por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 50 €

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

18/11/19

20 novembro 2019: Ana Pillado Vega presenta "En efecto bolboreta" na Biblioteca Rialeda


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdfBiblioteca Central Rialeda (2º andar)
19 h. Entrada libre

Presentación a cargo da poeta Pilar Pallarés (Premio Nacional de Poesía 2019 do Ministerio de Cultura) e da propia autora Ana Pillado Vega, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que interpretará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.

En efecto bolboreta, publicada pola editorial Fervenza, é unha fábula de xénero fantástico dirixida a mozas/os e adultas/os, que recolle a crónica da Revolución da Bicharada.

A Gran Irmandade Lepidóptera, o colectivo de xoaniñas agricultoras biodinámicas, as 'Skornagirls' (vacalouras ciberpunks activistas da guerrilla da comunicación), a Rede Arácnida Galega, unidas ás fadas, mouras, meigas e figuras lendarias, como a raíña Lupa, inician unha revolta a prol de salvagardar o Medio Ambiente e deter a deriva de desastres ecolóxicos que conducen ao biocidio.

En efecto bolboreta pretende contribuír á creación dun imaxinario que, fronte ás múltiples visións apocalípticas e distópicas do futuro, presente a posibilidade de horizontes máis esperanzadores e mesmo eutópicos, desde unha perspectiva ecofeminista.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a música.

5/3/18

6 marzo: presentación do disco "Casandra" de MJ Pérez en Santa Cruz

http://culturagalega.gal/mega/noticia.php?id=27884
Teatro As Torres de Santa Cruz
Martes 6 de marzo ás 20,30 h.
Entrada libre

Celebramos o Día Internacional da Muller coa cantautora galega MJ Pérez, que presentará o seu novo disco "Casandra", acompañada por Pablo González á guitarra e teclado.

"Casandra" é o primeiro álbum de estudo da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda, con colaboracións especiais entre as que se atopa Ailén Kendelman, Richi Casás, ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ Pérez.

19/2/18

"Libros para soñar": exposición itinerante de obras de Kalandraka

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
A partir do 19 de febreiro e ata o 31 de maio desenvolverase nas Bibliotecas Municipais de Oleiros unha exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka. Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
As visitas ás exposicións son libres. Conxuntamente celebraranse unha serie de actuacións* dirixidas ao público infantil.

*Aforo limitado, imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. Prazo de inscrición: 10 días antes da data de celebración.

22/4/16

Día do Libro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

O 23 de abril de 2016 conmemórase o cuarto centenario do aniversario da morte do ilustre escritor Miguel de Cervantes. Esta data tan simbólica foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e autoras, e animar a descubrir o pracer da lectura.
Por todo isto, co obxectivo de conmemorar o Día Mundial do Libro nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organízanse varias actividades.

O 21 de abril, ás 11 h e ás 12:15 h, nas Torres de Santa Cruz, realizarase a actividade titulada“Las ingeniosas del hidalgo: El Quijote en voces de mujeres” a cargo da actriz Soledad Felloza, para conmemorar o cuarto centenario do aniversario do falecemento do ilustre escritor Miguel de Cervantes e promover a lectura desta magnífica obra.
Neste espectáculo relátanse varios monólogos curtos nos que se dramatizan diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes, nos que as mulleres teñen certo protagonismo:
Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, lembra o seu amor a Basilio, o pobre.
A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados.
Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte.

Este acto está dirixido a alumnado de 1º de bacharelato dos institutos María Casares e Miraflores.


O 22 de abril, ás 12:45 h, nas Torres de Santa Cruz, realizarase un concerto do grupo Pirilampo presentando o seu novo traballo titulado Teatro do guiñol no que musicarán algúns poemas do insigne escritor Manuel María, ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, cos obxectivos de achegar a súa figura e de dar a coñecer algunhas das súas poesías. Este acto está dirixido a alumnado de primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo e do CEIP Luis Seoane de Mera.

O 26 de abril, ás 10:40 h, alumnado de 4º de ESO coñecerá a poesía e o teatro de Federico García Lorca nunha actividade que se desenvolverá na Biblioteca Central Rialeda para fomentar a lectura de obras de poéticas e teatrais.

O 27 de abril, ás 11 h, nas Torres de Santa Cruz, poderán divertirse con xogos de maxia a cargo de  Chrystyan Magic que os desenvolverá seguindo un guión baseado na famosa obra de Cervantes “Don Quijote de la Mancha”, será para alumnado de 6º de primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.

Ademais tamén se realizarán:
Na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros, Obradoiros de marionetas de papel con Viravolta Títeres, os días 20 e 21 de abril, para alumnado de 4º de primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.

Nas Torres de Santa Cruz, traballarán de forma coordinada a música e a danza con Hip Hop Poema Pop a cargo de Modestos Contos de Broadway, tamén o 20 de abril, ás 10:50 h, para alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, deleitaranse con contacontos coa actividade “Cueiros de cores” da Compañía Trinke Trinke para alumnado de educación infantil do CEIP Luis Seoane que terá lugar o 26 de abril ás 10:20 h e ás 11:50 horas.


A HORA DO CONTO E DIVERSAS ACTIVIDADES INFANTÍS DE ANIMACIÓN Á LECTURA NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Fóra de horario escolar continuarase coa Hora do conto, os bebecontos e distintos obradoiros, que se levarán a cabo ás 18:30 horas.
Con estas actividades preténdese introducir ás nenas e nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA - PERILLO
- 21 de abril: Magín Blanco con “Libros En-cantados" (maiores de 5 anos) Imprescindible reservar
praza.
- 28 de abril: Bebecontos con Raquel Queizás “Cambio e conto: Aventuras para medrar” (de 1 a 4 anos) Imprescindible reservar praza.

BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER ROSALÍA DE CASTRO - SANTA CRUZ
- 20 de abril: Bebecontos con Soledad Felloza “Un niño no meu sombreiro” (de 1 a 4 anos) Imprescindible reservar praza.
- 27 de abril: Larraitz con “Monicreques nas mans” (maiores de 5 anos) Imprescindible reservar praza.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO - MERA
- 22 de abril: Paula Carballeira con “Contos de terras de alá que comezan por A: África” (de 3 a 10 anos)

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO - DORNEDA
- 25 de abril: Bebecontos con Ramiro Neira “Chsss!” (de 1 a 4 anos) Imprescindible reservar
praza.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE - NÓS
- 29 de abril: Lilí Gruyere de Trinke Trinke con “Contos de primavera” (de 3 a 10 anos)

BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA - OLEIROS
- 26 de abril: Soledad Felloza con “Ao redor da lareira” (de 3 a 10 anos)

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO - LORBÉ
- 28 de abril: Paula Carballeira con “Contos de terras de alá que comezan por C: Colombia” (de 5 a 10 anos)

Exposición bibliográfica "Libros en libros". Biblioteca Central Rialeda
Adicada a obras de narrativa infantil, xuvenil e de adultos que falan, citan ou mencionan outros libros.

Coa realización de todas estas actividades pretendemos promover a lectura e o fomento da utilización dos libros, dar a coñecer as bibliotecas municipais e potenciar a asistencia a elas  non só como lugares de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

1/12/15

3 e 4 de decembro: Conmemoración-Homenaxe 30 anos da Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=124736&name=DLFE-23115.pdf

3 de decembro:

- 10,30 e 12 h.:  Máxicosons con Álvaro Muras, no que un músico e un mago promoven a lectura nunha posta en escena onde a maxia e a música se unen para facer unha aventura entre libros, cun formato orixinal, interactivo e divertido. 
Ás 10:30 h  para o alumnado de 5º e 6º de primaria e ás 12 h. para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal. 

- Ás 20 horas:  
Actuación dun quinteto do Grupo de Gaitas Santaia

Intervencións de:
- Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
- Esther Garrido Pan, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
- Mª Luz Corral Uzal, Bibliotecaria municipal. 

Recital de poesías de Rosalía de Castro por mozas de Santaia.

Actuación do magnífico grupo musical Luar na Lubre

Aviso importante: debido a que o auditorio ten unha capacidade limitada é imprescindible recoller invitación na mencionada biblioteca.

Paralelamente realizarase unha exposición de fotografías antigas da parroquia de Liáns titulada Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes e unha mostra bibliográfica dos primeiros 75 libros da Biblioteca e o Centro de Documentación da Muller.

4 de decembro:

- 10,30 e 12 h.: Merenda con pan de millo con Migallas. Actuación baseada no libro-disco “Pan de millo” no que se combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. 
Ás 10:30 h para o alumnado de 1º e 2º de primaria e ás 12 h para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).

A Biblioteca Pública Municipal e o Centro de Documentación da Muller foron creados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz. Mercaron os libros que serían os fondos bibliográficos fundacionais, adquirindo un gran número de obras de temática relacionada coa muller. Posteriormente o Concello aumentou ese fondo inicial coa adquisición de máis exemplares e anualmente vaino ampliando e actualizando. Propuxéronlle ao equipo de Goberno municipal que levara o nome de Rosalía de Castro e que fose unha biblioteca destinada á muller. Tamén a dotaron de algúns mobles feitos polo carpinteiro do pobo. 

A decisión desta comisión de festas, formada na súa maioría por mulleres, e co apoio de todo o pobo que colaborou moitísimo coa comisión, foi exemplar para aqueles tempos, pois loitaron sempre por  achegar a cultura, as nosas tradicións e a nosa lingua aos seus veciños e veciñas. Fermoso e singular exemplo de respecto e amor ao pobo.

25/3/15

26 de marzo: "Contos en feminino" na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21262.pdf

Contacontos para adultas/os con Soledad Felloza, Fátima Fernández e Charo Pita.

Serán contos en feminino de diferentes temáticas, uns baseados na tradición popular galega e outros traídos doutras culturas.

6/6/14

Charo Pita na Biblioteca Rosalía de Castro con “Contos de amor, erotismo e morte”: luns 9 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-18579.pdf
O luns, 9 de xuño, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro sita nas Torres de Santa Cruz realizarase un contacontos para mozos/as e adultos/as titulado “Contos de amor, erotismo e morte” a cargo da actriz Charo Pita.
 
Este contacontos está dentro do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

23/5/14

23 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres de Santa Cruz

https://www.facebook.com/modestoscontos.debroadway
No Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Hora: 10,40
Actividade dirixida ao alumnado de 1º A+B de ESO do IES María Casares



“Hip Hop, poema Pop”, con Modestos Contos de Broadway.
Concerto-obradoiro interactivo de música (rap), poesía, pintura (graffiti) e danza(break-dance) a cargo do Dj Julio Couselo e Juan C. Vázquez (compositor, pianista e pintor).

12/5/14

12 maio: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

No Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Hora: 10,40
Actividade dirixida ao alumnado de 1º C+D de ESO do IES María Casares


“Hip Hop, poema Pop”, con Modestos Contos de Broadway.
Concerto-obradoiro interactivo de música (rap), poesía, pintura (graffiti) e danza(break-dance) a cargo do Dj Julio Couselo e Juan C. Vázquez (compositor, pianista e pintor).

7/4/14

7, 9, 10 e 11 de abril: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

No Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
Actividade dirixida ao alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas e 5º e 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán.

- 7 de abril: 10,30 h. - 2º ESO A e B
- 9 de abril: 10,20 h. - 5º Primaria A e B
- 10 de abril: 10,20 h. - 6º Primaria A e B
- 11 de abril: 10,20 h. - 5º Primaria C

“Hip Hop, poema Pop”, con Modestos Contos de Broadway.
Concerto-obradoiro interactivo de música (rap), poesía, pintura (graffiti) e danza(break-dance) a cargo do Dj Julio Couselo e Juan C. Vázquez (compositor, pianista e pintor).

21/3/14

21 de marzo: "Abrapalabra" con Matapiollos Teatro. Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
Espectáculo de maxia, poesía, contos e xogos de palabras coa compañía Matapiollos Teatro.

2 sesións:
- 10,20 h. - 2º de Primaria A, B e C - CEIP Luis Seoane
- 12,00 h. - 1º de Primaria A e B - CEIP Luis Seoane

14/2/14

19 febreiro: "Contos do candil que ningué cre" no Teatro As Torres

Teatro As Torres de Santa Cruz
Hora: 10,40 Actividade dirixida ao alumnado de 4º de ESO A, B e C do IES María Casares.

"Contos do candil que ninguén cre" é unha posta en escea do actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro baseada nos relatos do autor lugués Ánxel Fole "A lus do candil", "Contos da néboa" e "Historias que ninguén cre".

30/5/13

31 de maio: Paula Carballeira no Teatro As Torres de Santa Cruz

A actriz e narradora oral Paula Carballeira achegaráse ao Teatro As Torres para realizar 3 sesións de contacontos dirixidas ao alumnado de Educación Infantil (4 e 5 anos) e 1ª de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.

10 h. - Educación Infantil (5 anos)
11,15 h. - 1ª de Primaria
12,30 h. - Educación Infantil (4 anos)

28/5/13

31 de maio e 5 de xuño: Ler conta Moito en Mera e Lorbé

31 de maio ás 18,30 h.

A actriz Raquel Queizás presentará o espectáculo de contacontos titulado “Historias da Maletra”, dirixido a nenas e nenos de 5 a 12 anos, co que viaxarán ao longo do mundo, coñecendo as diferentes culturas e costumes dos distintos continentes, incluíndo lendas e historias antigas que nos axudarán a redescubrir a nosa propia historia e cultura galegas.

5 de xuño ás 18,30 h.

 A Asociación Cultural Oficios Antigos e Medievais representará un espectáculo de maxia denominado “Gravidade cero”, dirixido a un público maior de 3 anos de idade, no que as sorpresas e as gargalladas aparecen por arte de maxia. Un espectáculo no que se suceden a ciencia e as ilusións ópticas para que os asistentes poidan gozar de novas sensacións.



2/4/13

"Contos marabillosos" en Rialeda e nas Torres de Santa Cruz

Na Biblioteca Central Rialeda e no Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
Actividades dirixidas ao alumnado do CEIP Parga Pondal e CEIP Valle Inclán.

A cargo da actriz e contacontos Soledad Felloza, que dramatizará "O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos" de Tim Bowley

2 de abril: Teatro "As Torres"
9.40 h. - 1º A e B de Primaria do CEIP Parga Pondal
11,00 h. - 2º A e B de Primaria do CEIP Parga Pondal
12,20 h. - Educación Infantil (5 anos) do CEIP Parga Pondal

3 de abril: Biblioteca Central Rialeda
9,40 h. - Educación Infantil 5º A e B do CEIP Valle Inclán
11,00 h.  - Educación Infantil 5º C e 4º A do CEIP Valle Inclán
12,20 h. - Educación Infantil 4º B e C do CEIP Valle Inclán

4 de abril: Biblioteca Central Rialeda
9,30 h. - Educación Infantil 6º A e B do CEIP Valle Inclán
11,00 h. - Educación Infantil 6º C e 1º A de Primaria do CEIP Valle Inclán
12,20 h.  - 2º A e 1º C e Primaria do CEIP Valle Inclán

5 de abril: Teatro "As Torres"
11,20 h. - Educación Infantil (4 anos) do CEIP Parga Pondal
12,30 h. - Educación Infantil (3 anos) do CEIP Parga Pondal

5 de abril: Biblioteca Central Rialeda
9,30 h. - 1º B e 2º B de Primaria do CEIP Valle Inclán

20/3/13

Día da Muller Traballadora: Concerto de Jazz en Santa Cruz o 21 de marzo

No Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Xoves 21 de marzo, ás 20 horas. 

        A cantante Marian Ledesma, acompañada por catro grandes músicos de bandas como Miki Nervio & The Bluesmakers ou May Thai & The Torino Rockets, ofrece un repaso por grandes cancións da historia do jazz interpretadas por mulleres.

        Escoitaranse temas de Bessie Smith, Elizabeth Cotten, Minnie Memphis, Dinah Washington, Billie Holliday e a gran deusa Ella Fitzgerald.

Ademais das súas cancións coñecerás tamén anécdotas da súa vida e do contexto social no que se desenvolveu un dos movementos musicais máis importante do século XX.