19/9/25

Inscrición Tertulias Literarias nas Bibliotecas de Oleiros 2025-2026

Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.

Período: Outubro 2025 a Xuño 2026.
Sesións quincenais e mensuais, de mañás e tardes. 
Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.

Prazo de inscrición: luns 22 a venres 26 de setembro.

Bases.
Formulario

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 1 de outubro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.

As solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.

Máis información na Web Municipal e nas seguintes bibliotecas:
- Biblioteca Central Rialeda. Tfno. 981 639511
- Biblioteca Santa Cruz. Tfno. 981 626338
- Biblioteca de Mera. Tfno. 981 628507
- Biblioteca de Oleiros. Tfno. 981 610700

Recomendacións en Radioleiros: 19 setembro 2025

"Las reglas del verano" de Shaun Tan
Recomendacións en Radioleiros: 19 setembro 2025- Infantil:
"Las reglas del verano" de Shaun Tan. En Bárbara Fiore
Este álbum ilustrado de Shaun Tan narra a través de imaxes e frases breves a relación entre dous irmáns durante un verán.




"El barón rampante" de Italo Calvino- Mocidade e público adulto:
"El barón rampante" de Italo Calvino. Editado por Siruela.
Dispoñible en eBiblio
A novela, publicada en 1957, é a segunda da triloxía Nuestros antepasados, aínda que pode lerse perfectamente de maneira independente. Narra a historia de Cosimo di Rondò, un barón de doce anos que, tras unha disputa coa súa familia durante unha comida, decide subirse ás árbores e proclama que nunca máis volverá poñer un pé no chan.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto e Ler conta moito: 22 a 26 de setembro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 22 e 26 de setembro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de
www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 22 de setembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Olimpíada tecnolóxica”
MONITORADO: Robótica creativa

Martes 23 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Circo na biblioteca”
CONTACONTOS: Dani Blanco



Mércores 24 de setembro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “No monte”
CONTACONTOS: Un mar de cores

Xoves 25 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Escola de dragóns”

Xoves 25 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “A festa dos monicreques”
CONTACONTOS: Larraitz Urruzola

Venres 26 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Galicia coa maxia”

Venres 26 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Historias fabulosas coa maxia”
CONTACONTOS: 2 Minds Combined
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

16/9/25

Hora do conto e Ler conta moito: 17 e 18 de setembro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 17 e 18 de setembro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Mércores 17 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: “Divers@s”
CONTACONTOS: Bátega Teatro

Xoves 18 de setembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos
OBRADOIRO: “Quen quere ser mago?”
MONITORADO: Magia en la manga

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.