
Na
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ata o 1 de xaneiro de 2012.
Coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento,a Biblioteca súmase á homenaxe da xornalista e escritora
Sofía Casanova, muller que viviu a cabalo entre os séculos XIX e XX, sendo testemuña dos principais acontecementos históricos como a I Guerra Mundial, a revolución bolchevique, a guerra civil española e a II Guerra Mundial.

Un dos seus logros máis importantes foi a
entrevista que mantivo con Leon Trotsky en San Petersburgo.
En 1896 estableceuse durante unha tempada en Mera (Oleiros), nunha casa coñecida como “
Casa Casilda”, onde conectou con outras personalidades, que por aqueles anos veraneaban nas praias de Oleiros.
Proposta para o Nobel por dúas veces, foi elixida para formar parte da Real Academia Galega en 1952 e morre en Poznan (Polonia) seis anos máis tarde.