10/10/14

Recomendacións en Radioleiros: 10 de outubro

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110485- Infantil:

"Dinosauros: 150 animais prehistóricos, de pequenos a grandes" de Roc Olivé.
Baía

Roc Olivé ilustrador especializado en traballos científicos, tráenos a súa aportación para compensar a falta de opcións nos anos noventa. Un paseo detallado e rigoroso polo mundo da paleontoloxía cunhas ilustracións de grande calidade que interesarán tanto a nenos como a adultos.


http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112753
desigualdad" de Miguel Lorente.
Crítica

O exdelegado do Goberno para a Violencia de Xénero, comenta os diversos atrancos que a cultura machista segue a poñer hoxe ás mulleres. O contorno laboral, privado, social e publicitario aparecen analisados pormenorizadamente neste estudo de plena actualidade e que está destinado a fomentar un debate imprescindíbel.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/10/14

Marguerite Duras: expo que conmemora o centenario do seu nacemento

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=duras, marguerite&limit= (branch: OLE1  or branch: OLE2  or branch: OLE3  or branch: OLE4  or branch: OLE6  or branch: OLE7  or branch: OLE8  or branch: OLE9 )&offset=0&sort_by=title_az
Nacida en Gia Dinh, perto de Saigón (hoxe Cidade Ho Chi Minh, Vietnam)  poucos días antes de comezar a Primeira Guerra Mundial, Marguerite Duras foi novelista, guionista e directora de cine. Publicou 47 libros, escribíu 13 obras teatrais (orixinais e adaptadas) e participou en 21 películas.
 

En 1984 (en 2014 celebramos o trixésimo aniversario da súa publicación), Marguerite Duras publicou “O amante”, unha especie de autobiografía poética na que narra episodios da súa infancia en Indochina. Esta obra valeulle o Premio Goncourt, o máis prestixioso premio literario de Francia e foi traducida a cuarenta idiomas, un éxito que se multiplicou coa estrea da película de Jean-Jacques Annaud. A narrativa de Duras xoga profusamente cos límites entre o escrito e o vivido; a súa literatura viaxa constantemente da paixón exótica, á obsesión pola morte, á memoria, ao olvido, ao inevitable amor, aínda que sexa ilícito.
 

Foi quizáis a muller máis activa e inqueda e a autora máis plural e diversa da súa época. Unha renovadora do teatro, a novela e o cine do seu tempo, unha axitadora política e cultural que se atreveu a romper as cadeas e as convencións moito antes de que os cachorros de Maio do 68 prohibiran prohibir. A súa biografía estivo feita de idas e voltas, e a súa obra de mundos lonxanos e íntimos, moi pouco transitados pola literatura, especialmente pola literatura escrita por mulleres. Duras elexíu o seu seudónimo en homenaxe á cidade francesa onde vivíu brevemente nos anos vinte. Inventou unha forma de vida nova, libre, femenina e feminista, solitaria e colectiva, divertida e polémica, feita de excesos, renuncias e liberdade, de militancia e axitación.
Texto elaborado a partir de "Marguerite Duras: una vida deshojada" de Mariana Guzzante en Los Andes, 01/03/2014 e "Marguerite Duras, año 100" de Miguel Mora en El País, 05/04/2014

6/10/14

8 de outubro: Inicio tempada na Tertulia Literaria (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-20158.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.



Datas Grupo B:
- Outubro: días 8 e 22
- Novembro: días 5 e 19
- Decembro: días 3 e 17

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.