3 de decembro:
- 10,30 e 12 h.:
Máxicosons con Álvaro Muras, no que un músico e un mago promoven a lectura nunha posta en escena onde a maxia e a música se unen para facer unha aventura entre libros, cun formato orixinal, interactivo e divertido.
Ás 10:30 h para o alumnado de 5º e 6º de primaria e ás 12 h. para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal.
Intervencións de:
-
Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
- Esther Garrido Pan, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
- Mª Luz Corral Uzal, Bibliotecaria municipal.
Recital de poesías de Rosalía de Castro por mozas de Santaia.
Actuación do magnífico grupo musical Luar na Lubre.
Aviso importante: debido a que o auditorio ten unha capacidade limitada é imprescindible recoller invitación na mencionada biblioteca.
Paralelamente realizarase unha exposición de fotografías antigas da parroquia de Liáns titulada
Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes e unha mostra bibliográfica dos primeiros 75 libros da
Biblioteca e o Centro de Documentación da Muller.
4 de decembro:
- 10,30 e 12 h.:
Merenda con pan de millo con Migallas. Actuación baseada no libro-disco “
Pan de millo” no que se combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
Ás 10:30 h para o alumnado de 1º e 2º de primaria e ás 12 h para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).
A
Biblioteca Pública Municipal e o Centro de Documentación da Muller foron creados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da
Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz. Mercaron os libros que serían os fondos bibliográficos fundacionais, adquirindo un gran número de obras de temática relacionada coa muller. Posteriormente o Concello aumentou ese fondo inicial coa adquisición de máis exemplares e anualmente vaino ampliando e actualizando. Propuxéronlle ao equipo de Goberno municipal que levara o nome de Rosalía de Castro e que fose unha biblioteca destinada á muller. Tamén a dotaron de algúns mobles feitos polo carpinteiro do pobo.
A decisión desta comisión de festas, formada na súa maioría por mulleres, e co apoio de todo o pobo que colaborou moitísimo coa comisión, foi exemplar para aqueles tempos, pois loitaron sempre por achegar a cultura, as nosas tradicións e a nosa lingua aos seus veciños e veciñas. Fermoso e singular exemplo de respecto e amor ao pobo.