As
Bibliotecas Municipais de Oleiros, conmemoran durante todo o mes e baixo o título de
“Abril, libros mil”, o
Día Internacional do Libro, organizando numerosas actividades de promoción da lectura para dinamizar as bibliotecas como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, actos que abarcan diferentes idades e distintos formatos:
Contacontos para nenas e nenos de 5 a 12 anos (ás 18:30 h.):
- 13 de abril:
Biblioteca de Dorneda, con
Trinke Trinke.
- 14 de abril:
Biblioteca de Oleiros, con
Ramiro Neira.
- 15 de abril:
Biblioteca de Santa Cruz, con
Gemola.
- 16 de abril:
Biblioteca de Lorbé, con
Caxoto.
- 17 de abril:
Biblioteca de Nós. con
Pablísimo.
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 4 anos (ás 18:30 h.):
- 16 de abril:
Biblioteca Central Rialeda, con
Cucarandainas.
Prazas esgotadas!!!
Tertulias literarias para mozas/os e adultas/os:
- 15 de abril:
Biblioteca Central Rialeda (grupo A): comentario de
"Las buenas personas" de Nir Baram.
- 22 de abril:
Biblioteca Central Rialeda (grupo B): comentario de
"La invención de Morel" de. A. Bioy Casares.
Na tertulia da
Biblioteca de Santa Cruz estase lendo
"Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.
Actividades para o alumnado dos centros públicos de ensino de Oleiros:
Biblioteca Central Rialeda:
- 14 de abril:
Soledad Felloza con
"Bailar nas nubes".
- 15 e 17 de abril: Visitas programadas incluíndo o contacontos "Feirantes" con
Ramiro Neira.
Biblioteca de Santa Cruz:
- 14 de abril:
Elefante elegante con "Lobo bobo".
- 16 e 17 de abril: Obradoiro de ilustración "Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Encontro coa escritora e activista Thamizhachi Thangapandian
O luns 13 de abril, ás 10:45 horas, estará nas
Torres de Santa Cruz a escritora e activista támil
Thamizhachi Thangapandian para ter un encontro con alumnado dos tres institutos de Oleiros. Esta poeta visita Galicia a través da organización galega de cooperación ao desenvolvemento
Implicadas no Desenvolvemento. A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón que tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres.
Nas vindeiras semanas proseguirán máis actividades para o alumnado:
“De Fole a Miranda” que é un contacontos de relatos de Ánxel Fole e Xosé Miranda;
“Mitos e deidades: Mitoloxía da antiga Gallaecia” conferencia a cargo de
Manuel Gago; recital de poesías de
“Campos de Castilla” de Antonio Machado;
“Mulleres que corren con lobos” a cargo de Inés Cuadrado e o músico Xocas Meijide; obradoiro xuvenil de poesía coa poeta
Yolanda Castaño; actividade sobre Martín Codax co músico Juan Carlos Vázquez;
“Contos escollidos” de Emilia Pardo Bazán a cargo de
Soledad Felloza.