
Adicámoslle en
todas as Bibliotecas Públicas Municipais exposicións bibliográficas a
José Luis Sampedro recén galardonado co
Premio Nacional de las Letras Españolas 2011, premio que concede o Ministerio de Cultura para distinguir o conxunto do labor literario dun autor/a español/a do que a súa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual escrita en calquera das linguas españolas.
Economista, escritor, catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990,
José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) desenvolveu un intenso labor como profesor, novelista e humanista, que o cualifican como un dos máis importantes escritores vivos en lingua castelá, así como unha referencia intelectual e moral de primeira orde na España da segunda metade do século XX.

O pensamento de Sampedro proxéctase sobre a natureza social da actividade económica e os seus efectos sobre a realidade social na que se desenvolven. Deste modo, aboga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos.
Algunhas obras de Sampedro na Biblioteca Central Rialeda:
La ciencia y la vida, Economía humanista : algo más que cifras, Mar al fondo, El mercado y la globalización, El mercado y nosotros, Octubre, octubre, El río que nos lleva, La senda del drago, La sonrisa etrusca, La vieja sirena.
Obras de Jose Luís Sampedro no catálogo