Mostrando entradas con la etiqueta Recital poético. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recital poético. Mostrar todas las entradas

18/3/25

Martes 18 de marzo: Recital poético "Con nome de muller" con Chus Álvarez e Ángeles Dorrio.

Teatro As Torres. Santa Cruz
Martes 18 de marzo ás 20:30 h.

Conmemoración do Día da Muller.

Recital poético "Con nome de muller" a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio.

Unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.

Selección poética, interpretación e dirección: Chus Álvarez. Piano e voz cantada: Ángeles Dorrio.

Poetas galegas:

Alba Cid
Ana Romaní
Emma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Lucía Aldao
Luisa Villalta
Lupe Gómez
Luz Fandiño
Luz Pozo Garza
María Lado
Olalla Cociña
Olga Novo
Pilar Pallarés
Pura Vázquez
Rosalía de Castro
Xela Arias
Xohana Torres
Yolanda Castaño

Poetas españolas e internacionales:
Alba Flores
Alejandra Pizarnik
Alfonsina Storni
Ana Luisa Amaral
Beatriz Osés
Concha Méndez
Emily Dickinson
Gata Cattana
Gioconda Belli
Gloria Fuertes
Mar Benegas
María Elena Higueruelo
María Elena Walsh
Maya Angelou
Patricia Benito
Sylvia Plath
Wislawa Szymborska
Xitlalitl Rodríguez

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. 

15/5/24

"Poéticas galegas" coa actriz Chus Álvarez e a música de Ángeles Dorrio: 16 de maio 2024

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 16 de maio ás 19:00 h.

Conmemoración do Día das Letras Galegas cun recital poético que honra a 31 escritoras galegas, a cargo de Chus Álvarez (selección poética, interpretación e dirección), acompañada ao piano e a voz cantada por Ángeles Dorrio.
Comeza e finaliza con poesías de Luísa Villalta, pero tamén recitará poemas de Yolanda Castaño, Pilar Pallarés, Alba Doval, Antía Otero, Rosalía de Castro, Lupe Gómez, Lucía Aldao, entre outras.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

26/10/23

Recital de poesía e música con Yolanda Castaño e Isaac Garabatos: 26 de outubro 2023

Teatro “As Torres” de Santa Cruz.
Xoves 26 de outubro ás 19 h.

Intervirán: a escritora Yolanda Castaño e o músico e compositor Isaac Garabatos.

Yolanda Castaño é Premio Nacional de Poesía 2023 pola súa obra “Materia”. Segundo o xurado, o poemario “mostra unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva e, á vez, directa, radical e feminista. Explora, de forma non compracente, temas como a maternidade, a familia e os costumes, e logra sacar a realidade da súa nebulosa habitual para concretala en materia lingüística, destacando o xogo verbal e rítmico que cuestiona o establecido”.

Yolanda Castaño é poeta, filóloga e unha activa xestora cultural, coa súa propia residencia para escritoras e escritores na Coruña. A súa ampla e premiada obra está dispoñible nas Bibliotecas de Oleiros.

Isaac Garabatos é un dos músicos e compositores máis versátiles do panorama musical galego. Realizou traballos para obras de danza, teatro, curtametraxes e grupos de diversos estilos musicais.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo

4/4/17

6 abril 2017: Presentación poemario "Ollares" no Teatro As Torres

Ás 20 h.

Ricardo Seixo Fernández é un poeta que entende a escritura como un compromiso vital coa realidade na que vive e co país ao que pertence.

A presentación alternarase con recitado de poesías e finalizará con cancións.

Poderanse escoitar poesías intimistas e outras descritivas, unhas apaixonadas e outras ledas ou tristes. Toda unha mestura de textos coa pretensión de te acompañar.

7/11/16

Presentación do libro “A violencia dun sorriso” por Implicadas no Desenvolvemento: 9 de novembro en Rialeda


 http://www.implicadas.net/
Na  Biblioteca Central Rialeda en Perillo, o  mércores 9 de novembro, ás 20 h., Implicadas no Desenvolvemento presentará a obra “A violencia dun sorriso”.
Unha antoloxía de poemas da autora támil Thamizhachi Tangapandian,
publicada nunha edición bilingüe támil-galego, na que tamén figuran poesías de autoras galegas.
O grupo teatral A Panadaría presentará un recital inspirado nos poemas presentes neste libro.

T. Sumathy coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu, un estado da India no que viven máis de sesenta millóns de persoas. Entre o 1996 e o 2008 traballou como docente no Queen Mary’s college de Chennai. Como investigadora, en 2004, recibiu unha bolsa do AIC (Australia India Council) e doutorouse pola University of Madras en 2010.
Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais, en particular de Sri Lanka e de Australia; literaturas da diáspora (en concreto da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución crítica e as artes escénicas (o teatro támil). Publicou unhas doce obras en támil e unha en inglés. Neste momento dedícase á escrita e á interpretación.
A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil,

http://www.thamizhachithangapandian.com/
senón tamén unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Thamizhachi ten colaborado con Implicadas nos seus programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu.

Implicadas no Desenvolvemento traballa desde hai 18 anos a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela e, máis en concreto, co grupo das mulleres a través da eliminación das estruturas de opresión Norte ‐ Sur e de xénero e a contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de co-responsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.
Implicadas entende a cooperación ao desenvolvemento como un intercambio coas comunidades coas que traballa, que enriquece as dúas partes e que pretende, desde a igualdade e o entendemento, conseguir un cambio a nivel global nos ámbitos do xénero, a sanidade, a educación, os dereitos humanos, a economía e todos os factores que compoñen o desenvolvemento humano perdurable. Por este motivo, traballan na procura dunha conciencia social critica materializada na implicación da sociedade coas problemáticas identificadas pola organización.