Mención especial para Cecilia Monllor, benquerida moderadora desde os inicios, profesional sen a cal a actividade non tería acadado o éxito, lonxevidade e a fidelidade de tantas e tantos participantes ao longo dos anos. Moitas grazas, Cecilia!
Máis recente, desde 2014, Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas, pon a súa ampla experiencia e agarimo na selección e moderación das lecturas en lingua galega. Parabéns, Rosa!

E como non, o máis importante, o fío tecedor da actividade, as ducias e ducias de participantes cuxa paixón polos libros foi artellando este fermoso camiño que continúa na actualidade. Unha aperta moi grande para todas e todos! Grazas mil.
Para conmemorar o aniversario, presentamos un programa de visitas destinado a todas as persoas que participen ou teñan participado na Tertulia de Rialeda (imprescindible inscrición previa na biblioteca):
9:30 h. Punto de encontro: Biblioteca Central Rialeda.
9:50 h. Traslado en autobús ao Castelo de Santa Cruz.

11 h. Saída do Castelo.
11:10 h. Traslado en autobús ao Pazo de Xaz.

11:30 a 12:20 h. Visita ao Pazo de Xaz. Xaz, pazo e casa grande: Manuel Pardo de Andrade, intelectual liberal ilustrado, por Rosa García Vilariño. Vida, pazos e literatura: unha fascinación, por Silvia Salgado. A orella dereita de Antón de Leiva, adaptación dun relato da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro por Ramiro Neira (Artestudio Teatro)12:20 h. Traslado en autobús ao Pazo do Río.12:35 a 13:35 h. Visita ao Pazo do Río. Semblanza literaria dos 25 anos dos clubs de lectura, por Cecilia Monllor-Martínez. Lembranza literaria galega, por Rosa García Vilariño. O paraíso perdido, María Casares en Galicia, pola actriz Isabel Martínez-Risco. Concerto para frauta, a cargo de Claudia Walker Moore.
13:35 h. Remate do Roteiro. Traslado en autobús á Biblioteca Central Rialeda.