23/1/26
Recomendacións en Radioleiros: 23 xaneiro 2026
AVISO: A Biblioteca de Oleiros abrirá en horario de tarde do 26 ao 30 de xaneiro
Desculpen as molestias.
21/1/26
Fina Casalderrey, contigo, con toda a ALMA
Fina Casalderrey é aspirante ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2026. GÁLIX está desenvolvendo unha intensa campaña de apoio da súa candidatura na que Bibloleiros quere colaborar a través de exposicións das súas obras nas Bibliotecas Municipais de Oleiros. A este fermoso labor de difusión están convidadas todas as persoas que queiran sumarse.
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é mestra e unha das grandes voces da literatura infantil e xuvenil en galego. Medrou escoitando contos na casa, o que alimentou a súa imaxinación. Esa relación tan agarimosa coa lingua acompáñaa toda a súa vida.
O Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) é o premio internacional máis importante dedicado á literatura infantil e xuvenil, creado polo Goberno de Suecia en memoria da autora Astrid Lindgren, creadora de Pippi Mediaslongas. Concedeuse por primeira vez en 2003 e recoñece autoras, ilustradoras, narradoras orais e proxectos de promoción da lectura de todo o mundo. Está considerado o "Nobel da Literatura Infantil" e premia unha traxectoria que contribúe de maneira destacada ao dereito da infancia a acceder a literatura de calidade. Para este 2026 hai un total de 263 candidaturas de 74 países. O anuncio da candidatura gañadora terá lugar o 14 de abril deste ano.20/1/26
Ler para Saber A CIENCIA: xaneiro - xuño 2026
Charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para
público en xeral.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda.
Horario: 18:30 h.
23 xaneiro 2026
MOVEMENTO E DEFENSA DAS PLANTAS
José Díaz Varela
Catedrático de Fisioloxía Vexetal da Universidade da Coruña.
27 febreiro 2026
SOLUCIONES BASEADAS NA NATUREZA. EXEMPLO : RECUPERACIÓN DO MAR MENOR
Alatzne Carlosena Zubieta
Catedrática de Química Analítica da Universidade da Coruña
Mireya Lemus Vieites
Alumna do último curso dos graos en Química e en Bioloxía da UDC (programa de Simultaneidade).
13 marzo 2026
O MUSEO E OS SEUS OBRADOIROS
Fernando Luis Fontes Blanco
Director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt).
10 abril
CITEECONTO QUE FACEMOS…!
Fernando Martínez Abella
Director Científico do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC).
8 maio 2026
EXPLORANDO O UNIVERSO MICROSCÓPICO
Elena Fernández González
Graduada en Bioloxía. Investigadora predoctoral.
5 xuño 2026
MICROBIOMA E SAÚDE
Margarita Poza Domínguez
Investigadora en Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña e Profesora de Microbioloxía da Universidade da Coruña.
19/1/26
Recomendacións en Radioleiros: 16 xaneiro 2026
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (19 a 21 xaneiro 2026)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 19 de xaneiro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Feliz idade" de Olga Novo.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Viento del norte" de Elena Quiroga.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 20 de xaneiro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Documentación.
Ao remate entregaráse "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 20 de xaneiro. 17:30 a 19:30 h.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual"
Aviso importante: Por condicións climatolóxicas adversas a tertulia terá lugar na biblioteca, suspendéndose a visita inicialmente programada ao Castelo de Santa Cruz.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 21 de xaneiro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El vestido azul" de Michéle Desbordes.
Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]




