Mostrando entradas con la etiqueta LibrosPelisMúsicasContosTeatroAntiPandemia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LibrosPelisMúsicasContosTeatroAntiPandemia. Mostrar todas las entradas

10/6/20

A actriz Sabela Gago cóntanos "Dez xoaniñas", de Xoán Babarro

https://drive.google.com/file/d/17tPthxUebYa0YPzC8USFjHWhx1MaSxW5/view
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=356843&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1Sabela Gago ten un amplísimo currículo como actriz teatral e audiovisual, docente e directora de espectáculos e narradora oral. Pertence a Sarabela Teatro, grupo que leva corenta anos facendo teatro porque "por unha banda, é unha necesidade vital, e, por outra, a paixón inevitable dun grupo de exploradores, aquelas e aqueles que decidimos vivir coa “alta vixilia do poeta”. Hoxe, Sabela, ofrécenos o conto "Dez xoaniñas" do fermoso libro de Xoán Babarro "Dez eran dez", que temos ao teu dispor nas nosas bibliotecas. Recibe o estupendo agasallo que nos fai Sabela e que che facemos chegar a través do noso blog e a web municipal. Este vídeo proponos unha divertida actividade plástica para facer despois da contada, anímaste? Moitas grazas, Sabela!
Seguimos gozando coa narración de contos, seguimos gozando coas historias lindas das-dos nosas-os contadoras-es! 

29/5/20

Libros sobre un rectángulo verde (para calmar a espera)

https://www.mandy-barker.com/penalty-2
Disque a pelota volverá a roular para comezos de xuño. Mentres tanto, para aquelas-es afeccionadas-os que se desasosegan coa espera, ofrecemos, a xeito de placebo, dúas novelas co fútbol de fondo: "Cómo llegamos a la final de Wembley" de J. L. Carr e "El regate" de Sérgio Rodrigues e dous interesantes volumes sobre o xogo das-dos 22: o "Libro del fútbol y otros juegos de pelota", edición de Pablo Nacach e o adicado ao mellor e o máis elegante, "Luís Suárez: fútbol de seda" de Xan Fraga. Se son moitas as saudades, pódense aplicar dúas doses de Hernán Casciari: escoita os contos, "No me importa el fútbol" e "Messi es un perro".
A imaxe que ilustra esta entrada pertence á exposición Penalty (Penalti) da artista Mandy Barker coa que quixo fomentar a conciencia sobre o grave problema da contaminación mariña poñendo o foco no fútbol como símbolo global. O proxecto implicou a colaboración de persoas de todo o planeta a través da convocatoria en redes sociais para que a xente recollese e publicase a imaxe das pelotas que atopasen no mar ou na costa. O título da expo fai referencia á sanción máxima por incumprir o regulamento do fútbol e ao prezo que pagaremos todas-os se non coidamos os mares reducindo o consumo de plástico e facéndonos responsables da súa reciclaxe.
Xa sabes, para levar materiais en préstamo ou facer devolucións, has de pedir cita previa.

27/5/20

De comida servida nunha caixa e caras en pans...

https://vimeo.com/showcase/7174634
Bentō significa "comida servida nunha caixa", e a súa orixe parece remontarse a hai case 900 anos coa introdución na gastronomía xaponesa dun tipo de arroz que permitía gardalo en bolsas. Logo, comezáronse a utilizar bonitas caixas de madeira lacadas para levar a comida nas excursións campestres, tomar un petisco (cando se ía ao teatro, por exemplo) e tamén como friameira para o xantar das-dos cativas-os no colexio. Isto deu orixe a un xeito de bentō moi popular e coñecido en todo o mundo, que é ese no que a comida se presenta dunha forma divertida e artística, ao tratar de representar obxectos diversos, cariñas de animais, etc. Presentámosvos tres saborosas curtas animadas ("Waltz", "Decorations", "Twins in Bakery") da artista de bentō, Mari Miyazawa
Para as-os cociñeiras-os máis novas-os da casa, propoñémosvos o libro "Pratos do mundo: divertidos, fáciles, creativos" e "Yo quiero ser chef: cocinas del mundo".

Sabine Timm, é unha artista alemana que crea personaxes fantásticas a partir de elementos da natureza, obxectos de refugallo recollidos nas praias e moitos outros tesouros que colecciona desde cativa e aos que lles dá unha nova vida. Sabine ten un don especial para unir cousas, aparentemente inútiles, que parecían estar aí para seren conectadas. Crea e conta historias a través dos seus minimundos, das súas caras en pans, de peites con narices… Historias que zumegan moito sentido do humor e gustan tanto a adultas-os como a pequenas-os.
Fai as túas propias creacións con material de reboutallo. Estes catro estupendos títulos de Javier Solchaga pódenche inspirar: "El castillo", "El circo", "Animales salvajes" e "Personajes de cuento".

Lembrade que aínda estamos nunha fase na que, para visitarnos, habedes de pedir cita previa. Agardámosvos!

26/5/20

Abrimos a fiestra a bibliotecas do outro lado do Atlántico e a outras desta parte do mundo...

http://catalogo.iib.unam.mx/F/-/?func=login&local_base=BNDM
Do outro lado do Atlántico chegan moitos recursos que podemos aproveitar para a nosa aprendizaxe e lecer: a Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), a través da Biblioteca Nacional de México, da Hemeroteca Nacional de México e do Instituto de Investigaciones Bibliográficas, pon a disposición de todo o mundo a súa colección dixitalizada de libros, xornais e revistas mentras dure a continxencia sanitaria do Covid-19. É de grande interese para o persoal investigador e docente e a cidadanía en xeral pola posibilidade de investigación, coñecemento, lectura e entretemento que se ofrece de xeito totalmente aberto e gratuíto. Fonte: julianmarquina.es

As bibliotecas públicas municipais teñen un papel fundamental no achegamento da cultura e a información ás poboacións ás que serven. Máis, se cabe, en momentos de crise económica, social ou na actual situación de emerxencia sanitaria. Varias bibliotecas españolas foron recoñecidas pola ALA (American Library Asociation) no Programa Internacional de Boas Prácticas. A ALA pon en marcha o “Best Practices from World Libraries” (Mellores prácticas das bibliotecas do mundo) no que se requiría que bibliotecas de todo o mundo presentasen fotografías nas que se mostrasen proxectos e programas das bibliotecas que mellor amosen o tema deste ano da ALA: o valor das bibliotecas na promoción da xustiza social e a inclusión. Varias bibliotecas españolas foron recoñecidas por este prestixioso programa, entre elas, a Biblioteca galega de Verín. Parabéns!
 
http://www.bibliotecadeverin.es/?page_id=2391- Voluntariado Cultural da Biblioteca Verín: Vivir cos idiomas na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, (Ourense). Este programa funciona desde hai 11 anos nesta Biblioteca Municipal. Nenas-os de 9 a 17 anos e algunhas-os adultas-os prestan o seu tempo para facer manualidades e contar contos na biblioteca. Tamén existe unha colaboración coa veciña localidade portuguesa de Chaves. Participaron nenas-os de ambos países, demostrando que a cultura e as bibliotecas son universais. Por esta actividade conxunta o Parlamento Europeo recoñeceu á Biblioteca de Verín cun premio por rachar as fronteiras e achegar culturas.

- “Lectura de bienestar” da Biblioteca Municipal L’Ateneu de Esparreguera, (Barcelona).

- "Proyecto InserLab do Centro de Aprendizaje e Investigación (CRAI)", Universitat Rovira i Virgili (Tarragona).

- "Un libro de experiencias: Expresando la vida cotidiana a través de las artes plásticas", Ubik, Biblioteca de la Creación de Tabakalera (Donostia/San Sebastián).

- "El rincón púrpura en la biblioteca del IE Biblioteca del IE", IE University, (Madrid & Segovia).

- "Intercambio de idiomas de la Biblioteca Fort Pienc", Biblioteques de Barcelona.

- "Cuentacuentos a medida” da Biblioteca de Can Sant Joan, Montcada i Reixac, (Barcelona).

Fonte: universoabierto.org

22/5/20

Desde a nosa fiestra vemos lindas iniciativas para celebrar a nosa lingua e literatura #MesDasLetras

https://youtu.be/klE7lFf0IUI
- "O galego é unha lingua universal = O galego é uma linguagem universal", fermoso vídeo realizado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas). Este centro educativo fixo unha viaxe poética arredor do mundo, coa lingua galega como nexo de unión para homenaxear a Carvalho Calero. A universalidade do galego-português é un tesouro marabilloso que a proposta deste IES amosa a través de poesías na nosa lingua, con sotaques tan diversos e por compañeir@s de países tan lonxanos ao noso cos que compartimos unha lingua común.
Grazas, Obrigado, IES Maximino Romero de Lema!!!
https://youtu.be/t-KagMBzgz4
 - No vídeo realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas de Ares co gallo do Día das Letras Galegas, o persoeiro homenaxeado fálalle en primeira persoa ás-aos alumnas-os deste centro. Cóntalles de primeira man a súa vida e a súa traxectoria profesional, educativa, literaria, académica, etc.  
Grazas por tan fermosa iniciativa!
 
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf 
- A editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición das-dos máis pequenas-os da casa, no Portal da Lingua Galega, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Descárgao de balde nesta ligazón e aprende moitas cousas interesantes do autor de "As pitas baixo a choiva", do que che deixamos aquí unha adaptación en vídeo realizada polo profesorado do CEIP Vilaverde-Mourente da obra publicada por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval. Grazas, Bolechas. Grazas, CEIP Vilaverde-Mourente!


https://artsandculture.google.com/story/roman-walls-of-lugo/sALCGQjgKEVOJg- "Don Ricardo de Fingoi": nesta web podes ver a estreita relación de Carvalho Calero e a cidade de Lugo. O intelectual ferrolán residíu e traballou en Lugo desde 1950 a 1965, como profesor e responsable do Colexio Fingoi. Imaxina cantas veces terá percorrido a súa Muralla! Cantos paseos terá dado por riba desa espléndida construcción e nalgunha desas voltas non lle terá dado forma a moitos dos seus versos! Pois, sabías que a Muralla de Lugo é un dos 40 monumentos do Patrimonio Mundial que a UNESCO promocionou durante este confinamento? A iniciativa enmárcase na campaña #ComparteNuestroPatrimonio, destinada a dar a coñecer o Patrimonio Mundial e supón un gran recoñecemento, xa que a listaxe reúne máis de 1020 monumentos, paisaxes e tradicións ao longo de todo o mundo e coincide co vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Nesta web podes ver estupendas fotos, vídeos e mesmo podes facer un paseo virtual por riba da muralla!!! Grazas, Colexio Fingoi! Grazas, Unesco!
#MesDasLetras

18/5/20

Abrimos a fiestra... aos museos!

https://www.instagram.com/museosoleiros
“Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” é o lema para o Día Internacional dos Museos 2020, que celebramos hoxe 18 de maio. Os museos son lugares excepcionais para o intercambio cultural, o enriquecimento e desenvolvemento da comprensión mutua entre os pobos. Recomendamos a visita, polo de agora virtual, destes tres centros museísticos:

- O Museo “Os Oleiros” – José Mª Kaydeda, institución de titularidade municipal que ten a súa sede no primeiro e segundo andar do Centro Cultural As Torres en Santa Cruz, do noso Concello. Dedícase ao mundo da olaría popular española e na súa exposición permanente pódese atopar unha ampla variedade de pezas de uso cotiá procedentes de toda a xeografía española, incluíndo as illas. Na mostra hai, tamén, un pequeno apartado dedicado á olaría precolombina.

- Visitar a web de Museos de Galicia é case dar unha volta por todo o País sen saír da casa. Nela poderás ver exposicións, visitas 3D e numerosas actividades en museos de temática diversa.

- O Museo da BNE seleccionou para esta ocasión a exposición virtual "Manos con voz propia: quinientos años de lengua de signos". A través de manuscritos, libros, gacetas, fotografías, gravados e obxectos preséntanse os principais sistemas de ensinanza da lingua de signos e as novidades pedagóxicas xurdidas nos séculos XX e XXI.

- A Tate é a rede estatal de galerías británicas con sede en Londres e outras cidades inglesas, especializada en arte moderna e contemporánea. O seu espazo web para cativas-os, Tate Kids, é un entorno en liña para divertirse con xogos de arte, escribir historias e subir e compartir arte con nenas-os de todo o mundo. Ofrece ferramentas para que as-os máis xoves fagan as súas propias obras ou interactúen coas do Museo. Feliz Día Internacional dos Museos!

12/5/20

Grazas polo voso traballo, enfermeiras-os!!! Hoxe é o Día Internacional da Enfermaría!!!

https://theconversation.com/un-ano-atipico-para-celebrar-el-dia-internacional-de-la-enfermeria-138224
2020 é o Ano Internacional do Persoal de Enfermaría e Partería e hoxe 12 de maio é o Día Internacional da Enfermaría.
Enfermeiras e enfermeiros son a columna vertebral de todos os sistemas de saúde, desempregan unha función crucial na prestación dos servizos sanitarios, proporciónannos os coidados e técnicas de saúde necesarios para curarnos e realizan a educación sanitaria esencial para a prevención de enfermidades e a mellora da nosa saúde. En moitos casos, soen ser o primeiro e único elo de atención dispoñible nas súas comunidades. A fin de lograr a cobertura sanitaria universal, o mundo necesita que o persoal de enfermaría e partería aumente en 9 millóns. Nun día como hoxe pois,  recoñecemos e celebramos o inmenso labor do personal de enfermaría, poñendo de relevo as difíciles condicións de traballo que enfrontan nestes momentos. 
Hoxe ás 20:00 aplaudiremos, aínda máis alto, por ese gran colectivo de profesionais que traballan pola saúde de todas-os nós! 
Queremos recomendar dúas obras sobre Isabel Zendal, galega de Ordes, considerada pola OMS como a primeira enfermeira en misión internacional da Historia. "Novo mundo, Isabel Zendal na expedición da vacina" de El primo Ramón (Recomendado en Radioleiros) e "Os nenos da varíola" de María Solar, a túa disposición na Biblioteca Central Rialeda, lembra que con cita previa. En GaliciaLe, podes gozar da ironía e humor de "Suero de una noche de verano" de Enfermera saturada.
Ilustración deste post: Ignasi Blanch

8/5/20

Recomendacións en Radioleiros: 8 maio 2020 #euquedonacasa #yoquedoencasa

https://youtu.be/YRIS3CRZmdU

https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-114- Xuvenil (14 a 16 anos):

A cova das vacas mortas, de Jaureguizar
Xerais

Xoel, un mozo de Negueira de Muñiz vive coa súa nai nunha comuna. A súa vida muda cando o seu avó chega dende Berlín enfermo e cunha maleta dun contido moi interesante. Relato que mestura o amor coa historia da II Guerra Mundial nunha trama ben traballada.

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.

Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa #yoquedoencasa

- Mozos/as e adultas/os:

Para tener casa hay que ganar la guerra, de Joan Margarit
Planeta

O poeta vivo máis laureado da literatura catalana tráenos este relato autobiográfico: a orixe familiar, casas diversas, os seus pais e avós, inquedanzas varias que conformaron unha vocación literaria que leva máis de setecentos poemas, conformando un texto que tenta explicar a razón de escribir.

Dispoñible en eBiblio Galicia #euquedonacasa #yoquedoencasa

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Abrimos a nosa fiestra ás palabras de Delibes que se cruzan coa ollada de Raso #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa

https://www.libreriaprimerapagina.es/el-jinete-amarillo-una-reflexion-sobre-el-medio-ambiente-con-imagenes-de-fidel-raso-y-textos-de-delibes
O 17 de outubro de 2020 celébrase o centenario do nacemento de Miguel Delibes. A Fundación Miguel Delibes impulsa unha serie de actividades destinadas a divulgar aspectos da súa vida e da súa obra, así como a Biblioteca Nacional. Hai iniciativas que se van adiantando a este aniversario como a do fotoxornalista Fidel Raso, afincado na fermosa vila de Urueña, quen realizou a exposición fotográfica "El jinete amarillo" (organizada pola Fundación Jorge Guillén de Valladolid, e o centro e-LEA e a Librería Primera Página, de Urueña), que ilustra con 53 instantáneas párrafos da obra "Un mundo que agoniza" do escritor vallisoletano, unha reflexión adiantada ao seu tempo sobre a destrución do medio ambiente e os riscos para o presente e o futuro da Humanidade. As 53 imaxes foron tomadas por Raso en distintos lugares do mundo e ainda que lamentablemente a expo tivo que pechar fisicamente en Urueña, pode verse a través da Rede na web da Mas Context de Chicago e da Fundación Jorge Guillén. Podes gozar en GaliciaLe das seguintes obras de Delibes: "La bruja Leopoldina y otras historias reales", "Cinco horas con Mario", "Siestas con viento sur", "El hereje", "Los niños", "El camino" e "Vivir al día". Cando volvamos a vernos, poderás levar en préstamo "Un mundo que agoniza".

O audiovisual galego abre a súa fiestra! #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa

http://www.crea.gal/audiovisual-galego-para-unha-corentena
CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, ofrece 150 producións audiovisuais en libre acceso a través de Internet. Esta proposta reúne proxectos audiovisuais de socias-os da entidade que agora se poden ver na súa web. Son longametraxes de ficción, longas documentais, curtas de ficción e documentais e a sección videopoema, experimental. Non te perdas estas interesantísimas producións que podemos gozar grazas á xenerosidade das-dos súas-seus creadoras-es!

7/5/20

Parabéns, Raúl Dans! #EuQuedoNaCasa #MesDasLetras

http://fervenzasliterarias.gal/index.php/novas/raul-dans-e-o-ganador-do-ii-premio-laudamuco-para-textos-teatrais
O dramaturgo coruñés Raúl Dans, veciño de Oleiros, gaña o Premio Laudamuco de textos teatrais convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. Este premio ten o obxectivo de conmemorar a estrea, o 16 de maio de 1978, de "Laudamuco, señor de ningures" de Roberto Vidal Bolaño, considerado o momento fundacional do teatro profesional galego e incentivar a creación de textos teatrais en galego. Raúl Dans é o gañador da segunda edición deste galardón teatral coa obra "Só un home bo". Edicións Positivas publicará a peza de Dans.
O actor de dobraxe e escritor, gañou os máis prestixiosos premios para textos teatrais, como o Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro, o Barriga Verde, Born, etc.
Cando volvamos a vernos, lévate en préstamo as obras de Raúl Dans que temos en Bibloleiros.

Abre a súa fiestra... Alessandro Baricco! #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa

https://www.spreaker.com/show/fiesta-immobile
O escritor italiano Alessandro Baricco lanzou a "Fiesta immobile", un programa de radio para levar mellor a corentena no seu país. Este podcast literario reproduce en cada episodio un fragmento clave da historia da literatura universal, lido e comentado por unha-un escritor-a que conversa logo co anfitrión. Media hora de lectura e música, voces de escritoras-es ás 18:30 en Radio Casa Bertallot. Esta iniciativa comezou o 11 de marzo e rematou o 3 de maio. Podes escoitar todos os podcast nesta ligazón. Se che gusta a literatura e queres practicar os teus coñecementos de italiano escoita a "Festa inmóbil" de Baricco. O primeiro en comezar foi o propio Baricco cos "Papeles póstumos del Club Pickwick" Dickens. Feliz escoita!
Fonte: laRepubblica
Alessandro Baricco é un "vello" coñecido das Tertulias Literarias de Bibloleiros. Le a Baricco en lingua orixinal na obra "Melville Tre scene da Moby Dick", o ensaio "The Game", a obra de reflexión sobre os libros "Una cierta idea de mundo", e as novelas "Seda" e "La esposa joven", todos en GaliciaLe.

6/5/20

Obradoiros chulos para divertirse e aprender! #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa

http://www2.usc.es/museohn/today/Novidades-do-mhn/nova.html
O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela propón estes divertidos "Obradoiros para o confinamento": os caracois, masa para modelar biodegradable, pintura de dedos biodegradable, etc. 
Ponte mans á obra e comparte os teus traballos en redes sociais! Poderás gañar unha visita de balde ao Museo, unha libreta, unha maqueta de madeira...
Aproveita a "visita" e mira a expo “Outbreak: epidemics in a connected world” (Abrochos: Epidemias nun mundo conectado). O 12 de decembro de 2019, case simultaneamente coa descuberta do primeiro caso de COVID-19 en China, inaugurouse esta exposición que foi realizada en conmemoración do centenario da chamada gripe española e respondía a grande preocupación amosada por expertas-os e organizacións sanitarias mundiais do enorme perigo potencial dun novo brote epidémico nun mundo tan globalizado. Lamentablemente o temor resultou premonitorio. Apenas tres meses despois da súa inauguración, o 11 de marzo, a OMS declarou unha nova pandemia, orixinada polo SARS-CoV-2, coas consecuencias que xa todas-os coñecemos.
Fonte: mhn

Orellas como fiestras... abertas á música en galego!!! #EuQuedoNaCasa #MesDasLetras

https://aulasgalegas.org/tag/contextos-musicais
Dúas fabulosas iniciativas que coñecemos a través da marabillosa web Aulas Galegas (portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo Covid-19 ofrece unha axuda educativa á sociedade): a primeira, "Canta música en galego coñeces?" da profesora Rosa Alonso, quere darnos a coñecer grupos que fan música en galego. Descubre os que che gustan clicando en cada unha das "teselas" deste mosaico musical e goza escoitándoos!!!
A segunda suxestión é a "Pequena guía de música en galego" de Elia Lago e Paula Lago. A música en galego ten séculos de historia. Desde as cantigas medievais, as coplas populares que se cantan na casa, ata algún himno rock na nosa lingua, hai moita música. Moitas artistas procuran reinventar esta tradición, outras crean pezas e motivos novos. Esta guía  procura que poidas coñecer grupos e artistas que fan música en galego. Emprega as frechas que están situadas ao longo da guía para desprazarte polos distintos apartados.
Para escoitar as cancións, preme nos símbolos, que te levarán a unha ligazón de YouTube. Moitas das artistas teñen perfís onde penduran a súa música, anímate a apoiar e compartir música en galego!
Fonte: aulasgalegas
En GaliciaLe podes gozar do docu "Torre de Breoghán" da banda de folk Luar na Lubre.

Oleiros fermoso ábrenos a súa fiestra! #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa

http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/roteiros-dende-a-casa-programa-de-visitas-guiadas-virtuais
Coñecer a natureza é o primeiro paso para amala e protexela. Imos coñecer o noso entorno ambiental da man do CEIDA: tres espazos senlleiros de Oleiros dignos de seren percorridos e amados. Non te perdas estes paseos virtuais porque vas descubrir unha morea de datos interesantes sobre o marabilloso patrimonio que temos ben preto: "Durante os 20 anos de actividade da institución, o CEIDA leva traballando en moitos espazos, pero hai tres que son a nosa casa, por onde pasaron centos de grupos educativos, familias e outros colectivos, e sentiron xunto a nós a necesidade de conservalos: o Castelo de Santa Cruz, a Costa de Dexo e os Faros de Mera". A través deste programa de visitas guiadas virtuais "revivimos" estes tres significativos lugares de interese ambiental, histórico e artístico do noso concello. Aquí vai a programación:
O venres 8 de maio. "A Costa de Dexo: sobrevivindo entre a terra e o mar". Declarado Monumento Natural e Rede Natura 2000, ocupa o tramo costeiro comprendido entre os faros de Mera e o porto de Lorbé, tamén na costa oleirense, e os seus cantís son o refuxio de moitos sobreviventes de mar e aire e o venres 15 de maio: "Os Faros de Mera: de casa do fareiro a Aula do Mar". Transformada no Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo, a Aula do Mar está chea de historia e convértese na porta natural deste espazo protexido.
As visitas serán retransmitidas en directo, ás 19:00, a través da canle de Youtube do CEIDA. 
Fonte: CEIDA
Cando volvamos a vernos, convidámosche a visitar o Fondo Local de Oleiros de cada unha das Bibliotecas Municipais, que son centros de interese onde poder consultar e levar en préstamo documentos relacionados con Oleiros desde distintos puntos de vista: historia, arte, roteiros culturais e literarios, medio ambiente, natureza, datos económicos, socio-demográficos, publicacións municipais, etc. 


5/5/20

Vemos pola fiestra a... Jacqueline e Albertine! #EuQuedoNaCasa #yomequedoencasa

http://revistababar.com/wp/jacqueline-woodson-y-albertine-premios-hans-christian-andersen-2020
A escritora estadounidense Jacqueline Woodson e a ilustradora suíza Albertine foron as gañadoras do Premio Hans Christian Andersen 2020. O Premio Hans Christian Andersen outórgao cada dous anos o International Board on Books for Young People (IBBY). 
Este galardón está considerado como o pequeno Premio Nobel da narrativa infantil. É o máis alto recoñecemento internacional outorgado a autoras-es e ilustradoras-es de libros infantís e xuvenís e os criterios utilizados para avaliar as nominacións teñen en conta a calidade estética e literaria, o frescor e innovación do traballo das-dos nominadas-os, a capacidade de ver o punto de vista da-do nena-o e estimular a súa curiosidade. O premio básase en toda unha traxectoria, non só nunha obra. 
Parabéns, Jacqueline e Albertine!
Cando volvamos a vernos, leva en préstamo algún dos libros ilustrados por Albertine que temos en Bibloleiros. Non te podes perder os preciosos álbumes "Los pájaros" e "Los rascacielos".

Pola fiestra vemos... un malévolo virus que imos vencer! #EuQuedoNaCasa #yomequedoencasa

https://www.julianmarquina.es/cuentos-infantiles-gratis-para-explicar-a-los-peques-que-es-el-coronavirus
Existen numerosos contos infantís para explicar ás-aos peques que é o coronavirus e por que temos que esmerarnos coa hixiene, etc.
Esta escolla de Julián Marquina ofrece 13 libros de historias entretidas e divertidas, con explicacións sinxelas e educativas. Uns poden ser lidos polas-os cativas-os sen necesidade de acompañamento. Para a lectura doutros títulos, é mellor que esta se realice en compañía dunha-dun maior.

Uns amosan a maneira en que as-os adultas-os entenden e axudan a xestionar os sentimentos e emocións das-dos pequenas-os, outros, de que maneira nenas e nenos poden resolver moitas das súas dúbidas con explicacións básicas.

Ofrecen retos a conseguir e técnicas para crear rutinas, como o lavado de mans... Son moi recomendables para familias, persoal docente, bibliotecario …
Fonte: Julián Marquina

Grazas a todas-os as-os creadoras-es que ofreceron o seu talento de xeito altruista para axudar a parar o contaxio da enfermidade e da desinformación!

Abrimos a fiestra e vemos a... Galdós! #EuQuedoNaCasa #yomequedoencasa

http://www.casamuseoperezgaldos.com/es/obra-completa-en-epub
Este é o ano Benito Pérez Galdós. Un dos escritores realistas máis representativos do século XIX europeo. Celébrase o centenario do pasamento do escritor canario. Canarias é a terra de Galdós; é por iso que nas illas programáronse representacións escénicas, concertos, exposicións, libros, charlas, obradoiros... para coñecer a biografía e a obra do escritor nado nas Palmas de Gran Canaria. A Biblioteca Nacional de España organizou a exposición "La verdad humana", que se puido contemplar en Madrid ata febreiro deste ano. Neste momento en que temos que ficar na casa podemos ler a Galdós en formato dixital e de balde.
A Consejería de Cultura do Cabildo grancanario, propúxose en 2005 a tarefa de publicar a obra completa do escritor canario baixo o título "Arte, Naturaleza y Verdad". Máis dun oitenta por cento das obras están aloxadas na web da Casa-Museo Pérez Galdós. Esta colección reúne por vez primeira en España a obra completa e revisada de Pérez Galdós. Despois de oito anos de traballo a colección quedou conformada por 29 tomos. ‘Arte, Naturaleza y Verdad’ quere dar a coñecer a inmensa aventura literaria de Galdós acompañada da mirada de grandes escritores e estudosas-os galdosianas-os que foron prologando cada un dos títulos. 

Adéntrate en cincuenta anos de escritura, mergúllate na realidade do tempo galdosián, no seu universo de ficción ben armado e congruente de vontade de constancia socio-histórica! 

4/5/20

Abre a fiestra que... Aí vén o maio de frores cuberto!!! #MesDasLetras #EuQuedoNaCasa

https://youtu.be/m-Zv4dqcKqQ
Chegou maio a toda Galicia e nalgúns lugares, os maios, celébranse (neste momento de xeito virtual) con moita forza. Este ano toca facelo de xeito diferente. Eis algunha das convocatorias como "Cantádeme un maio", iniciativa que puxeron en marcha diferentes colectivos que participan desta festa en Ourense. O proxecto propón elaborar maios co material que haxa na casa e coplas para os acompañar. O web da proposta publicará o material recibido, ademais de achegar axudas á composición de coplas e falar sobre a festividade. A Youtubeira "Nubes baixo ti" elaborou na súa canle un titorial sobre a elaboración destas composicións tradicionais. O Consello da Cultura Galega estreou o primeiro de maio no seu web e redes sociais esta fermosa versión do poema "O maio" de Manuel Curros Enríquez, intepretado por nov@s músic@s galeg@s.
Fonte: culturagalega
Anímate a facer un maio caseiro e compartilo connosco! Envíanos foto a biblioteca.rialeda@oleiros.org ou a través do noso Contacta

Abrimos o luns a fiestra a... "Luns" de Eli Ríos! #MesdasLetras

https://vinte.praza.gal
Comezamos o mes de maio cun certo alivio nas condicións de vida destes últimos 50 días. Seguiremos administrando con responsabilidade a recuperación de hábitos como... camiñar ao aire libre!
Comezamos maio con sol e calor e as Letras Galegas petando na porta. Ricardo Carvalho Calero será celebrado nas nosas entradas e con el a lingua e literatura galegas. 
Comezamos este primeiro luns de maio coa suxestión de lectura de, precisamente, "Luns" de Eli Ríos. Este libro foi recomendado en Radioleiros. Escoita aquel consello de lectura e estoutro que ven a través do podcast de "Nalingua, lecturas dun neofalante", proxecto desenvolvido polo Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Como di a cabeceira do podcast "Aquí non temos presa falamos a modiño, dámoslle conversa aos vellos e aos meniños, mediante un debate ben feitiño e relaxante, impresións interesantes dun neofalante...". Outras suxestións de lectura de Nalingua foron, "O misterio dos fillos de Lúa", "A Esmorga" e "Anagnórise". Lucía Abarrategui e Sergio Pascual forman Laboratorio de Radio, un proxecto profesional de xornalismo e educación que buscar usar a radio como ferramenta social.

En GaliciaLe podes ler "Luns" de Eli Ríos