8/6/12

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xuño


- Infantil (nenos/as de 10 a 12 anos):
"A chave da Atlántida" de Anxo Fariña (escritor e ilustrador) en Xerais.
A chave da Atlántida foi Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2011
É unha obra de ciencia ficción que recupera o mito da busca do continente perdido A Atlántida, e cóntanos que os científicos do “Proxecto Prometeo” crearon A-cero, un ser humano artificial, realizado a partir duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolaga da Atlántida, pero A-cero tamén é capaz de amosar curiosidade polos sentimentos humanos. Aqueles pergamiños indicaban segredos ocultos capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade.
Poderanse atopar aventuras e unha historia de amor, así como diferentes probas que terán que pasar os protagonistas. Un libro moi entretido que une a mitoloxía clásica e a ciencia-ficción e que recomendamos para nenas e nenos a partir de 10 anos.

- Mozos/as e adultos/as:
"Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt, editado por Circe.

Unha interesante e fermosa novela que nos achega á complexidade das relacións humanas, ao mundo da arte e a diferentes patoloxías psicolóxicas. 
Leo, un profesor de arte, de orixe europea e marcado polas persecucións nazis a súa familia, iranos narrando, en primeira persoa, a forma en que  coñeceu ao pintor Bill Wechsler, a raíz de mercar un cadro seu e como a partir dese momento ambos estarán unidos por unha profunda amizade. Falaranos da primeira muller de Bill, a poeta Lucille e da segunda, Violet, unha antiga modelo que se dedica á investigación psicolóxica, así como das complicadas relacións con Mark, o fillo de Bill e Lucille. Ao mesmo tempo iranos presentando a relación coa súa muller Erica  e o seu fillo Matt. Contaranos os sucesos que lle van acontecendo ás dúas familias e a relación entre elas, así como o entorno da creación artística dos anos 70 en Nova York. Tamén coñeceremos diversos aspectos da arte como provocación na figura dun personaxe da novela, Gilles, un novo pintor. Debido ás investigacións de Violet, falaranos da histeria, dos transtornos alimentarios e de diferentes problemas nerviosos. É un libro que trata moitas temáticas,  pero o máis importante é que Siri Husvedt vai trazando os vínculos familiares con mestría e preséntanos os acontecementos con gran sensibilidade a través duns personaxes reais ben construídos e unha historia moi ben escrita.
Unha boa obra, que inquieta e apaixona, que recomendamos a súa lectura.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

7/6/12

Mostra adicada a Philip Roth na Biblioteca de Santa Cruz

O escritor norteamericano de orixen xudeo, Philip Roth, é un dos narradores máis relevantes do século XX e está considerado un dos catro escritores vivos máis importantes. Os seus textos reflexan  a súa preocupación e interés pola identidade persoal, cultural e étnica e pola creación artística.

Naceu en Newark o 19 de marzo de 1933, é licenciado pola Universidade de Bucknell. Abandonou a docencia en 1992 para dedicarse por completo á literatura.


Na Biblioteca de Santa Cruz ofrecémosche unha pequena mostra dos títulos deste escritor americano, que temos a túa disposición.
Libros :
- Indignación (2008)
- Elegía (2006)
- La humillación (2009)
- Némesis (2010)

DVD:
- Elegy (2008), película dirixida por Isabel Coixet e protagonizada por Penélope Cruz e Ben Kingsley baseada no libro do mesmo título.

6/6/12

Novidades DVD Cine en Rialeda: 1ª quincena xuño 2012

14 novos títulos
nos expositores do 2º andar da biblioteca
consulta o listado


A alta demanda de películas fai que podas atopalas prestadas,
consulta a súa dispoñibilidade a través do catálogo para reservalas.
Importante: Só se fan reservas sobre material prestado.

4/6/12

Encontro Literario con Xabier P. Docampo na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: 7 de xuño

O xoves 7 de xuño ás 10:30 horas terá lugar un Encontro Literario co autor Xabier P. Docampo na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.

Participará o alumnado de 5º e 6º de 3º ciclo de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

Coñece as obras de Xabier P. Docampo que hai ao teu dispór nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 6 de xuño (Grupo B). Remate da tempada

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Sesión final da tempada 2011-2012 para o Grupo B.

Comentaráse a obra "La aventura del tocador de señoras" de Eduardo Mendoza.
Documentación
Obras de Eduardo Mendoza nas nosas bibliotecas.

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 4 de xuño (remate da tempada)

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Rematamos a tempada 2011-2012 comentando a obra "Fotocopias" de John Berger.

Obras de John Berger nas bibliotecas do Concello de Oleiros.