18/10/24

Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 25 de outubro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 25 de outubro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 21 de outubro, ás 18:30 
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Cambio e conto”
CONTACONTOS: Raquel Queizás

Martes 22 de outubro, ás 18:30 
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Fábulas no berce”
CONTACONTOS: Charo Pita


Mércores 23 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: Obradoiro científico

Xoves 24 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Pipo, o paxaro que non sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 24 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Sete dentes de león e Barbabuela”
CONTACONTOS: Ledicia Costas

Venres 25 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Ollo, piollo”
CONTACONTOS: Chus Álvarez
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 18 outubro 2024

- Infantil (a partir de 3 anos):

Tarde de sapo, de Maite Mutuberria
Kalandraka

Sapo ten unha rutina que se repite todas as tardes ata que un día sucede algo que o cambia todo.

Divertidísimo conto, de textos breves escritos en letra maiúscula, que pode ser unha moi boa proposta de primeiras lecturas.

- Mocidade e persoas adultas:

O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa
Laiovento

Versión dixital en Galiciale

O azul entre o ceo e a auga, xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego.

Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Gaza.

Unha novela de resistencia e esperanza coidadosamente traducida dun inglés engalanado de arabismos por Rocío Viéitez Ferro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/10/24

Hora do conto e Ler conta moito: 16 a 18 de outubro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 16 a 18 de outubro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Mércores 16 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Merendas con contos”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Xoves 17 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Sabela e o paxaro máxico”
CONTACONTOS: Tarabelos

Venres 18 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Contos de aquí e de acolá”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Parabéns, Han!!!

Parabéns, Han!
Han Kang
, escritora surcoreana nacida en Gwangju, é gañadora do Premio Nobel de Literatura 2024. A Academia Sueca considera que Han Kang «enfronta traumas históricos e conxuntos invisibles de regras e, en cada una das súas obras, expón a fraxilidade da vida humana. Ten unha conciencia única das conexións entre o corpo e alma, a vida e a morte, e co seu estilo poético e experimental converteuse nunha innovadora da prosa contemporánea». É o primeiro Nobel para Corea do Sur e na muller número 18 en recibilo.

Han Kang foi unha suxestión de lectura das bibliotecas municipais en RadiOleiros e obxecto de debate nas Tertulias Literarias.

Lévate en préstamo os libros de Han Kang que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Parabéns, Han!!!
축하해요

AVISO: Días de peche das bibliotecas municipais no mes de outubro

Informamos que as seguintes bibliotecas pecharán nos días seguintes por razóns de servizo.

Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé:
- Xoves 17 de outubro.
- Venres 18 de outubro.

Biblioteca Municipal "Ánxel Fole". Nós:
- Luns 21 de outubro.

Biblioteca Municipal "Manuel María". Oleiros:
- Mércores 23 de outubro en horario de tarde (16 a 20 h.).

Pregamos desculpen as molestias.

14/10/24

Día das Escritoras na Biblioteca de Santa Cruz: "O rural en feminino"

Celebramos o Día das Escritoras ofrecendo unha exposición de obras escollidas de escritoras cun nexo en común: o feito de seren historias ambientadas no medio rural a través do cal se enaltece a vida na natureza.

Ata o 24 de outubro, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)