- Infantil (menores de 6 anos):"¿Quién soy?" texto de
Tamio Koshino e ilustracións de
Jun Takabatake, editado por Libros del Zorro Rojo.
Fermoso álbum infantil no que, a través de adiviñas, van presen
tando diferentes animais e as nenas e nenos teñen que descubrir de que animal se trata. Nas propias páxinas e baixo un fondo azul mariño con lúa e estrelas amarelas, como se dunha noite se tratara, aparece debuxada en negro a silueta de cada animal.Unha obra moi apropiada para xogar en familia cos/coas máis pequenos/as da casa.
- Mozos/as e adultos/as:"O Cabo do Mundo" de
Xabier Quiroga en Xerais.
Que faría
s se, no cemiterio, lle chaman asasino a teu pai o día do seu enterro?Que farías se estiveses desafiuzado e che quedase pouco tempo de vida?Carlos Pereiro é un profesor de instituto e escritor, de 47 anos, diagnosticado de cancro terminal que decide comezar unha investigación centrada en dúas teimas do pasado: saber se seu pai foi un asasino e saber se a muller á que sempre amou, o ama tamén ou o amou algunha vez.As indagacións sobre seu pai levarano a uns duros sucesos da represión franquista executados polas “brigadas do amencer”, no 1936, en diversos lugares da Ribeira Sacra: O Saviñao, Chantada, etc. O propio título fai referencia a un lugar das ribeiras do Miño.O autor realiza unha investigación histórica e mesturando realidade e ficción, pasado e presente, ofrece esta novela inspirada en sucesos reais da Guerra Civil e da posguerra pero na que os personaxes e as situacións son inventadas.Recomendacións feitas no programa semanal que podes
ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.