5/4/25

Hora do conto e actividades infantís: 7 a 10 de abril 2025

Hora do conto e actividades infantís: 7 a 10 de abril 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 7 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "Os chibos chibóns" Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
CONTACONTOS: Catuxa Cela

Mércores 9 de abril, ás 17:30
Para crianzas de 6 anos en adiante
OBRADOIRO: "Teatro de sombras"
MONITORADO: Tarabelos Teatro



Xoves 10 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "Anuncio por palabras" Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 10 de abril, ás 17:30
Para crianzas de 6 anos en adiante
OBRADOIRO: "Coas mans na masa"
MONITORADO: OQO

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 4 abril 2025

"Un cuarto cheo de monstros" de María Canosa. Ilustracións de Dani Padrón
Recomendacións en Radioleiros: 4 abril 2025- Infantil:
"Un cuarto cheo de monstros" de María Canosa. Ilustracións de Dani Padrón. En Triqueta Editora.

Un cuarto grande cunha fiestra enorme, cheo de xogos e  monstros a escoller (o da escuridade, o dos ollos brillantes...)


"El hambre como arma. Escasez republicana en la guerra civil (1936-1944)" de Alba Nueda Lozano
- Mocidade e persoas adultas:
"El hambre como arma. Escasez republicana en la guerra civil (1936-1944)" de Alba Nueda Lozano. Editado por Comares.

O problema do abastecemento da poboación da zona republicana desde unha perspectiva global.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 8 e 9 abril 2025

Actividades de promoción da lectura: 8 e 9 abril 2025
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 8 e 9 de abril:

Martes 8 de abril:
- 10:30 h. Alumnado de 3º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Sabela e o paxaro máxico" con Tarabelos Teatro.
Mércores 9 de abril:
- 10:30 h. Alumnado de 5º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Contos con tradición" con Pablo Díaz.

4/4/25

Ler para saber A CIENCIA: 4 de abril 2025

Ler para saber A CIENCIA: 4 de abril 2025
Alejandro Cardesín Moinelo en Rialeda. Venres 4 de abril 2025Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 4 de abril.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h.
Exploración de Marte
Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

3/4/25

Programación tertulias literarias 3º trimestre (abril - xuño 2025)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.

Monográfico "Literatura e formas de maternar e paternar: a familia"


Grupo A:
- Canción dulce, de Leila Slimani (2 a 30 abril)
- Os seres queridos, de Berta Dávila (30 abril a 14 maio)
- Ceniza en la boca, de Brenda Navarro (14 a 28 maio)
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (28 maio a 11 xuño)

Grupo B:
- Ceniza en la boca, de Brenda Navarro (9 a 23 abril)
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (23 abril a 7 maio)
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (7 a 21 maio)
- Canción dulce, de Leila Slimani (21 maio a 4 xuño)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.

Monográfico: "Clásicos atemporais: un festín literario"


Grupo A:
- Nada, de Carmen Laforet (8 a 29 abril)
- Cantigas populares galegas (29 abril a 13 maio)
- El extranjero, de Albert Camus (13 a 27 maio)
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (27 maio a 10 xuño)

Grupo B:
- El extranjero, de Albert Camus (1 a 22 abril)
- Cantigas populares galegas (28 abril a 6 maio)
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (6 a 20 maio)
- Nada, de Carmen Laforet (20 maio a 3 xuño)

Grupo C (mañás):
- Cantigas populares galegas (22 abril a 13 maio)
- La felicidad conyugal, de Lev Tólstoi (13 maio a 10 xuño)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera.

Monográfico: "Identidade e espazos: outras formas de amor"


Grupo A:
- A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (7 abril a 12 maio)
- Los reyes de la casa, de Delphine de Vigan (12 maio a 2 xuño)

Grupo B:
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (21 abril a 26 maio)
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (26 maio a 9 xuño)

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.

Monográfico: "A historia dentro da Historia"


- Ninguén queda, de Brais Lamela (10 abril a 8 maio)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (8 maio a 12 xuño)

Martes 8 de abril: Presentación dos poemarios "Inspiración tiene nombre de mujer" e "Del desamor también se aprende" de Miguel Rodríguez Rico

Teatro As Torres. Santa Cruz.
Martes 8 de abril ás 19:30 h.

Intervirán: Miguel Rodríguez Rico e Carmen Abella Rodríguez.

Recitarán poemas: Antón Vázquez Seoane, Eva Cotelo Pérez, Uxía Veira Parcero.

A obra Inspiración tiene nombre de mujer está formada por vinte poemas e un epílogo nos que trata os aspectos da busca, o desencontro e a aprendizaxe. A temática principal é o amor, pero tamén presenta outras circunstancias como a soidade, o fracaso e a esperanza.

O poemario Del desamor también se aprende aborda o tema do desamor. Un traballo de introspección e reflexión persoal, pero tamén de paixón e lamento. Unindo melancolía e nostalxia, agradecemento e aprendizaxe, entrelázase na arte de vivir e aprender.

Miguel Rodríguez Rico é estudante de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicados catro libros: Claroscuro, Divagar, Del desamor también se aprende e Inspiración tiene nombre de mujer. Defínese como un apaixonado da literatura, destacando pola súa sensibilidade e capacidade para canalizar e plasmar as súas inquietudes de forma literaria.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

1/4/25

Abril, mes dos libros: 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil

Abril, mes dos libros: 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil
Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan diversas actividades de fomento da lectura.

A Hora do Conto
>>> Para crianzas a partir de 5 anos: 
Realizaranse ás 18.30 h.
- "Contos de aventuras" a cargo de Ramiro Neira, na Biblioteca Manuel María (Oleiros), o 1 de abril.
- "O traxe novo do rei" a cargo de Tarabelos Teatro, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 3 de abril.
- "Os libros da titiriteira" por A Xanela do Maxín, na Biblioteca Ánxel Fole (Nós), o 4 de abril.
- "Os chivos chivóns" a cargo de Catuxa Cela, na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), o 7 de abril.
- "Anuncio por palabras" por Trémola Teatro, na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), o 10 de abril.

>>> Para crianzas de 2 a 4 anos: 
Realizaranse ás 18.30 h.
- "Contos con tradición" por Pablo Díaz, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 2 de abril.
- "Os ratiños da caixa" por Trinketrinke Teatro, na Biblioteca Mª José Trincado (Mera), o 4 de abril.

Obradoiros
Para maiores de 6 anos: 
Realizaranse ás 17.30 h.
- "Teatro de sombras" por Tarabelos Teatro, na Biblioteca Rosalía de Castro (Sta. Cruz), o 9 de abril.
- "Coas mans na masa" por OQO, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 10 de abril.

Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino
- "O traxe novo do rei",  a cargo de Tarabelos Teatro, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 1 de abril, ás 10.30 h. Dirixida a alumnado de 2º de primaria do CEIP Luís Seoane (Mera). 
- O obradoiro "A poesía non morde", a cargo da poeta Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 2 de abril, ás 10.30 e ás 12 h. (dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 2º da ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
- "Voar sen medo", a cargo de Chus Álvarez, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 2 de abril, ás 10 e ás 11.15 h. (dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
- O obradoiro "A metáfora visual", a cargo do ilustrador Miguel Cuba, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 3 de abril, ás 10.30 e ás 12 h. (dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º de ESO do IES María Casares (Bastiagueiro). 
- O obradoiro "O bo se breve", a cargo da poeta Isabel Andrés, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 4 de abril, ás 9.20, 10.45 e ás 12.15 h. (son tres sesións). Dirixidas a alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
- Espectáculo poético/recital multimedia, a cargo da poeta Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 4 de abril, ás 10.30 e ás 12 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Bastiagueiro) e 2º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
- "Sabela e o paxaro máxico", a cargo de Tarabelos Teatro, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 8 de abril, ás 10.30 h. Dirixido a alumnado de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
- "Contos con tradición", a cargo de Pablo Díaz, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 9 de abril, ás 10.30 h. Dirixido a alumnado de 5º de infantil do CEIP Luís Seoane (Mera). 

Mostras bibliográficas
Mostra bibliográfica “Panorámica de obras galardoadas co Premio Andersen” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) presenta a mostra bibliográfica, “Panorámica de obras galardoadas co Premio Andersen”
O Premio Hans Christian Andersen é considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e concédese como un recoñecemento á contribución excepcional a este tipo de literatura. 
Nesta selección expoñeremos obras de autoras-es galardoadas-os co Premio Hans Christian Andersen nas categorías de escritoras-es e ilustradoras-es.
Destacando escritoras-es tan relevantes no mundo literario infantil e xuvenil como: Astrid Lindgren, Tove Jansson, Gianni Rodari, Maria Gripe, Christine Nöstlinger, Margaret Mahy e ilustradoras-es como Maurice Sendak , Tomi Ungerer, Anthony Browne, Roberto Innocenti, Quentin Blake ou Max Velthuijs.
Público ao que vai dirixida: infantil e xuvenil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: todo o mes de abril.

Mostra bibliográfica “Sé o mito que queres ser” na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) a mostra bibliográfica titulada  “Sé o mito que queres ser”
Selección de libros infantís e xuvenís sobre mitoloxía e lendas do mundo que poden axudar a transmitir valores. Historias de superación, de valentía ou solidariedade, poden axudar ás nosas nenas e nenos a saír de certas situacións complicadas mentres se divirten e desfrutan da lectura.
Público ao que vai dirixida: público en xeral.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 1 ao 15 de abril.
Actividades: deseño do teu propio cartel para a porta da túa habitación “Non interromper, estamos lendo”.

Expo bibliográfica na Biblioteca Manuel María (Oleiros) “2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil: rabo de cocha, rabo de besta, dixo o meu pai que estaba nesta”- Na Biblioteca Manuel María, en Oleiros: “2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil: rabo de cocha, rabo de besta, dixo o meu pai que estaba nesta”
Mostra de libros de folclore infantil con arrolos, adiviñas, trabalinguas, contos, cantigas, xogos para botar a sortes ou saber quen panda, trolas e incluso fórmulas para falar cos animais. 
Público ao que vai dirixida: infantil e xuvenil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: 1 ao 11 de abril.

Mostra bibliográfica “De Miffy a Sam e Julia: unha ollada á literatura infantil e xuvenil holandesa” na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)
- Na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda): “De Miffy a Sam e Julia: unha ollada á literatura infantil e xuvenil holandesa”
Mostra de literatura infantil e xuvenil de autoras-es e ilustradoras-es dos Países Baixos, país patrocinador do Día do Libro Infantil e Xuvenil no ano 2025.
Público ao que vai dirixida: público en xeral.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 1 ao 18 de abril.

Expo bibliográfica “Unha viaxe a través dos contos clásicos” na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)
- Na Biblioteca Mª José Trincado (Mera): “Unha viaxe a través dos contos clásicos”
Contos clásicos como Carapuchiña Vermella, A Cincenta, Brancaneves, entre outros, incluíndo tamén as versións modernas ou reinterpretacións destes contos.
Público ao que vai dirixida: infantil e xuvenil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 1 ao 7 de abril.


Expo bibliográfica na Biblioteca Ánxel Fole (Nós): “En abril...choiva de libros”
- Na Biblioteca Ánxel Fole (Nós): “En abril...choiva de libros”
Libros ilustrados infantís e para adolescentes, de diferentes autoras-es 
Público ao que vai dirixida:  infantil e adolescente, de 0 a 12 anos.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: todo o mes de abril.


- Na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé): “O libro dos teus soños”
Mostra de libros na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé): “O libro dos teus soños”Escolla de libros premiados de literatura infantil e xuvenil.
Público ao que vai dirixida: público en xeral.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 2 ao 23 de abril.
Actividades: “Deseñando portadas de libros imaxinarios”, as crianzas deberán inventar un título dun libro para logo debuxar a súa cuberta.

30/3/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (1 e 2 abril 2025)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 2 de abril.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El extranjero" de Albert Camus.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 2 de abril.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Canción dulce" de Leila Slimani.