
"Eu tamén fun peliqueiro de Laza" de Ánxela Gracián. Editado por Everest Galicia.
A participación dun rapaz no entroido de Laza é o arranque desta novela que xunta pezas familiares, sociolóxicas e de intriga nun relato moi ben construido. Unha historia que comeza dun xeito individual e remata nun marco máis amplo.
- Mozas-os e adultas-os:
"Un adúltero americano" de Jed Mercurio. En Anagrama.
Un texto moi orixinal arredor da figura de John Fitzgerald Kennedy, home de familia poderosa, soldado na II Guerra Mundial a pesar da súa deteriorada saúde, senador e posteriormente presidente dos Estados Unidos. Cun estilo áxil, Mercurio paséanos polo día

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.