28/2/25

Recomendacións en Radioleiros: 28 febreiro 2025

- Infantil (a partir de 8 anos):

One piece, de Eiichiro Oda.
Planeta cómic.

One Piece é un manga escrito e ilustrado por Eiichirō Oda, que se publica desde 1997 en Xapón. A historia segue a Monkey D. Luffy, un rapaz que soña con converterse no Rei dos Piratas. Ao longo da súa viaxe, Luffy reúne unha tripulación diversa, cada un cos seus propios soños e habilidades únicas, pero todos unidos pola amizade e a camaradería.

- Mocidade e persoas adultas:

Theodoros, de Mircea Cartarescu.
Impedimenta.

Versión dixital en eBiblio.

Aparentemente unha novela histórica, a obra narra a vida de Tudor, o fillo menor de dous serventes na corte dun gran señor feudal na antiga rexión de Valaquia, Romanía. Desde o seu nacemento e froito das historias sobre Julio César e Alejandro Magno, Tudor desenvolve unha ambición desmedida que o impulsa a ascender ao poder sen escatimar en medios, deixando ao seu paso un ronsel de cadáveres. Ao longo da súa travesía, adopta diversas identidades: bandido, pirata e, finalmente, convértese en Tewodros, o desapiadado Emperador de Abisinia, o imperio etíope.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto e actividades infantís: 6 de marzo 2025

- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 6 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos
TÍTULO: “Dúas heroínas voando van!” Día da Muller
CONTACONTOS: Raquel Crespo

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

24/2/25

Entroido 2025 en Bibloleiros: 24 a 27 de febreiro

Entroido 2025 en Bibloleiros: 24 a 27 de febreiro
Obradoiros de Libros pop-up Entroideiros
con Xogando nas Nubes.
Dirixidos a crianzas a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 23
- Duración: 120´
- Hora: 17:30 h
- Aforo limitado: imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexes participar. Podes facelo en liña: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.

Luns 24 de febreiro
(inscrición aberta desde o venres 14 de febreiro ás 16:15 h.)
Tlf.: 981 626 638

Martes 25 de febreiro
(inscrición aberta desde o luns 17 de febreiro ás 16:15 h.)
Tlf.: 981 610 700

Mércores 26 de febreiro
Aforo completo!!!
Tlf.: 981 626 338

Xoves 27 de febreiro
Aforo completo!!!
Tlf.: 981 639 511
Aviso:
A persoa adulta responsable de cada unha das crianzas deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro en Bibloleiros
Saúde e forza, para reclamarmos o dereito de vivirmos en galego, para sermos Galiza, esa palabra que nos sinala. Cantarte hei Galiza, na lingua galega, que así mo pediron, que así mo mandaron.
Do manifesto SAÚDE E TERRA! de Marga do Val para a AELG.
O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros xuntámonos á iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  e celebramos o aniversario do nacemento da autora. A  AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor. O lema escollido para este 2025 foi #SaudeeTerra!.
En 2025 Marga do Val foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, (sábado 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela). Podes ler o manifesto nesta ligazón.
Actividades en Bibloleiros para conmemorar este día:
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): as crianzas de 2 a 4 anos poden gozar dunha sesión da Hora do conto adicada a Rosalía o mércores 19 de febreiro ás 18:30 a cargo de Ramiro Neira titulada "Rosalía pequeniña".
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo): o xoves 20 de febreiro, ás 18:30, sesión de contacontos para crianzas a partir de 5 anos a cargo de Trémola Teatro titulada "Historias soñadas".
Exposición de libros de Rosalía de Castro.

23/2/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (25 e 26 febreiro 2025)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 25 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Azucre" de Bibiana Candía.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 26 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Un viejo que leía novelas de amor" de Philippe Claudel.