
"A batalla da pequeña Chañan Curi Coca" de Rosa Aneiros; ilustracións de Almudena Aparicio. En Xerais.
A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Unha historia social vista cos ollos dunha nena, acompañada do traballo plástico de Almudena Aparicio.

"Murguía" de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Editado por Galaxia.
Probablemente o mellor estudo da traxectoria vital, literaria e política de Manuel Murguía. Unha crónica do século XIX e do primeiro terzo do XX galego e español da man dun historiador de recoñecido prestixio.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.