4/1/19

Recomendacións en Radioleiros: 4 xaneiro 2019

https://spark.adobe.com/video/M6VgQ0YXCdf63
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1440020- Infantil (de 6 anos en adiante):


Un neno quere descubrir o que o fai despertar todas as mañás coas sabas molladas. Un traballo case detectivesco que toma con humor un episodio habitual entre os máis cativos.

- Mozos/as e adultos/as:


O limiar de Mario Vargas Llosa introdúcenos nas lembranzas dun dos protagonistas do século XX a nivel político e histórico: de boa familia española, exiliado en Francia ao remate da Guerra Civil, membro da Resistencia, detido, torturado e enviado polos nazis ao campo de Buchenwald, militante do PCE, expulsado do mesmo xa nos anos sesenta, escritor, colaborador en guións cinematográficos… Unha vida intensa que parece unha novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/1/19

AVISO: horario das Bibliotecas Municipais en xaneiro de 2019

Horario das Bibliotecas Municipais durante o mes de xaneiro de 2019:
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): Abertas no seu horario habitual. Só pechan ao público o sábado 5 de xaneiro.

- Biblioteca Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda): Aberta no seu horario habitual.
 

- Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera): Pechada o 4 de xaneiro.

- Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros): Aberta no seu horario habitual.

- Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós): Pechada o 4 de xaneiro.
 

- Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé): Pechada do 4 ao 9 de xaneiro.     
Desculpen as molestias

2/1/19

Próximamente en Rialeda: Club de lectura de Literatura Fantástica


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-29125.pdf
Temos unha novidade para as/os amantes da literatura fantástica: na biblioteca Rialeda nace o primeiro club de literatura dedicado a este xénero literario.

Unha vez ao mes gozaremos do pracer de viaxar a outros mundos e outros tempos.
Anímate a participar!
- É unha actividade de balde
- Emprestámosche o libro

Podes inscribirte por teléfono ou persoalmente na propia biblioteca, SÓ HAI 15 PRAZAS!

Se o pensas demasiado, teremos que apuntarte na listaxe de agarda!