12/4/19

Recomendacións en Radioleiros: 12 abril 2019

https://youtu.be/voKpnLDwQeQ
- Infantil (máis de 6 anos):

Lola e as 21 vacas, de Blas Rueda, ilustrado por Blanca Millán
Triqueta Verde

Lola pinta na súa mesa lúas, estrelas e tamén astronautas soñadoras. De súpeto escoitase algo… semella o bruído dunha vaca. Vacas correndo pola casa!!! Escaparónselle ao vaqueiro que está no costureiro de mamá?. Lola ten que atopalas, recollelas e devolvelas co seu vaqueiro antes que os maiores volten.

- Mozas/os e adultas/os:

Un destripador de antaño y otros cuentos, de Emilia Pardo Bazán
Alianza Editorial

Edición que recolle quince relatos da extensa producción cuentística da autora. A maioría forman parte dos denominados contos rurais.

Un destripador de antaño está baseado nunha lenda, nun rumor que fala do boticario e dos métodos que segue para preparar as súas mediciñas. Noutro relato amosa a crudeza coa que os labregos tratan as fillas, golpeadas ata deixalas desfiguradas por mercar medias vermellas.

Relatos moi intensos e dramáticos, cheos de matices que descubren modos de vida moi diferentes dos actuais pero nos que con todo podemos recoñecer feitos claramente contemporáneos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.