26/12/25

Recomendacións en Radioleiros: 26 decembro 2025

"Milú e o edificio das persoas extraordinarias" de Abel ToméRecomendacións en Radioleiros: 26 decembro 2025- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Milú e o edificio das persoas extraordinarias" de Abel Tomé. Ilustrado por Laura Romero. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Milú e as demais crianzas tentan evitar que as-os expulsen dos seus fogares. Fábula social na que predomina o optimismo.


- Mocidade e público adulto:
"Justin", debuxos de Nadar e guión de Julien Frey. En Astiberri.

O paso de seiscentos mil franceses polo Servizo de Traballo Obrigado en Alemaña do 1942 ao 1944 é o argumento desta historia en banda deseñada que conforma un exercicio de memoria e reflexión.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/12/25

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!: ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente

 Benvindo, inverno! Ola, Nadal!:

ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!: ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente

Preme na imaxe e descarga as recomendacións de Bibloleiros para este Nadal

Felices festas e feliz 2026 con boas lecturas!