21/2/25

Recomendacións en Radioleiros: 21 febreiro 2025

- Infantil (a partir de 8 anos):

El libro de las habilidades olvidadas,
escrito por Elaine Batiste e Natalie Crowley e ilustrado por Chris Duriez.
Flamboyant.

Libro que proporciona unha chea de ideas divertidas para xogar ao aire libre. Ademais explica, paso a paso, como crear e reparar diferentes obxectos e practicar habilidades esquecidas.

Con el podemos aprender a facer toda clase de nós para amarrar e atar case calquera cousa, arranxar a roda da bicicleta, facer tinturas naturais, pasteis, trucos con moedas, diferentes tipos de avións de papel, comedeiros para aves, usar o compás para orientarnos na dirección correcta... e moitas cousas máis.

As explicacións son moi claras e sinxelas e van acompañadas dunhas fermosas ilustracións que axudan a entender o texto e o enriquecen.

Unha moi boa opción para desfrutar do tempo libre en familia ou cos amigos.

- Mocidade e persoas adultas:

Lecciones de química, de Bonnie Garmus.
Salamandra.

Versión dixital en eBiblio.
Audiolibro en eBiblio.

Elizabeth Zott é química e, no ano 1952, traballa no Instituto de Investigación Hastings en California nun ambiente ferozmente machista.

Poucos anos despois é despedida e convértese en nai solteira e presentadora de televisión dun exitoso programa de cociña. A ela non lle entusiasma ser unha estrela televisiva e, en lugar de seguir o insípido guión do programa, aplica os seus coñecementos científicos á comida de forma que imparte ao seu público, na súa maioría amas de casa, clases de introdución á química.

A medida que o seu éxito aumenta, van aumentando tamén os seus inimigos porque Elizabeth non só ensina ás mulleres a cociñar senón que tamén as empodera e as desafía a rachar cos límites que lles impón unha sociedade que as menospreza.

Unha novela moi divertida que denuncia, con humor e  ironía,  as inxustizas sociais e profesionais sufridas polas mulleres.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 26 e 27 de febreiro 2025

Actividades de promoción da lectura: 26 e 27 de febreiro 2025
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 26 e 27 de febreiro:

Mércores 26 e xoves 27 de febreiro:
- 9:50 e 11:30 alumnado de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
Obradoiro "Meigallo gráfico" con Miguel Cuba.

Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro 2025

Carmen Rodríguez Coronado. Profesora substituta de Fisioloxía Vexetal (Área de Fisioloxía Vexetal - Departamento de Bioloxía) da UDC
Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro 2025Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 21 de febreiro
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Hora: 18:30 h

Mulleres e ciencia
Carmen Rodríguez Coronado. Profesora substituta de Fisioloxía Vexetal (Área de Fisioloxía Vexetal - Departamento de Bioloxía) da UDC. Dobre grao en Bioloxía e Química. Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. Estudante de doutoramento na UDC e contratada pola Facultade de Ciencias como axudante de investigación.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

18/2/25

Obradoiro de plastilina na Biblioteca Central Rialeda

Obradoiro de plastilina na Biblioteca Central Rialeda
Queres modelar personaxes da literatura infantil?
Este obradoiro de plastilina ten como obxectivo que as crianzas pasen un tempo divertido na biblioteca e a vexan como un punto máis de entretemento, realizando un boneco de plastilina.

AFORO COMPLETO!!! Inscríbete na listaxe de agarda

Sábado 1 de marzo, ás 11:00 
Para crianzas de 5 a 8 anos acompañadas dunha persoa adulta de referencia
Duración: 90 min

Ler para Saber A CIENCIA: febreiro - maio 2025

Charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para
público en xeral.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda.
Horario: 18:30 h.

21 febreiro 2025
MULLERES E CIENCIA

Carmen Rodríguez Coronado
Profesora substituta de Fisioloxía Vexetal na Universidade da Coruña

21 marzo 2025
A CIENCIA SECRETA DOS NÚMEROS: A ESTRATEXIA DETRÁS DOS GAMERS

Esaú Rodríguez González
Licenciado en Ciencias e Técnicas Estatísticas pola Universidade de Granada

4 abril 2025
EXPLORACIÓN DE MARTE

Alejandro Cardesín Moinelo
Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias

25 abril 2025
OS NOSOS AMIGOS OS MICROORGANISMOS

Carmen Rioboo Blanco
Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

9 maio 2025
EXPERIMENTOS CASEIROS PARA COMPRENDER O NOSO PLANETA

Xacobo de Toro Cacharrón
Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

16/2/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (17 a 20 febreiro 2025)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 17 de febreiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Historia de los vertebrados" de Mar García Puig.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Os seres queridos" de Berta Dávila.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 18 de febreiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación (en breve).
Ao remate entregaráse a obra "Desgracia" de J. M. Coetzee.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 18 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "A nosa cinza" de Xabier Alcalá.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 19 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Vi: una mujer minúscula" de Kim Thuy.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros
- Xoves 20 de febreiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "El extranjero" de Albert Camus.
Modera: Silvia Salgado
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.