A investigadora e escritora cordobesa Remedios Zafra recibíu o Premio Nacional de Ensayo 2025 outorgado polo Ministerio de Cultura pola súa obra "El informe: trabajo intelectual y tristeza burocrática".
En "El informe", Remedios Zafra profundiza nunha das liñas centrais do seu pensamento: a relación entre o traballo, a tecnoloxía e o tempo na sociedade contemporánea. A autora aborda o tema desde unha mirada afectiva: «o que nos une aos traballos intelectuais é xustamente o amor cara esa práctica». Sen embargo, advierte de como esa ligazón se ve decotío neutralizada por unha burocracia crecente que «dificulta o bo traballo» e xera o que ela denomina tristura administrativa.
Zafra cuestiona a promesa incumprida da tecnoloxía: «Pensabamos que as máquinas nos liberarían das tarefas tediosas, pero terminaron amplificando os procesos administrativos e reducindo os nosos tempos de concentración». Aínda que as ferramentas dixitais parecen facilitar a organización, «a maioría das veces rematamos con máis traballo», ao esvaecerse as fronteiras entre o laboral e o persoal, como ocorre co teletraballo e a autoxestión constante.
Fonte: Diario de Córdoba
Grazas, Remedios, por explorar novas vías para reconciliar o pensamento, o tempo e a vida.
Remedios Zafra en Bibloleiros
Remedios Zafra en eBiblio
No hay comentarios:
Publicar un comentario