Silvia Salgado coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais
de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.
Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.
29/12/25
"Lecturas baixo a árbore": recomendacións literarias de Silvia Salgado
26/12/25
Recomendacións en Radioleiros: 26 decembro 2025
22/12/25
Benvindo, inverno! Ola, Nadal!: ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente
Benvindo, inverno! Ola, Nadal!:
ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente
Preme na imaxe e descarga as recomendacións de Bibloleiros para este Nadal
Felices festas e feliz 2026 con boas lecturas!
19/12/25
Recomendacións en Radioleiros: 19 decembro 2025
16/12/25
Benvindo, inverno! Ola, Nadal!
15/12/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (15 a 18 decembro 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 15 de decembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Feliz idade" de Olga Novo.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 16 de decembro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 16 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El túnel" de Ernesto Sábato.
Documentación.
Ao remate entregaráse a proposta literario-artística "Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane: unha narrativa visual".
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 17 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 18 de decembro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.
Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].
12/12/25
Recomendacións en Radioleiros: 12 decembro 2025
- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Quen precisa unha avoa?, de Andrea Barreira Freije con ilustracións de María Montes.
Xerais.
Versión dixital en Galiciale.
Marta non ten avoa, o cal é un problema para desenvolver un traballo escolar. Conciliación familiar e necesidades das persoas maiores aparecen nesta novela chea de humor.
- Mocidade e persoas adultas:
El agente suizo: fuga de capitales en la España de Franco, de Enrique Faes Díaz.Galaxia Gutenberg.
A detención na Barcelona de 1958 de Georges Laurent Rivara, axente da banca suiza, é o comezo dunha historia financeiro política nun franquismo autárquico integrado por grupos de intereses diversos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
8/12/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 e 10 decembro 2025)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 9 de decembro. 17:30 a 19:30 h. no Castelo de Santa Cruz.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual": visita a exposición e tertulia literaria.
Moderan e coordinan: Silvia Salgado [Érase una Red] e Pepe Taboada.
Documentación.
O seguinte título: "El nervio óptico" de María Gaínza entregaráse na biblioteca.
NOTA: no caso que as condicións climatolóxicas sexan adversas suspenderáse a visita ao Castelo e a tertulia celebraráse na biblioteca.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 10 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
3/12/25
AVISO: A Biblioteca de Oleiros permanecerá pechada do 4 ao 12 de decembro
Desculpen as molestias.
1/12/25
Calendario de libros de Nadal 2025 en Rialeda
Nadal 2025 en Bibloleiros: contos e premios!!!
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (1 a 3 decembro 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 1 de decembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Feliz idade" de Olga Novo.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 2 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El nervio óptico" de María Gaínza.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El túnel" de Ernesto Sábado.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 3 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Gomorra" de Roberto Saviano.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Modera as sesións: Silvia Salgado.
28/11/25
Recomendacións en Radioleiros: 28 novembro 2025
- Infantil (8 a 10 anos):

Faísca, a nena neandertal, de Rosa Aneiros con ilustracións de Xulia Pisón.
Xerais.
Versión dixital en Galiciale.
Un campamento nunha aldea serve a Xoel, Matilde, Diana e Carlos para desfrutar dunha aventura no Paleolítico.
- Mocidade e persoas adultas:
Berlanga: vida y cine de un creador irreverente, de Miguel Ángel Villena.Tusquets.
Biografía dun dos mellores directores de cine dos últimos cincoenta anos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
24/11/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (25 e 26 de novembro 2025)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 25 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a proposta literario-artística "Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo".
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 26 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
21/11/25
Recomendacións en Radioleiros: 21 novembro 2025
- Xuvenil:

Nausicaä del valle del viento, de Hayao Miyazaki.
Planeta Cómic.
Unha epopea ambientada mil anos despois dun cataclismo que case destruíu a civilización. Neste mundo hostil vive Nausicaä, a nova princesa do pacífico Val do Vento. Dotada dunha sensibilidade extraordinaria, capaz de comunicarse coas criaturas do bosque e de percibir as correntes invisibles da vida, Nausicaä é unha líder natural que rexeita a violencia pero non dubida en arriscarse cando o seu pobo está en perigo.
- Mocidade e público adulto:
Orbital, de Samantha Harvey.Anagrama.
Versión dixital en eBiblio.
Unha novela que transcorre por centos de quilómetros sobre a Terra, pero que fala dó máis íntimo e humano que levamos dentro. A historia segue a seis astronautas na Estación Espacial Internacional durante un único día, durante o cal orbitan 16 veces ao redor do noso planeta. Esa estrutura aparentemente sinxela convértese nunha oportunidade para observar aos seus personaxes nun estado de suspensión: lonxe de casa, lonxe da gravidade que rexe as súas vidas, obrigados a convivir nun espazo pechado mentres o mundo vira baixo os seus pés.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
AVISO: A Biblioteca de Nós permanecerá pechada o 24 e 25 de novembro
Desculpen as molestias.
20/11/25
Hora do conto e Ler conta moito: 24 a 28 de novembro 2025
18/11/25
Hora do conto e Ler conta moito: 19 a 21 de novembro 2025
17/11/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (17 a 20 novembro 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 17 de novembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Ojos azules" de Toni Morrison.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 18 de novembro. 11 a 12:30 h. no Castelo de Santa Cruz.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual": visita a exposición e tertulia literaria.
Moderan e coordinan: Silvia Salgado e Pepe Taboada.
Documentación.
O seguinte título: "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde entregaráse na biblioteca.
NOTA: no caso que as condicións climatolóxicas sexan adversas, suspenderáse a visita ao Castelo e a tertulia celebraráse na biblioteca.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 18 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El nervio óptico" de María Gaínza.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 19 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El barón rampante" de Italo Calvino.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Gomorra" de Roberto Saviano.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 20 de novembro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Viento del norte" de Elena Quiroga.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
14/11/25
Recomendacións en Radioleiros: 14 novembro 2025
10/11/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (10 a 12 novembro 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 10 de novembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Feliz idade" de Olga Novo.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 11 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 12 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Modera as sesións: Silvia Salgado.
9/11/25
Hora do conto e Ler conta moito: 10 a 14 de novembro 2025
8/11/25
Recomendacións en Radioleiros: 7 novembro 2025
4/11/25
Hilarante Mendoza: Premio Princesa de Asturias das Letras 2025
3/11/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (4 a 5 novembro 2025)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 4 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 5 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El barón rampante" de Italo Calvino.
Samaín na Biblioteca de Santa Cruz: de 30 de outubro a 3 de decembro
O obxectivo é fomentar a lectura mediante contos e relatos de misterio, bruxas e monstros axeitados para as nosas crianzas.
O espazo decorouse para crear un ambiente festivo e acolledor. Esta exposición permitirá achegar a literatura aos nenos e nenas de forma divertida e fortalecer o vínculo coa comunidade.
Hora do conto e Ler conta moito: 5 a 7 de novembro 2025
31/10/25
Recomendacións en Radioleiros: 31 outubro 2025

O hotel cerebro, de Marja Baseler e Annemarie Van Den Brink con ilustracións de Tjarko Van Der Pol.
Hércules de Ediciones.
Un libro cunhas delicadas ilustracións cheas de detalles co que as nenas e os nenos divertiranse aprendendo como funciona o cerebro e como podemos coidalo para mantelo en excelente forma.
- Mocidade e persoas adultas:
Son coma glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia Menéndez. Galaxia.
Cynthia Menéndez narra, cunha voz tremendamente poética, os recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical no Vigo industrial de finais dos anos noventa.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Libros de arrepíos: expo de historias monstruosas para o Samaín en Rialeda!!!
27/10/25
Día das Bibliotecas 2025 en Bibloleiros
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas de calquera tipo (municipais, escolares, universitarias, etc) na loita contra a desinformación.
As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos (coleccións bibliográficas e prensa, bases de datos) se non tamén a través dun uso axeitado das tecnoloxías da información. Sobre todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como mediador do coñecemento, guiando ás-aos usuarias-os na busca de información en fontes fiables e contrastadas.

As-os profesionais da información levan desenvolvendo desde hai tempo labores de infomediación, intervención que é agora máis necesaria que nunca. As bibliotecas como servizos e axentes da comunidade, debemos constituír un elemento facilitador neste proceso: reubicando e redefinindo as novas alfabetizacións mediáticas, fomentando o pensamento crítico e convertíndonos nun elemento clave no noso papel de defensa da sociedade no que respecta ao debate das posverdades e trolas, que comeza a estar na axenda política de organismos e gobernos. A viralidade e inmediatez coa que a información circula polas redes, forza a comportamentos rápidos no seu consumo e difusión. Moitas-os internautas non van máis aló do resume da noticia en redes, sen verificar o contido xeral da noticia que moitas veces ten pouco que ver co seu rechamante titular.
Á programación habitual das Bibliotecas Municipais de Oleiros (Tertulias literarias, Hora do conto, Exposicións bibliográficas, etc) queremos xuntar para este día a proposta de Lecturas Sorpresa: este ano escollemos a ficción literaria como canle axeitada para comprendermos realidades, conflitos e desencontros, históricos ou contemporáneos. Suxerimos citas a cegas con novelas que nos presentan dúbidas, debates e cuestións candentes, intoxicadas, moitas veces, con posverdades, noticias falsas, trolas e desinformación. Novelas cun aquel especial, escollidas para ti. Como ben dixo Amos Oz, "se les unha novela, consegues unha entrada aos pasadizos máis secretos doutro país e doutro pobo. A lectura dunha novela é un convite a visitar as casas doutras persoas e a coñecer as súas estancias máis íntimas". Podes participar nesta actividade na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (27 a 29 outubro 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 27 de outubro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ojos azules" de Toni Morrison.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 28 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 29 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El barón rampante" de Italo Calvino.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.
24/10/25
Recomendacións en Radioleiros: 24 outubro 2025
- Xuvenil (a partir de 14 anos):

Aurora austral, de Héctor Cajaraville.
Baía.
Versión dixital en Galiciale.
Novela de aventuras con fondo distópico no ano 2053.
- Mocidade e persoas adultas:
Todos los colores de la oscuridad, de Chris Whitaker.Salamandra.
Audiolibro en eBiblio.
Versión dixital en eBiblio.
Trama de intriga e familiar nun pobo do Misuri de 1975.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.






























