14/11/25

Recomendacións en Radioleiros: 14 novembro 2025

"O incrible neno devorador de libros" de Oliver JeffersRecomendacións en Radioleiros: 14 novembro 2025
- Infantil (de 5 a 8 anos):
"O incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers. En Patasdepeixe.
Divertida e tenra historia sobre un neno ao que lle gustan tanto os libros que decide comelos. Un conto que esperta a curiosidade, celebra o coñecemento e deixa un sorriso en cada páxina. Ideal para fomentar o amor polos libros e a lectura na cativada.

"Un grito de amor desde el centro del mundo" de Kyoichi Katayama- Mocidade e persoas adultas:
"Un grito de amor desde el centro del mundo" de Kyōichi Katayama. Editado por Alfaguara.
Sakutaro Matsumoto é un mozo que lembra o seu primeiro amor: Aki Hirose. Ambos son compañeiros de escola e, aos poucos, a súa amizade transfórmase nun amor puro, inocente e sincero. Con todo, o destino xógalles unha carta cruel cando Aki enferma gravemente. 
Unha fermosa e delicada historia de amor marcada pola esperanza, a despedida e a pegada indeleble que deixa a persoa amada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario