21/11/25

Recomendacións en Radioleiros: 21 novembro 2025

- Xuvenil: 

Nausicaä del valle del viento
, de Hayao Miyazaki
Planeta Cómic.

Unha epopea ambientada mil anos despois dun cataclismo que case destruíu a civilización. Neste mundo hostil vive Nausicaä, a nova princesa do pacífico Val do Vento. Dotada dunha sensibilidade extraordinaria, capaz de comunicarse coas criaturas do bosque e de percibir as correntes invisibles da vida, Nausicaä é unha líder natural que rexeita a violencia pero non dubida en arriscarse cando o seu pobo está en perigo.

- Mocidade e público adulto: 

Orbital, de Samantha Harvey.
Anagrama.

Versión dixital en eBiblio.

Unha novela que transcorre por centos de quilómetros sobre a Terra, pero que fala dó máis íntimo e humano que levamos dentro. A historia segue a seis astronautas na Estación Espacial Internacional durante un único día, durante o cal orbitan 16 veces ao redor do noso planeta. Esa estrutura aparentemente sinxela convértese nunha oportunidade para observar aos seus personaxes nun estado de suspensión: lonxe de casa, lonxe da gravidade que rexe as súas vidas, obrigados a convivir nun espazo pechado mentres o mundo vira baixo os seus pés.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario