"Daniel y los niños de otras religiones" de María Martín Schcolnik; ilustrado por Sandra de la Prada. En SM.
Achégase o Nadal e Daniel fala coa súa nai de que na súa clase hai nenas e nenos que son doutras relixións e teñen tradicións diferentes. Un conto sobre a riqueza das diferentes culturas e tradicións para crianzas.
"As bocas cosidas" de Marilar Aleixandre. Galaxia
Marilar Aleixandre aborda, nesta novela, as feridas herdadas e colectivas da Guerra Civil reconstruíndo a historia de Antonio G., un familiar seu, guerrilleiro e comunista, soterrado nunha foxa común en Valencia en 1947.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario